02:29 Xoves, 21 de Xuño de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-06-2018

Foi rexedor do Concello de Mondoñedo

Ciprián Antonio Gutiérrez, fundador da VOT de Mondoñedo

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



            D. Ciprián Antonio Gutiérrez Bermúdez e Reimóndez, foi natural  de Villafernando en Santa María  de Magdalena de Balboa. Foi rexedor do Concello de Mondoñedo.

            Estivo casado con Doña Xuana Sanjurjo Montenegro Andrade, filla de D. Salvador Cardigondi Valladares, capitán de infantería e D.ª Isabel de Andrade e Montenegro.

            O 8 de Nadal de  1730 otorgou testamento  aberto ante Xan Varela  escribán de Mondoñedo baixo o cal morreu.

            Nel dispuxo  que o enterrasen nun hábito de  San Francisco “junto y pegado a la pila  de Agua vendita de la Iglesia de esta dha Ciudad que hace frente  al altar  de San Francisco de ella”.

            Deixou 12 traxes de pano pardo, con zapatos  para doce pobres e dispón que se de de comer  e beber a estes o día do seu soterramento.

            50 ducados as Angustias de Betanzos  e funda “mayorazgo” de 3.º y 5.º  a favor  do seu fillo Xan Ramón Gutiérrez, agregándollo o vínculo  que quedara  de D. Xan Antonio Trelles, abade de San Esteban de Noalla e herdara pola morte de D. Xosé de Trelles e D.ª Catarina  Bermúdez   de Ribadeo.

            O vínculo comprendía o lugar de Vilafernando e todos os bens do testador  que adquirira no concello de Sante e Castropol, tanto por compra a D. Froilán Ignacio de Ulloa, Rexidor e Alférez maior de Lugo e a súa dona D.ª Manuela  Becerra e Montenegro como por outros títulos, así como tamén  as aceas de Penatallada, os lugares  de San Pedro de Arante, Vilaronte, Ribadeo e o seu condado, a casa, rocha e horta en que vivía en Mondoñedo e todos os seus bens en Cabarcos.

            D. Ciprián fundou sobre ditos bens  a carga de tres misas cantadas cos seus responsos, que se celebrarían o día de San Ciprián, o de San Antón de Padua e o día de San Agustín na capela do Carme que había construído as súas expensas en Vilafernando.

            Dispuxo que toda vez  que en dita ermida  había de haber  fundación de confraría  se extinguise se dirían perpetuamente as misas referidas.

            Todos estes bens  estaban suxeitos a carga dunha misa  de aniversario  perpetuo “de requiem” en Couxela.

            Nomeou para suceder no vínculo  fundado por el,  a D. Xan Ramón Gutiérrez  os seus fillos  e herdeiros. A falta destes a D. Agustín Gutiérrez  o seu segundo fillo os seus fillos  e herdeiros e faltando estes a D. Bartolome Gutiérrez veciño de Betanzos  e irmán do fundador Ciprián, os seus fillos e herdeiros e faltando este a súa irma D. Rosa Gutiérrez.

            O 30 de Novembro de 1730 funda unha capelanía colativa na ermida  do Carme de Vilafernando  con unha carga de celebrar unha misa  todos os días  festivos  con responsos anuais.

            No ano 1731  D. Ciprián Gutiérrez  construíu as súas expensas a ermida da Terceira Orden de Mondoñedo dirixindo a obra o lego Fr. Lorenzo de Santa Teresa. As súas expensas mandou facer o retablo e doralo.

            Ademais dispuxo que por canto D. Fernando González  Santiso morrera en Madrid e lle deixara 1.000 ducados para fundar  as misas que D. Ciprián  lle parecera na ermida  de Nosa Señora  da Guadalupe  de Cubelas: o capellán da dita capellanía tivese que celebrar pola alma  do dito Fernando  36 misas  rezadas cos seus responsos.

            En 1749 un 10 de maio ante D. Francisco  Antonio Fernández  de Parga de Mondoñedo sendo Ciprián Gutiérrez sindico da Terceira Orden  otorgou escritura con D. Ignacio de Prado Seijas Arcediano de Mellid e secretario da VOT de Mondoñedo e D. Andrés Fernández, coengo e contador da dita VOT. Nesa escritura  D. Ciprián cede a VOT a capela  onde esta asentada esta congregación desde a súa fundación, dota o aceite  para a lámpada de prata, que tamén había doado e pesaba setenta e catro onzas, funda dez misas de aniversario perpetuo, dúas delas cantadas. Estas se dirán o día de Nosa Señora dos Dores e outra  o día seguinte a conmemoración de defuntos. As rezadas serán, seis na oitava de defuntos  e as outras dúas unha o día de Nosa Señora do Carme  e no día de San Ciprián. Para cumprimento de todo isto  sinala o lugar de Vilaverde en Vilamor que rendata 320 reais.  Ordena que desta cantidade se fagan os reparos na capela e pague o sancristán menor da Capela da Orden Terceira.

            Nesa escritura  D. Ciprián Gutiérrez quedou  nomeado patrón da Venerable Orden Terceira de Mondoñedo, á cal lle concedeu tamén o dereito de dúas sepulturas fronte o altar da Virxe “de la Soledad e imagen de dha capilla  pegado al presviterío, para entierro  privativo suyo y de su familia, en las qe se expresa licencia  suya en su vida y de la persona  que en lo futuro llevare y poseyere  su casa, da aquien dejase dho patronato y uso de dhas sepulturas se pueda ni aya de enterrar persona alguna.”

            D. Ciprián Gutiérrez  morre en Mondoñedo o 27 de abril de 1751  e foi sepultado dentro da Catedral de Mondoñedo.      



[11-06-2018 22:28] francisco josé campos dorado comentou:

Excelente artigo e xenealoxía investigada

[10-06-2018 22:14] Jose M comentou:

Muy buen artículo y estupenda investigación.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal