06:01 Martes, 26 de Marzo de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

09-06-2010

Rodeiro, unha mostra mais da noxenta demostración de poder que exercen os caciquiños do PP no rural dirixidos polo oportunista presidente da Deputación

Outra de Louzan & company

Valorar (15)

ALBERTE MACEIRA BALBOA


Último Congreso Provincial do PP de Pontevedra


Xa..., xa sabemos que ao Partido Popular non se desgasta  denunciando os casos de corrupción e da manipulación que fan, desde os distintos gobernos onde están. Xa..., xa o sabemos. Mais, compre denunciar unha vez mais, as prácticas que empregan para manter no rural a súa rede caciquil. Prácticas, no caso de Pontevedra, sempre dirixidas polo presidente da deputación e o mesmo tempo secretario provincial do Partido Popular o Sr. Rafael Louzán.

O portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego e tenente alcalde do concello de Rodeiro, Manuel Hermida, ven de denunciar que o Partido Popular manipula por medio da deputación e do seu representante en Rodeiro, Luís López, un tema tan sensible como é a contratación laboral  correspondente ao plan provincial da deputación de Pontevedra no Concello de Rodeiro.

O tenente alcalde, o nacionalista Manuel Hermida, lembra que o concello de Rodeiro solicitou participar no plan de emprego que promove o ente provincial por ser coñecedores das necesidades do seu concello e de as súas xentes. Dende o goberno tripartito de Rodeiro, se ten constancia de que mais dunha ducia de persoas dadas de alta nas listas do INEM  poderían acceder aos postos de traballo que se ofertan por parte da Deputación de Pontevedra segundo as bases establecidas.

A cuestión é que: curiosamente, esta  lista dunha ducia de persoas non se ten en conta grazas a conveniencia por parte do portavoz do Partido Popular en Rodeiro, a propia Deputación, e o director do INEM na comarca do Deza, e tamén, algún que outro cambio de criterios nas bases de contratación que lle permiten chamar aos seus amigos.

Sorprende que os escollidos, son correlixionarios  ao PP, destacando algún que outro interventor electoral do mesmo partido, nas pasadas eleccións municipais neste concello cambote. Salta a vista que o sistema de contratación foi claramente manipulado para a venda de favores políticos de cara as próximas eleccións municipais.

Xente de Rodeiro puido confirmar como o Portavoz municipal do PP de Rodeiro nos días previos a contratación se reunía co xefe do INEM de Lalín, non se sabe moi ben para que, seguramente sabería mais que a traballadora social do concello ou que o técnico de emprego local, que por certo, non foron consultados dende o servizo galego de colocación, e deixan fora desta contratación a un home que está no paro e con dous fillos.  Deixan fóra aos que verdadeiramente o necesitan. Neste sentido o tenente alcalde de Rodeiro e portavoz do Bloque Nacionalista, se pregunta que criterios empregaron para escoller aos amigos de Louzán  e poñelos a traballar na deputación.

E para máis mofa o portavoz do PP o celebra na taberna de Rodeiro e lles recorda a venta do favor aos candidatos escollidos, que para iso se fan estas cousas. Ao día seguinte, o señorito Luís López en declaracións aos medios de comunicación, non desminte o traballo realizado en beneficio do PP, e dicir, non so o fan senón que presumen do feito.

Esta é pois, unha mostra mais da noxenta de demostración de poder  que exercen os caciquiños do PP no rural  dirixidos polo oportunista presidente provincial o Sr. Louzán, onde se pode ver claramente  como se lle saca partido a crise económica. Estes do PP onde ai dificultades eles sempre ven oportunidades, sen escrúpulos sen ocultalo, aproveitándose dos máis débiles como diría o pedáneo do PP da miña parroquia: como ten que ser.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña