22:04 Sabado, 15 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-04-2018

Contas, donacións e economía da parroquía eclesiástica

A parroquia de San Isidoro do Monte en Xove – II

Valorar (2)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA




Nas contas do ano 1782 entregáronse 500 reais de orde de Don Juan de Hiebra procedentes do espolio do Ilmo. Sr. D. Josef Losada  para a fábrica desta igrexa. O Sr. Arcediago de Viveiro, que morreu o ano pasado de 1782 deixou de esmola  para esta igrexa 1.100 reais. Mandou ó sr. Bispo  se a de empregar  na facenda  e a renda obtida  empregara en alumear o SSmo. Sacramento. Tiveron de custo dous panos para cubrir os cálices  e para facer unha cuberta para o copón, 27,17 reais. Damasco negro de seda para una casulla, un manipulo, estola, bolsa de corporais e pano dun atril, con galóns, aforros, feitura, seda e todo o necesario 360 reais. No ano 1783 tiveron de custo 200 cravos para a composición da cuberta  de igrexa 10 reais. Na visita do mesmo ano ordénase “se revocara de cal la pared y pórtico de la iglesia”. Custo da porta da lazena coa súa pechadura  e bisagras e composición da pía bautismal, 19,17 reais, contas ano 1786. No ano 1790, reparos da igrexa como foi cal, branqueo, mestres e reedificar o pórtico, 200 reais.  Lingua para a campá e cadea 4 reais. O ano seguinte recomponse un farol, un real.                                         
Visita ano 1792.

Na visita deste ano mándase dourar o copón por dentro, executando o mesmo coas copas  e patenas dos dous cálices, remitíndose os mesmos o S. S. I.  para a súa consagración  dentro de tres anos e na atención a pobreza dos veciños e que a fábrica  e confrarías non teñen fondos para facer  un retablo maior, do cal hai suma necesidade  se aplicarán para elo os cen ducados  que deixou de esmola o defunto arcediago de Viveiro. “No debiendo permitirse  efigies indecentes que lexos de exercitar devoción provoque  a irreberencia manda S.S. Y que hay en la sacristía y dos del colateral de la Epistola  se entierren preveniendo que hecho  que sea el retabl nuevo se coloque el antiguo en el dho colateral  procurando asearle por ser menos indecente  que el que actualmente hay.” Consta a S.S.I. a pouca decencia da ermida de Rioboo e que en ela se permitan usos profanos  por o caseiro  que ten a chave, encarga o Párroco  pase oficio o R. P. Ministro do Convento de San Martín  de Villaoriente  para recoñecendo cuide asear o altar e as imaxes, dourando  a copa e patena  do cáliz e previndo  se teña  na maior custodia  a chave da Capela  para evitar todo perigo de irreverencia. Anos 1793 y 1794. Composición do azadon da igrexa e una escala que se mercou, 17 reais. Una pala de ferro para a igrexa.

Novo Retablo maior.

Nas contas do ano 1798 se di: “Al escultor  Don Juan Sarmiento maestro escultor que corre con el retablo mayor de la iglesia, ajustado y convenido por escritura que otorgo con los veznos… lo que executaron en conformidad y por no llegar al completo caudal de esta fábrica y restantes cofradías  quedaron aquellas constituidas  a darle las maderas  y más utensilios  precisos  para dicho retablo extra de que aunqueda pintar y dorar por no haber  efectos para ello y los vecinos seren muy pobres, 1.200 reales”.

Visita 1803.
Manda S.I. se doure o copón, o cáliz e patena e o interior estrelas e cruz do viril , se pinte o interior da custodia  e se poña unha cortina  de seda e na atención a que o colateral da epístola se recoñece bastante deteriorado  manda se amplíe  a mesa do altar se retoque o retablo e imaxes e se poñan sacras  e crucifixo. Espesaranse as rellas do confesionario, se dará branco nas paredes da igrexa, igualarase o chan da igrexa, faranse dúas dalmáticas negras para as funcións  fúnebres e un ornato morado.            
Ermida de Nosa Señora da Asunción, sita en Rioboo. Se cubra o ara, se compoña a mesa do altar e o frontal, se retoque o retablo e imaxes, iguale  compoña  o pavimento, relousando os tellados. Darase branco  ás paredes e doure o cáliz e patena. Se merque un misal e se compoña ornato, farase una porta nova para impedir  que os “lechones” se introduzan nela  e  mentras non se fagan as melloras se prohibe se celebre nela. No ano 1805 se compoña a cadea e pechadura da cancela do atrio, 14 reais.  O ano seguinte se poña un cepo na campá coa súa ferraxe, cravos, composición da cadea  e mestre que o fixo 92 reais. Ano 1808 novamente se compón a campá, 48 reais. Cubrir a igrexa e composición de roupa, 17 reais, ano 1810. En 1811 a fábrica da igrexa ten de ingreso 6,17 da doazón que o cura defunto deu da terceira parte das colmeas.            

Donativo do bispo Bartolome Cienfuegos.

O Ilmo. Sr. don Bartolome Cienfuegos, bispo e Sr. da cidade de Mondoñedo no ano 1820  fixo o regalo seguinte:  “una casulla de tela color morado, estola, manipulo, bolsa de corporales y paño de cáliz del mismo color una alba nueva de lienzo  con su encaje  ancho y un amito de lo mismo  y dos cingulos uno de ellos redondo”.  Así mesmo mandou dourar o interior do copón. Nas contas do ano 1821 ten un ingreso de 4 reais da árbore que o vento  derribou no adro. O excusador en Sede Vacante certificou que na parroquia de San Isidoro do Monte haber recibido  a instancia de dúas devotas, “cuyos nombres  omito por ser así la voluntad de ellas” dúas mesas de manteis novos  e un pano de mans cos seus correspondentes encaixes, dúas cruces, un crucifixo, catro candelabros todo elo de aramio. Frai Casimiro Negro da Regular Obediencia de N. P. S. Francisco Misioneiro Apostólico por  o Seminario de San Antonio de Erbon, certifica que bendixo o Santo Vía Crucis, estando de Misión na igrexa parroquial de San Isidoro de Monte. A cruz parroquial componse nos anos 1832 e 1837 tendo un custe de 10 reais. Ano 1838, compoñer a cadea da campa e o picaporte da porta pequena, 2 reais. Nas contas do 1841 composición do atril alto da igrexa 4 reais.

Contas ano 1847.

Por toda a obra  da igrexa a saber “baldosar, terriplanar, retejar, dar blanco, reparar la muralla del atrio y lo demás que parece echo, comprar cal, cola y otros menesteres”. 245 reais a Domingo Cillero veciño de San Miguel da Rigueira  e Luís Casal de San Isidoro segundo remate público. Composición da roupa  da igrexa, 79 reais. Una anega de cal vivo de Masma posto en San Estevo de Moucido 3,17 reais.

Outros gastos, noutros anos.

Ano 1849. Compostura da cruz de aramio 1 real e arranxo do badalo 3 reais.
Ano 1850. Un terno negro por non haber ningún 180 reais. Sacras do altar maior  e unha naveta para o incenso 48,17 reais.            
Ano 1851. Dourado e reforma do cáliz  200 reais e 8 de levalo e traelo de Mondoñedo.
Ano 1852. Una casulla de raso 85 reais. Composición do badalo e feitura de dous libros parroquiais 73 reais. Tella  para a igrexa, cegado da pía bautismal, mesa da sancristía, papel con selo  e día de traballo 176,12 reais.
Ano 1853. Un misal novo 200 reais. Unha sobrepelliz  nova que mercou, 40 reais. A un mestre  que retellou a igrexa e custe da cal 9 reais. 
Ano 1854. Pago o mestre  que compuxo a igrexa 860 reais e 28 maravedies.
Ano 1858. Composición da cadea da campá 28 reais. Retellar a sancristía 20 reais. Un farol e bolsa de coiro para levar o viático 74 reais. Guarnición de malla para as mesas dos catro altares e una alba 78 reais. Lenzo 36 reais. Ducia e media de táboas  para o confesionario, 80 reais, doce días de traballo do carpinteiro, cravos e puntas 77 reais e pola festa de Corpus 32 reais.
Ano 1859. Limpar o incensario, naveta nova e culleriña 64 reais.      
Ano 1860. Por una pechadura pequena 13 reais, bisagras  e cravos para a porta do cemiterio 6 reais e 18 maravedis. Un carpinteiro para dita porta, 4 reais.  37 vías de lousa a tres reais vía e 130 reais  polo porte, 241 reais. Xornal de dous canteiros  por tres días e medio a sete cada un 48 reais.
Ano 1861. Un servizo de “vinajeras” de metal branco, 25 reais. Unha banda de tafetán 40 reais e una  pala de ferro para o camposanto 10,18 reais.
Ano 1863. Remate da obra  da cerca do atrio coas súas esquinas, pasas e portas cos asentos de cantería labrada 800 reais. Unha ducia de táboas para as portas do atrio 140 reais. Composición do farol 10 reais.
Ano 1864. O carpinteiro que fixo as portas dobres do atrio 79 reais.
Ano 1865. A bandeira de damasco de seda, galón dourado os cordóns de estambre, cruz de plaque, feitura e mais que se necesitou incluso a feitura da bolsa do viático 547 reais. Cuberta do púlpito de Damasco de lá con galón dourado, forrado  e seda coa súa feitura  130 reais. A porta  do pórtico 200 reais. O portador da casulla azul da Inmaculada 5 reais.
Ano 1866. Catro candeleiros de bo tamaño de plaque 210 reais. Dous bastidores  para a igrexa incluso a pintura  e cristais 56 reais. Unha pechadura  para a portada do adro 8 reais. Composición e chaves do cabalete  do adro 66 reais.
Ano 1871. Para conta do importe das campás 620 reais. Manter as persoas  que asistiron as reunións que houbo con motivo de facer presuposto, publicar e rematar as obras da espadana, colocación das campás e demais 100 reais. Advírtese  que por solicitude dos veciños  e co competente permiso  e autorización do Señor Gobernador  Eclesiástico  de Mondoñedo se fixo a espadana da igrexa e dúas campás cuxas obras saíron a público remate habendo suplido  para o importe das mesmas a igrexa 940 reais en cartos e todos os carballos do adro e o resto o fixeron os veciños. Parte das campás  se atopan pendentes de pago. A cruz de ferro que se colocou na cuspide da espadana a regalou o Sr. D. Bartolome Basanta de Viveiro a petición e suplica do ecónomo.
Contas anos 1874, 1875 e 1876.
Dous días de carpinteiro  e un canteiro  en retellar  a igrexa 30 reais.
Contas 1877-1878.
A Manuel Pernas  Fernández da parroquia de Sta. María de Chavín morador no partido de Loureiro  lugar chamado do Castro, 85 reais que se lle adeudan por pechar o campanario e facer outras obras.
A Benito Leal veciño de Viveiro por limpar e compoñer o incensario 22 reais.
Vicente Álvarez  veciño de Sta. Eulalia de Lago por poñer  una cancela no adro 4 reais.
Contas 1879
Cubrir de novo  a igrexa e sancristía 1410,25 reais, por tapar  as goteiras da igrexa a Manuel  Pernas morador no lugar do Castro 3,50 reais, pago a Vicente Bello ferreiro  veciño de San Miguel da Regueira  morador no lugar da Fonte Santa por facer as cegoñas  para as campás e un grillete para o badalo da pequena campá. Levou 19 libras de ferro, 60 reais.
Contas 1880.
Cubrir de novo o pórtico desta igrexa 516,25 reais. Composición da cruz de prata que cobrou o ferreiro  do Cristo, extra muros da vila de Viveiro 40 reais. Una pechadura  para a porta do Cemiterio 12 reais.

Dereitos de sepulturas.
 
Manuel dos dereitos de sepulturas que se pagan  na parroquia de San Isidoro do Monte para os cadáveres que se enterran no cemiterio da mesma.
Na parroquia  de San Isidoro do Monte a 20 de outubro de 1856 D. Xosé Fernández Meitín cura ecónomo do mesmo acorda:            
Por cada adulto que se enterre na primeira parte do cemiterio 2 reais.
Polos que se sepulten na segunda 4 reais.
Polos que se sepulten na terceira 6 reais.
Polos pobres que se enterren na primeira fila nada se cobrará.
Polos  párvulos fillos de pais que non sexan pobres  dous reais indistintamente. 
Párvulos pobres nada.
Por cada nicho que se constrúa con aprobación do señor ordinario págase por cada sepultura que ocupen na primeira parte do cemiterio 2 reais, na segunda 4 reais e na terceira  6 reais anualmente. Para mellor  intelixencia e claridade do pago dos dereitos deste arancel se advirte que o cemiterio  divídese en tres partes. A primeira  a que dí o extremo, mesmo pola parte norte, a segunda  a que corresponde  o medio do propio cemiterio  e a terceira  e principal a entrada, por canto se atopa unida a capela maior da igrexa.            

Viacrucis.

O 14 de maio de 1871 D. Antonio Ángel do Riego crego párroco de Sta. Olalla de Lago e San Bartolomé de Xove, bendixo  un viacrucis nesta parroquial composto de catorce  cruces de madeira colocado  as primeiras nas capela maior do lado do evanxelio, continuando coas demais na porta maior e dando a volta pola parede esta fixei as derradeiras  fronte as primeiras no lado da Epístola. Veunas por primeira vez a maior parte do pobo que alí estaba reunido  y más que lles explique as grazas e indulxencias  que a el estaban vinculadas.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal