22:08 Mércores, 18 de Xullo de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-02-2018

A parroquia de San Isidoro do monte en Xove I

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA




Dita freguesía e o seu termino terá de distancia  de L. a P.  media legua e o mesmo de N. a S.  que en circunferencia fan dúas leguas e para camiñalas  a pé  necesitanse tres horas. Linda por L. coa freguesía de Sta. María de Rúa por P. coa de Sta. María do Campo polo N. coa de S. Esteban de Valcarria  e polo S. coa de San Andrés de Boimonte. A súa descrición e: “… desde la cruz de Pedro Garcia que esta al P. siguiendo al penedo Berde y de allí al marco de Rego da Baralla y a la Poza da fenda; rego de salgueiro  y de el enderechura y a la pasada das Escoria y a la Puente do Crego desde donde baja a la pasada de Pedro Vicente y de allí buelbe  a subier a la Pena das Cauzelas al arroio de Gizaia y a las carvalliñas de gondan siguiendo astta dha Cruz de Pedro García donde tuvo principio”.

            As especies de árbores froiteiros que se atopan son maceiras e castiñeiros. Doce pés de castaños ocupan un ferrado de terra de sembradura, de centeo sendo de primeira calidade,  regulana en seis ferrados de castañas verdes, de segunda en catro y de terceira en tres.

            Dos froitos e castañas que se recollen en dita parroquia, como tamén dos cabritos, cordeiros, carnes salgadas, de “lechón”  páganse de dez partes a una por razón de diezmos, os que perciben o crego, párroco desta freguesía, o Venerable Dean e Cabido da Sta. Igrexa Catedral de Mondoñedo, a dignidade do Arcediano de Viveiro e o Convento de Monxas  de Sta. Clara de Ribadeo. Divídese desta maneira: o diezmo das terras que nomean da Fonte Grande no partido de Loureiro e dos montes do Campo de San Miguel  ponse en tres partes unha a leva o dito convento de Santa Clara e os restantes o expresado cabido, dos lugares  de sobre vila, Carvallo do Loureiro  como tamén da terra que nomean da casa vella percibe a metade dito Arcediano de Viveiro  e a outra parte  do lugar  das Moas e os restantes  coas mais da expresada parroquia  se poñen en terceiras partes  das que percibe dúas o mencionado cabido  o restante dito cura  párroco  quen percibe  insolidum tres mrs ó ano de cada fregués casado ou viuvo por razón de “oblatta” e todos os veciños de dita freguesía  pagan cada ano cincuenta reais  ó Venerable Dean e Cabido  da Sta. Igrexa de Santiago por razón de Voto.

            Os diezmos e mais  dereitos pertencentes a dito cura, no que non entra o traballo persoal, ascenden un ano con outro a catrocentos  reais, a “oblatta” a cinco reais  e os correspondentes o cabido  de Mondoñedo a 800, os do arcediano de Viveiro a 22 reais. e os do Convento de Santa Clara  a seis.

            Había dous muíños fariñeiros, un de una “muela” o sitio do Cale que pertence a D. Barthelo Pico presbítero de San Pedro de Miñotos, moe con auga corrente, a metade do ano pertence a Don Carlos de Quiros veciño de Sta. María de Magazos e consortes e produce  ó ano corenta e catro reais. Outro o sitio de Gondar que pertence a Geronimo Pillado, moe  seis meses do ano e regulase en corenta e catro reais.

            Nesta freguesía hai cento cincuenta  e seis  colmeas, que pertencen unha a Lourenzá do Cal,  outra a Thome Rey, quince a Bartolomé López, once a Juan do Carabullo, cinco a Ciprián da Fra, dezasete a Pedro López, catro a Silvestre López todos veciños de Sta. María de Cervo; Doce a Andrés Cao, catro a Miguel Canoura, dezasete a Agustin Cunqueiro, once a Jph Gazio, dous a Manuel Canoura, vinte e una a Juan López, nove a Caetano López, catro a Domingo  Rodríguez, dos a Jph. Fernández, dúas a Eusebio Bazquez, sete a Andrés Mrz.  e once a Luís da Insua e o produto  de cada una das colmeas así de “miel, cera y enjambre” cada ano catro reais de vellón

            Ten 55 veciños, incluso os eclesiásticos e hai corenta e oito casas habitables.

              A IGREXA PARROQUIAL E AS DISTINTAS CAPELAS

            Na visita que xira o bispo no ano 1702 dí: “ Visitada las ermitas de San Salvador y San Bartolome  se hallaron decentes y la de san Mamed necesita por el retejado se pongan unas piedras  sobre ellas para que el aire no las mueva”.

            San Salvador se poñan unhas pedras “y hacer un poyo de barro a los lados de la puerta del portico por la parte de afuera”.

Os veciños de dita freguesía reedifiquen o pórtico de dita igrexa parroquial. Merquen un bonete para o crego,una caixa para o incenso, un frontal  para o altar maior, chave para a pía bautismal  e a compoñan.  Merquen un pano negro para a caixa dos defuntos.

            A persoa que vive na casa que está pegada a ermida de San Salvador que e  da dita ermida non se permita  habitar nela  sen licenza e teña obrigación  de coidala e  limpala  e do petitorio  darase cargo despois de pagado o xusto estipendio polo seu traballo e o restante   gastarase nas cousas mais necesarias e reparos da dita ermida.

            Mandou os veciños de Penas  Agudas “tapeen el arco de la Ermita de San Bartolome, cuio arco es el que esta por dentro  y el de afuera demoler.

Nas contas de 1702 aparecen as seguintes anotacións: “composición de la ermita de San Bartolome 5;  la pintura del frontal  para el altar mayor 50; tabla  y echura  para el altar de San Bartolome 16; Cerradura, palos y baranda y más composición pila bautismal 517; Andas de los difuntos 18.”

            Bens de Alaxas que había neste ano

            Dous cálices coas súas patenas, un de prata e outro ten o pe de “alquime”, tres mesas corporais, dous misais usados, un manual, dous ornatos  usados, catro albas, dúas usadas e dúas mellores; un relicario de prata… para levar o  viático os enfermos, outro maior para as procesións co Santo Sacramento, un palio de tela para o mesmo, una banda de tafetán, una cruz de metal, unas “vinajeras” de estaño, una lanterna de “hojalata”, tres arcas, un caldeiro para a auga bendita, una campaniña pequena, un sobrepelliz; catro sábanas usadas, tres mesas de manteis, un bonete de pano negro e un incensario de metal.

            O vinte de setembro de 1704 manda o bispo mercar un misal e non se diga misa  co que está no altar colateral do evanxeo se merque un ornato negro e un tafetán  e una bolsa de corporais  de catro cores.

            Visita do ano 1734

            Item mando que os fregueses fagan compoñer e reedificar a ermida de San Mamed non tempo máximo de seis meses e non facendo ordenase o crego para que a faga demoler e os santos os leve a igrexa parroquial. Nese ano gástanse 18 reais na pechadura da custodia.

            Nas contas do ano 135  pagáronse o mestre que compuxo a fiestra da igrexa 5 reais.

            Manda su Ilma. o trinta de agosto de 1736 que no termo de oito meses fagan reedificar a ermida de San Mamed e pasado o citado termino  e non cumprindo  dase comisión ó crego  para que a faga demoler  dita ermida.

            Este ano retellase a igrexa, 6 reais e o mestre que compuxo o “trepadizo de junto al altar mayor”, 4 reais.

            Na visita do ano 1738 ordénase os fregueses a súa costa retellen a igrexa e aseguren a capela maior da auga.

            Ano 1739 composición da cadea da campá 3,17 e viño para  os que trouxeron a lousa  para cubrir a igrexa 5 reais.

            O bispo na visita que xira no ano 1739 manda dourar, por conta do caudal da fábrica  a caixa en que se leva o viático os enfermos.

            O ano seguinte, 1740, se pagaron o mestre que compuxo a porta maior  da igrexa  e sepulturas, 22 reais, un caldeiro para a auga bendita 9 reais e sobredourar o relicario pequeno 27 reais e una lingua para a campa un real.

            O oito de outubro de 1741 na visita do bispo Sarmiento  manda se faga un pé de prata para o copón, unha naveta  para o incenso, unha casulla encarnada de seda, unha alba, un amito e cingulo, dúas mesas de corporais  con encaixes, 24 purificadores , a custodia, un confesionario pechado  e un par de vinaxeiras e se retelle e branquee a igrexa o morisco por dentro e por fora  todo elo a costa da fábrica e confrarías do Ssmo. E  Ntra. Sra.

            Ermida de San Mamed, a ornamenten e poñan decente de sorte  que se poida celebrar nela o Sto. Sacrificio da misa dentro de 4 meses e non facendo o crego  mandara demolela.

            San Salvador se poña un ara, un frontal e se branquee por dentro e por fora dentro de 4 meses a consta da súa renda.

Fíxose a obra de branquear a igrexa por dentro e por fora  menos o pórtico  e non se fixo  outra obra  pola pobreza.

            Memoria das alfaias do ano 1744

            Unha cruz para as procesións e mais actos de aramio, lámpada e incensario do mesmo, unha caixa para o incenso de folla de lata, dous cálices, un de prata o seu pe de parafuso que sirve de relicario  con que se andan as procesións que tamén e de prata, o outro copa e patena de prata e pe de aramio, cinco ornatos, o primeiro  de seda, su color roxa, cenefa intermedia  azul coa súa bolsa  para os corporais  roxa que dono por facer esmola o Ilmo. Sr. Obispo de Mondoñedo d. fr. Antonio Alexandro Sarmiento de Sotomayor, os  outros catro son de lá un cor negro, un de damasco branco, outro de “chojete” e outro de “estameña” de cor verde. Tres albas, una vella e as outras usadas, dúas mesas de corporais, unha con puntas e dúas sen elas, tres sabanas vellas, dúas vinaxeiras  sin cuberta, dous misais novos, outro vello, ritual novo outro vello,  un pelíz, un farol de folla lata  unha campanillla  e unha campá pequena, un caldeiro de cobre para o aspersorio, crismeras de pau, seis ampolas  de prata, un relicario pequeno de prata dourado  por dentro para levar S. Ilma. a os enfermos. A fábrica ten un copón de prata dentro da custodia  en que su S. Ilma., mais hai una arquilla de tartaruga tres a modo de baúl cos seus pés  de prata, cerrollo, pechadura e chave de prata e “sembra de flores de plata” onde soia estar o S. Ilmo.

            Anécdota da visita do ano 1744.

            Por canto o crego D. Andrés Ant. Seara  Vizoso, cura párroco da dita parroquia non acudiu ni puxo persoa apta que dese no seu nome a visita do sr. bispo, cando se lle anticipou recado o Sr. d. Andrés Solveira, reservouse o sr. bispo tomar contra  dito cura a convite  providencia: “Como los vecinos  no han cumplido los mandatos antecedentes  más q. el blanqueo de la iglesia atendiendo S. I. a q. más procedía de la incuria y floxedad de el cura qe del descuido de dhos vecinos  les releva  de la multa  que por ahora hayan incurrido y manda  S. I.  que dentro de 10 meses  cumplan con ello bajo la dha multa.

Al término de seis meses  pongan cepo a la campana, píe de plata  al cáliz que le tiene  de otro metal, alisen una patena y se pongan  encajes a los coporporales que no los tienen. Manda S. I. que ell cura o su escusador  participe a las personas  que cuidan o deben cuidar  de las capillas de San Mamed en el paraje de Loureyro y la de San Bartolome, las pongan  con toda decencia para poder celebrarse  en ellas la misa y no lo cumpliendo el cura las haga demolerlas a costa de sus materiales y recoja a la iglesia  todas las imágenes y alajas”.

            O Vice-cura Manuel Rodríguez Aguirre  certifica haber publicado os mandatos anteriores e tamén fixo  saber a dita veciñanza as obrigacións.

            Noticia do ano 1745

            Don Andrés Antonio Seara, cura de Penas Agudas, o día 25 de nadal a pedimento dos seus fregueses “ y estos a precisados del muy riguroso invierno, continua agua, viento recibio y muy frío  por lo cual no podian  pricipiar a labrar ni andar sus tierras siendo q otros años las sembraban dos meses antes  ha principiado un octavario de rogaciones  con la condición (que aceptaron  que viniese de cada casado una persona  casado, hixo o criado). O segundo día das ditas rogacións  por faltar a maior parte  da xente, certo  fregués  dixo “que yo lo causaba en no multarlos”, por tal motivo pasei a multalos da maneira seguinte: que para o outro día  si faltase de cada casado unha persoa  o multase con un real aplicado a obra da igrexa e para o seguinte en dous e para o outro en  tres, así durante toda a oitava e que ditas multas foran postas nas mans do fabriqueiro e anotas nas súas contas para o referido fin.

            O día terceiro da oitava faltaron: “Antonio González, Pascoal da Ynsoa el hixo de Gergorio Fr. , Eusebio Vázquez, el Zapatero, Andrés Franco,  Thome Rey, el hijo de Pascoal da Ynsoa”.

            O cuarto día: “Pascoal da Ynsoa, Thome Rey, Juan de Carabullo, Ciprian da Fra.”

            O quinto día ningún.

O sexto: “Juan López, Cayetano López, Manuel Canoura, Domingo Paleo, Pedro da Vega, Caetano  Franco”.

O sétimo: “José González y Domingo Rodríguez”.

  Tamén foron multados  con dous reais  Manuel Rodríguez Carabullo, Joseph Rodríguez Carabullo, solteiro fillo de Juan Rodríguez  Carabullo e Pascua do Soto todos do lugar de San Salvador, Juan Paleo o mozo e Andrés  Fernández do lugar de Riobo termos de Sta. María de Vilacampa por haberen faltado a misa un día de festa “ maliciosamente pues estaban junto al mismo atrio  de la iglesia y habiendoseles dado aviso por tres ocasiones  y por diferentes personas que mandó el cura  a fin de que no la perdiesen según estaba esperando  por ellos para comenzar el Evangelio y advirtiendoseles  era un gravissimo pecado y escandalo el no oirla no quisieron ni avenir a la sobredicha iglesia  por el motivo y cobdicia de seara o rayar que vulgarmente llaman  bueyes para  guardar ellos  mismos en el monte …”

            No ano 1746 o fabriqueiro D. Miguel Vázquez xuntou 694 reais e medio, 500 lle foron entregados  na cidade de Mondoñedo da multa ó crego para a fábrica de Penas Agudas  o resto proben das confrarías de Nosa Sra. e da do Santísimo. Estes  gastaronse en:

Primeiramente, 15 ducados menos tres reais para unha alba  co seu amito e unha mesa do corporais, 19 ducados e seis reais o prateiro que fixo o pe do cáliz, tres cingulos e o mestre que fixo a custodia 150 reais.

            Na visita que xira o bispo Sarmiento no ano 1746 dí:

“Item por cuanto las ermitas  de San Bartolome y San Mamete  no han puesto con la decencia  correspondiente y que se ha mandado  en las antecedentes visitas manda S. I. al cura al término de 15 días   pena de 1.000 mrs. las haga  demoler a costa de sus materiales recollendo a igrexa as imaxes e mais alfaias.
            Nas contas do ano 1748 aparecen anotados un real a quen trouxo a custodia desde a vila de Viveiro e polas encaixes para  os corporais 18 reais.

            En 1749 foron rematadas as castañas de San Bartolome en 7 reais e oito reais de dúas fosas , Pedro Fernández e outra defunta que se atopou morta  no monte e que veu levantar a Señora Xustiza de Viveiro. Ese ano tivo de gasto a fábrica “un tirador   de fierro que se puso en la puerta de la Iglesia” un real e medio. Una pechadura  coa súa chave  para  a arca da fábrica  dous reais e medio”.

En Penas Agudas non hai sacerdote  algún excepto  o cura, “ni capilla colativa solo ai tres muertas, San Bartolome y San Mamede  dicese ansido parroquias en otro tiempo”. Os autos  de visita  están cumpridos excepto na de San Bartolome falta o frontal  e chave e ara; na de San Mamed se branqueou  a capela maior  e falta branquear  o corpo da ermida. A tercera capela  que e a de San Salvador  esta cumprido.

            Visita do 25 de xullo de 1749, manda su Ilma. que en esta parroquia se poña  de pé de prata de copón, se fagan dúas culleres para os cálices, se poñan dúas aras, se doure a custodia  por dentro e pinte por fora, se fagan un par de vinaxeiras, se poña unha chave  na arca das crismeras, péchese un confesionario e o atrio se lle poña una porta. Se retelle e faie a igrexa se branquee e retelle o pórtico  ase mesmo se branquee a sancristía se poña  unha porta a o último  da igrexa, unha mesa de corporais, tres manteis de altar, catro corno altares, unha sotana  e bonete.

            Nas contas  de 1750 faise cargo  de 13 reais  que entregou o cura desta parroquia os que lle  entregaran certos  devotos veciños  de Sta. María de Chavin  para traer una ara  a ermida de San Mamede. O mestre que compuxo  o confesionario  36 reais.

            Patronazgo e reconto de bens

            Na freguesía de San Isidoro de Penas Agudas o 25/3/1750 en vista do que costa dos mandatos   antecedentes  expedidos  por S. Ima.  facendo visita xeneral  en San Tirso de Portocelo o crego D. Andrés Antonio de Seara Vizoso nomeou a Pedro López de Vega, Joseph Gacío, Juan Paleo “el viejo”, Ciprián Canoura, confrades das confrarías que hai nesta igrexa para facer reconto  e inventario, regulación e taxación dos bens que ten este beneficio  e debe percibir  o crego del como tal e así mesmo dos da fábrica desta dita igrexa, ornamentos, alfaias e mais que tivera  según mandato do bispo.

            Patronazgo: Este beneficio  de San Isidoro de Penas Agudas  e de presentación eclesiástica  e  presentao o Ilmo.  Sr. Bispo desta Diocese e o Venerable Deán e Cabido  da cidade  de Mondoñedo.

            Bens Mobles e raíces.

            No lugar que chaman San Bartolome da Fraga  onde está a igrexa vella do glorioso San Bartolome  que se atopa na fraga grande en que se inclúe  un cacho de soto  con unha casa  que se atopa demolida  por a súa antigüedade  que confina con un lugar  que leva por foro os herdeiros  de D. Manuel Canel veciño que foi da cidade de Mondoñedo e pagan de pensión por dito foro 12 reais  e medio. Fai algúns anos que non pagan nada e testa do lugar polo nordeste  no Río grande que vai a freguesía  de Lieiro e por abaixo chega ata a pasada que dicen do arcal de dito río e polo norte  no coto que chaman lavanderas e de alí camiñando  arriba a cruz vella e por outra parte  na fonte santa e a auga que sae desta fonte sirve de demarcación deste lugar  pois vaina cercando ata o río.

Ten a fábrica  desta igrexa de Penas Agudas  un cacho  de monte que leva de sembradura sete ferrados de pan, testa  por arriba no atrio da dita igrexa nova e por abaixo na facenda do convento  de Nosa Señora de Valdeflores de Viveiro e por outra en facenda de Don Carlos de Quiros veciño de  Magazos.

            Ornamentos e alfaias da igrexa.

-          Una cruz de aramio coa súa manga. -          Dous cálices  de prata coas súas patenas  do mesmo -          Dos tafetanes, un branco e outro encarnado  e outro mais negro, catro mesas de corporais con sobrepelliz de lenzo común; catro casullas, unha negra, outra de dogrete, outra branca  de lá, outra de seda, tres albas  cos seus amitos  e cingulos, tres sabanas usadas, unha arca para estas alfaias e ornamentos. Mais unha  lanterna  vella, unha campá pequena no campanario, unha caixa de prata sobre dourada por dentro para levar ó viático os enfermos, un incensario  de aramio con cadeas  de ferro, unha caixa  de follalata para o incenso; unha ducia e media de purificadores, un palio de lá coas súas varas, un relicario de prata sen pé unha banda  de tafetá usada  para as procesións, unhas crismeras  de pau coas tres caixas de prata e as súas ampollas para os santos óleos, dous confesionarios, unha lámpada e  tres vinaxeiras de estaño.

O 27 de agosto de 1751  o crego certificou que se fixo  o corpo da igrexa decentemente, a porta maior, cerrouse  o confesionario, trouxéronse dúas culleres de prata para os cálices e dúas vinaxeiras e o virrete. Falta a loba ou sotana, pintar as custodias, tres toallas  os manteis,  ara para os altares, branquear  o pórtico e sancristía, unha fechadura con chave  en certa “lacena”, unha mesa de corporais, unha alba co seu amito. O atrio pechouse  con un “candon y en firmeza”.

            A composición do pórtico da igrexa tivo de custe 8 reais, a porta  41 e reparos da igrexa 16.

No ano 1753 gastouse en relousar a igrexa e  compoñer  o eixe da campá 11,32.

Na visita do ano 1754 mándase pintar  e dourar a custodia que se fixo nova  para o altar maior  e que se poña por dentro dela  cortiña de seda, se poñan rexas  xuntas os confesionarios e se merque una capa para  o servizo da igrexa.

Nese ano gastase nun eixe da campá 6 reais. 1756 componse a porta do atrio dous reais.

O 22 de xuño de 1757 na visita pastoral: “manda se  acabe de lastrer  el pavimento de la iglesia  y de componer  el portico de ella se pongan encajes a una loba digo alba y se compre  una loba de bayeta para el servicio de la iglesia”.

            Contas e gastos de algúns anos

            Ano 1757 – Una estola  e amito para o ornato negro 11 reais.             Lastrar a igrexa 27 reais.             Ano 1758 – Composición da chave  da porta da igrexa e cadea da campá 6 reais.             Ano 1759 – Nova composición da chave da porta da igrexa 2 reais.             Ano 1764 – Tres varas  de estopilla para  cubrir  as aras dos altares 7,02 reais.             Ano 1765 -  varandas e “clavijas”  das fiestras  de catro tragaluces.             Ano 1766 – Axuda del “astil” en onde se pon a cruz  8 reais, o resto o puxo o crego pola súa devoción, Manuel Andrés López Vizoso.             Ano 1767- un mestre para retellar  a igrexa 6 reais, “tejones” para a igrexa  8,32 reais e  tres anegas de cal 9 reais.             Ano 1768 -  O carpinteiro que traballou e puxo a campá no cepo 10 reais. Todos os ferros  que se necesitaron para asegurar a campá en dito cepo 29 reais             Ano 1769 – Lingua e  ferros da campá 6 reais.             Ano 1770 – Pago o que fixo o “feretro” 21 reais.             Ano 1772 - O mestre que compuxo a tarima do altar maior 2 reais.             Ano 1773 - Custe da “tablilla”  que mandou fixar o S. obispo  que comprende “Iglesia de Refugio” 3 reais.             Ano 1775 - Neste ano  no se fixo  cargo das castañas  de San Bartolome  por non as haber.             Ano 1776 -  dous candelabros para o altar maior 2 reais, unha corda para  a lámpada maior 5 reais.             Visita do ano 1777. Mándase que por conta  dos bens da fábrica se faga “una caxa decente para las ampollas de los santos óleos y se compren una sotana, una alba y dos amitos”.

            Se peche o atrio dando o muro á parede á altura do que está prevido.

Na visita do ano 1782  mándase cubrir o copón con un pano de seda  como tamén a ara  sobre a que está colocado con estopilla o outro lenzo.  Se enterrará a San Bartolome  “cuya efigie por indecente  puede causar  irreverencia  y no se usaran pañuelos  profanos  para cubrir el cáliz  en su lugar unos paños de tafetan”.

                                                                                                                                                            

[15-02-2018 17:07] ricardo galdo basanta comentou:

una hermosa descripcion de no secculo no seculo XVI

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal