00:42 Mércores, 12 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-01-2018

O Plano Forestal de Galiza, non é un plano de ordenación

Revisión do plano forestal de Galiza: a polo monte veciñal

Valorar (5)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ




O Plano Forestal de Galiza, non é un plano de ordenación.Está considerado como un plano reitor de caracter estratéxico para a planificación e a execución da política de montes no territorio galego .Ten  rango de Décreto e polo tanto ,será aprobado polo Consello da Xunta .Un documento estratéxico que afecta aos 2/3 do territorio galego , vai ser aprobado sen debate parlamentar e mesmo sen debate sectorial E certo que no debate previo ,participaron as entidades e organizacions relacionadas co monte e co medio rural,que forman parte do Consello Forestal .Non cabe dúbida de que estas entidades e organizacions son representativas .Mais no Consello Forestal non están representadas todas as entidades e organizacions que viven , traballan ou xestionan o monte e o medio rural .Por por dous exemplos ,non están representados nin os sindicatos agrarios ,nen as centrais sindicais .  

           A Conselleria do Medio Rural  xa ten aprobado o texto para a Primeira Revisión do Plano Forestal de Galiza (o de ainda estar en Borrador e un trámite burocrático que ten que pasar) .No que fai respeito ao monte veciñal en mán común o documento para a revisión do plano forestal de Galiza e nítido.Prantexa sen ningún subterfuxio a eliminación da figura singular dos montes veciñais en mán común ,co fín de proceder a sua incautación e entregarllos case de balde as empresas forestais  privadas .Por decilo de un xeito sinxelo ,esta revisión do plano forestal de Galiza ,pon o ramo que  viñan buscando dende fai tempo os intereses capitalistas , especulativos e urbanísticos .Esto é , a privatización dos montes veciñais  .  

            Os ideólogos neoliberais , como os que redactaron  o texto para a primeira revisión do plano forestal de Galiza,saben que a lingoaxe non e neutra,que encerra unha ideolóxia.Saben que a mellor forma para que desapareza unha cuestión  e deixar de nomeala polo seu nome .Rebaptizala .Neste documento ,os montes veciñais en mán común transformanse en montes colectivos .Equiparandoos os montes das Sociedades de fomento forestal , aos montes de varas  e aos montes españois de socios .Como se poden equiparar estes trés últimos tipos de montes ,que son montes de titularidade privada ,cos montes veciñais en mán común que son de tutilaridade comunitaria? .Non se pode .Fano para autoxustificarse  e así ter mais doado o seu obxetivo central , sacarlle estas terras comunitarias a veciñanza comuneira.De este xeito , os montes veciñais en mán común deixan de ser outra forma de pusuir que temos os galegos e as galegas , unha seña de identidade da nosa nación .Serán como os montes de socios da provincia española de Soria .  

             Os redactores do texto(a conselleria do Medio Rural)  para a primeira revisión do plano forestal de Galiza ,na sua fixación enfermiza de incautar monte veciñal en mán común para entragarllo de balde as empresas forestais privadas(eles usan e eufemismo”xestión profesionalizada”) ,non se paran en barras .Valelle todo .Valelle que unha comunidade de montes se retrase un chisco na elección da nova xunta reitora .Valelle que logo de unha noite de alegría ,calquer alto cargo da conselleria competente en materia de montes , se levante eufórico/a e diante de un bombo con números diga” Imos oxe a incautar 5 montes veciñais porque o precisan as empresas forestais” .Mesmo valelle que unha comunidade de montes infrinxa algún preceito da lei de montes ou da lei de prevención de lumes forestais .Estamos diante de unha aberración xurídica .Ate o de agora , a infracción de un preceito da lei ,levaba ,como e lóxico , unha sanción .Agora leva tamén a perda da xestión das suas terras .Curiosamente , esta aberración xurídica non se lle aplica nen os montes de particulares , nen os montes de varas , nen os montes das Sociedades de fomento forestal .Somentes se lle aplica os montes veciñais en mán común .Queda algunha dúbida do obxetivo da Consellaria do Medio Rural? .  

        A todo isto ,hai que engadir o cinismo co que foi redactado este Borrador .Namentras neste documento di que estableceráse o procedemento para as posibeis declaracións de un monte veciñal en estado de grave abandono (cousa que semella lóxica) , o Partido Popular , en solitario ,ven de aprobar no Parlamento Galego ,a Lei da Acompañamentos  mediante a cal modificase varios artigos da lei de montes veciñais en mán común actualmente vixente .Mediante estas modificacions  os montes veciñais en mán común cos criterios que mellor entendan os xestores do Banco de Terras ,( e decir ,de xeito arbitrario) ,poden ser declarados en estado de grave abandono .Esta declaración siñifica a incautación de este monte veciñal para entregarllo a unha empresa forestal ,nada mais e nada menos ,que por un periodo de 50 anos .Convirten en lei unha proposta que ainda está en borrador .  

           Os redactores do Borrador para a primeira revisión do plano forestal de Galiza , alumnos (ou profesores)do candidato do Partido Popular a presidencia de Catalunya) ,puxeronse diante do papel e lanzaron a consiña : A por eles ,a polos montes veciñais .Se cadra , podelle pasar o mesmo que a candidato do Partido Popular ,cair derrotado .Esto e moi posibel xa que a defensa dos montes veciñais en mán común dependen de nós .Da veciñanza comuneira,da maioria social do pobo galego .  

[28-01-2018 17:46] Xosé Alexandre Martínez Gey comentou:

Etou totalmente en contra con esta decisión do mezio rural da xunta da Galiza de quitarlle o goberno dos montes as comunidades de montes veciñais en man común.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal