16:59 Domingo, 19 de Agosto de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-01-2018

Sabemos das historias de procuras de tesouros escondidos, e de xente que andaba a eles armados co sonado libro do “CIPRIANILLO”

TESOUREIRAS e TESOURO: seica, ainda haberá ouro por descubrir nos descampados galegos?

Valorar (7)

CÉSAR VARELA GARCÍA



No meu sinxelo nomenclátor, aparecen os lugares de TESOUREIRAS e TESOUREIRO; o primeiro na Cañiza e o segundo pola parte de Palas de Rei.

Nas terras da Beira portuguesa notamos o lugar de TESOURINHAS.

Ainda, como chamadeiro, no noso Carballiño natal, recoñecemos unha  familia que loce o apelido de, TESOURO.

Sabemos das historias de procuras de tesouros escondidos, e de xente que andaba a eles armados co libro do “CIPRIANILLO”, que daba información dos lugares e xeito de atopalos.

O libro de Martínez Salazar, “ALGUNOS TEMAS GALLEGOS” danos información SOBRE APERTURA DE MÁMOAS A PRINCIPIOS DO SEC. XVI.  “El licenciado Pedro  Vázquez de Orjas, hacia el año 1606, denunció, registró y manifestó por Hacienda Real, todas las mámoas de gentiles galigrecos, algunas de las cuales, dice, tienen oro.

Consigue , o tal licenciado, unha licencia de Felipe II para a procura de tais riquezas nas zonas de Padrón e Caldas, e quéixase  de que outras persoas en permiso ousan “ abrir, cabar e roubar as ditas sepulturas”. Engade que ten noticia de que desde que él pediu o permiso foron abertas ,mais de TRES MIL mámoas, sen que se pillara a nengún intruso.

Segue a sua queixa: “Que la mámoas,modoñas o castros son sepulturas de gentiles galigrecos que poseyeron el Reino de Galicia antes de los romanos; que están esparcidas por este Reyno y algunas de ellas tienen oro, como son las de los Reyes, Príncipes y Ricos-Hombres:que para hallar estas las caban a montones chicos y grandes, pobres y ricos, sin saber lo que hacen, y roban y esconden lo que hallan  favorecidos por varios señores jurisdiccionales,seglares y monacales y sus jueces, justicias y escribanos, y algunos de ellos trocándoles el oro que los traidores hallan”.

Afirma que : “ Por la parte de Mondoñedo y jurisdicción de Monfero están al presente abiertas 300 o 400 mámoas y que todas ellas se abrieron de noche y ocultamente,…y es cosa pública que en algunas de ellas se sacaron tesoros,…”

Continua relatando as incidencias e o que apareceu nunha chea de mámoas, das que cita as de : OS CASTELOS e a de ANAFREITA, en Friol;a de AMENIDO, nas terras de Gayoso, a do GOLPE, a de MOURENGOS; as das NEGRADAS, da PENA DA LEBRE, de REZA,de MOLLA FARIÑA, as da zona de Chantada e moitas mais.

Da para cavilar os tesouros arqueolóxicos que deberon ser destruidos por a ambición individual.

Cantas pezas preciosas para explicar o noso pasado deberon ser fundidas incontroladamente ao longo do tempo !

Xa pensástedes que, de ser certo o número de tres mil mámoas que cita o licenciado,con os seus respectivos dólmenes, teríamos á nosa disposición un tesouro arqueolóxico comparábel aos menhires e cromlechs da Bretaña francesa ou de Irlanda ?

Sería parte da herdanza que nos deixaban os nosos devanceiros, se sobésemos entendelo e conservalo.

O fabuloso tesouro dos torques de Caldas, que está no museu de Pontevedra, debéu de ter unha orixe semellante.

Non sería tan importante o valor do ouro atopado como a valiosísima información que esas pezas nos darían das culturas dos nosos devanceiros; sería como a herdanza que nos deixaban os antergos para aproveitármonos agora.

Temos preguntado a un labrego da zona de Avión sobre o que aparecía ao explorar unha mámoa, e díxonos que había “ o de sempre: unha ola chea de farrapos e alquitrán “ .Entendemos que deberían ser os restos da cremación dun individuo de aquelas antigas sociedades.

Mas, vaiamos ao  caso que a nosa ocupación neste artigo que é tratar de  explicar ises nomes de, TESOUREIRAS e TESOUREIRO.

A nosa opinión é que nada teñen a ver coas mámoas e as fabulosas riquezas que contiñan.

Noso admirado A. de Almeida Fernandes opina que o TESOURINHAS portugués procede de TESOURA, e esta de un “TESO” ( elevaçao ou monte, lombada topográfica),do latin TENSU + OURA.

A nosa idea vai por outros camiños: Pensamos que, conforme a ferramenta “tesoura” procede dun latino “tonsoria” , os nosos TESOS DO COUREL, indican que son cumes rapadas ou peladas.

Cando un portugués di que “está teso” mais ben que sinalar rixidez, indica que está “pelado”, que “nao tem um tostao”.

Todo procedería do latino ,TONSUS. Entendemos que os topónimos que hoxe nos ocupan estanse referindo a TERRAS TONSORINEAS ou TONSURARIAS ,en referencia ao eterno labor no noso campo, que era rozar os montes para obter combustíbel e estrume.

Esto explicaría os topónimos  de TESOURINHAS , TESOUREIRAS e TESOUREIRO.

Para TESOURO, utilizado como apelido, aventuramos a posibilidade de estarnos diante da evolución do nome dun individuo de estirpe sueva :

TEODOSORIO > TEOOSORIO > TOSORIO >TOSOIRO >TESOURO.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal