22:31 Domingo, 09 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-12-2017

A normalización da violencia na nosa sociedade contribúe a consolidala para que esta persista

SHHHH!!! falemos baixiño, non espertemos o fantasma do patriarcado

Valorar (6)

HELENA VILAS VIÑAS



2003: 71
2004: 72
2005: 57
2006: 69
2007: 71
2008: 76
2009: 56
2010: 73
2011: 61
2012: 52
2013: 54
2014: 54
2015: 60
2016: 44
2017: 44 ( a día 11 de Decembro)  

Sabedes que hai detrás destes números? Non son vítimas de ETA, non son "presos políticos da ditadura venezolana", non son policías feridos pola brutalidade dos indepes, non, son mulleres, mulleres asasinadas a mans das súas parellas, ex-parellas ou por simples descoñecidos. Somos números, meros números de vivas e meros números de mortas. Unhas cifras arrepiantes dende o 2003, ano que ao goberno se lle dou por comezar a recompilar estatísticas oficiais de vítimas mortais. Facede a suma pois, eu non me atrevo.  
Cada vez que dan os datos ao remate do ano, fano como se fose case unha vitoria porque cada ano son menos, canto progreso xunto!  

E se non nos matan temos a tortura de vivir neste mundo a diario con violencia machista en todas as súas formas, todo o tempo, dun xeito ou outro.  

Exemplo: vídeos e imaxes difundidas en redes sociais vomitivas case tanto como a rección dalgúns energúmenos que deixan comentarios tan lamentables que só reafirman o marichulismo que existe. Temos o caso máis recente de cinco bestas, e digo bestas porque me nego a chamarlle manada, un insulto aos animais. Resúltame difícil falar de algo tan brutal, sobre todo pola impotencia que causa en min. Xa non só temos que ter coidado que nos violen se non que ademais temos que sentir culpa, xa só por iso, xera en nós traumas psicolóxicos ao non poder tolerar o linchamento e ser xulgadas socialmente, medo e culpa unha mestura mortal.
 
A normalización da violencia na nosa sociedade contribúe a consolidala para que esta persista. Mulleres que sufriron algún tipo de agresión como neste caso unha violación múltiple, a vítima investígana máis que os seus agresores, ten demostrar a súa inocencia! Cuestionando a súa forma de vestir, si estaba bébeda, se ía provocando, tanto se lle custiona no panel mediático como no proceso xudicial, dobremente agredida, revitimizada, creando un entorno de impunidade cara os agresores...  

É hora de poñer foco de atención no agresor, e por suposto nos seus cómplices, e para que realmente pare esta barbarie o Goberno debe poñerse en acción no eido de prevención, e non fomentalo por poñer un exemplo con carteis aberrantes(xa retirado) como o que lanzou o ministerio de sanidade vinculando a inxesta de alcol en mulleres con violacións... Non queremos vivir nun mundo que no canto de ensinar a non agredir, nos obriguen a nós a limitar as oportunidades.    

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña