14:54 Mércores, 08 de Febreiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-11-2017

Os galegos e as galegas de oxe , temos que estar orgullosos de esta loita de resistencia dos nosos/nosas antepasados

Ter orgullo de nos e do noso

Valorar (4)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ



 Na nosa nación  existen unhas titularidades que non son nen públicas ,nen privadas ,que son os montes veciñais en mán común .Son estas unhas titularidades comunitarias perteñecentes a veciñanza comuneira ,non entendida como ente administrativo ,senón como grupo social .A dia de oxe ,en toda Europa(comunitaria ou non ) , non existe este tipo de titularidade .Somentes existen en Galiza e Portugal .

Que estas titularidades singulares chegasen na nosa nación ate o dia de oxe ,foi debido a resistencia,primeiro da sociedade labrega rural e logo da veciñanza comuneira, a perdelas .En toda  Europa ,no século XIX , dominada polo pensamento económico liberal ,estas terras comunitarias  foron privatizadas .No Estado Español ,as clases dominantes tamén o intentaron mediante as leixes desamortizadores derivadas da Constitución de Cadiz .A resistencia da sociedade labrega rural  na defensa das suas terras comuniarias ,impedeu esta privatización .O mesmo que a loita da veciñaza comuneira no último terzo do século XX,recuperou os montes veciñais ,usurpados 40 anos antes pola dictadura franquista .             

 Esta resistencia  da sociedade labrega rural e da veciñanza comuneira ,non lle saiu de balde .Nesta resistencia por non perder as suas terras comunitarias padeceron multas , cadea , emigración e mesmo mortes (Coirós-Mazaricos 22/Xaneiro/1963) .Os galegos e as galegas de oxe , temos que estar orgullosos de esta loita de resistencia dos nosos/nosas  antepasados .Debido a sua loitas ,os montes veciñais en mán común son unha realidade cargada de futuro e non unha reliquia do pasado .               

Oxe-en dia ,intereses capitalistas , especulativos e urbanisticos teñen planificado a privatización  destas terras comunitarias .Estes sectores económicos non aceptan a existencia de unhas terras situados fora do tráfico do comercio ; e moito menos aceptan que estas terras sexan xestionadas democráticamente pola veciñanza comuneira .O Partido Popular , non somentes ampara este obxetivo destes sectores económicos , senón que tamén pretende  a remunicipalización  dos montes veciñais en mán común .Para comprobar estes obxetivos ,somentes fai falla votarlle unha ollada as últimas leixes aprobadas ( Axencia Galega da Industria forestal , lei de promoción de iniciativas empresariais , lei de Acompañamento ...........)               

Non pode estranarnos o interés de estes sectores alleos ao monte veciñal , amparados polo Partido Popular en privatizar e remunicipalizar os montes veciñais en mán común .Por decilo de un xeito sinxelo ,vailles no soldo .E mais dificil de entender  a manobra que estan a facer certas iniciativas españolas (que beben da chamada nova política que creo que a denominación correctga e  Política 2.0) ,introducindo na nosa nación a equiparación dos montes veciñais en mán común cos bens comuns e comunais que existen na sua nación .              

Monte comunal e monte veciñal non son sinónimos .Os primeiros son de titularidade das distintas administracions públicas , e a titularidade dos segundos son da veciñanza comuneira .En Galiza  practicamente non hai montes comunais ( sobor o 4% do territorio ) ,hai montes veciñais (sobor o 33% do territorio) , No Estado Español practicamente non hai montes veciñais (alguns en Asturias e Zamora ) , o que hai son montes comunais . Son pois situacions diametralmente distintas .Polo tanto , introducir en Galiza este debate confuso ,situa ,conscente ou inconscentemente , aos  promotores de estas iniciativas en obxetivamente aliados  dos intereses captitalistas , especulativos e urbanisticos  e do Partido Popular , xa que axudan a conseguir o seu obxetivo , a desparación dos montes veciñais en mán común .           

E ainda moito menos se pode entender que se fomente esta confusión ,nada inocente ,por medio de xornadas e actos organizados e/ou financiados por concellos (non todos gobernados pola dereita) , por entidades culturais galegas  e mesmo por algunhas comunidades de montes .Tirar pedras contra o proprio tellado , achanzarlle o terreo ao enemigo , non semella ser unha postura intelixente .Defender o  monte veciñal con orgullo e defender o noso ,xa que o monte veciñal en mán común e outra forma de pusuir que temos os galegos e as galegas ; e unha seña de identidade da nosa nación .          

Nos momentos actuais no que no Estado Español ,gobernado pola dereita española ,apoiado pola  esquerda española clásica  e coa postura da nova esquerda española de porlle unha vea a deus e outra ao diaño ,estase profundizando na recentralización do Estado (aplicación do artigo 155 a Catalunya , posta a debate do cupo vasco) ,sentir o orgullo de nos e do noso , e unha ferramente imprescindibel .E o monte veciñal en mán común e  de nos e noso.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña