21:01 Martes, 12 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-10-2017

Aínda estou en shock dende o pasado domingo 1 de octubre, hai quen non lle da importancia, hai quen defende o indefendible, hai que xustifica o inxustificable

"Cuéntame como pasó"

Valorar (13)

HELENA VILAS VIÑAS


Son consciente de que todo o que escriba a día 10 de octubre é moi superable o que ocurra en 24 horas e me quede corta do que suceda cada minuto que pase. O acceso a información é un dereito, pero os medios tradicionais téñenos capada a verdade, mais en pleno auxe da tecnoloxía podemos acceder sen limitacións, sen trabas, menos mal porque non me quero imaxinar noutros tempos cando todo se podía ocultar. Recoñezo que me din de conta hai pouco, dinme conta da dimensión de todo co que está pasar en Catalunya, e agradecer o procés porque gracias a el descubrín o mundo que me rodea, como caeron caretas, (algunhas postas fai 40 anos) como sacaron a pasear ese odio reprimido, cantas vendas nos cairon a algunhas que creíamos que os habitantes do Estado Español non podían estar tan adoctrinados, nin tan manipulados, agora explícome de onde sacan os votos o Partido Popular, agora explícome porque o PP gaña de eleccións en eleccións sen que "nadie os vote".

Aínda estou en shock dende o pasado domingo 01 de octubre, hai quen non lle da importancia, hai quen defende o indefendible, hai que xustifica o inxustificable, pero o peor de todo; hai quen esquecerá totalmente o ocurrido como si do último capítulo del Perfume se tratase.

Como sicarios dunha banda de corruptos, como cans de presa de estado adiestrados sen escrúpulos para a palear ao pobo que xuraron defender... esa é a única imaxe que temos das forzas de seguridade. Que o referéndun carecese de valor legal, non quere decir que votar non o fose, polo tanto quen cometeu unha irresponsable ilegalidade foi o goberno ordenando aos seus sicarios a apalear xente inocente, pero como explicar isto para quenes teñen os seus cerebros adiestrados con odio irracional? é imposible.

Respiramos violencia por os catro costados, non nos libramos dela a cada paso que damos, non quero describir o sentimento que tiven cando vin as imaxes da manifestación do 09 de octubre en Valencia, doen máis leer os titulares que ver os as imaxes en si. Empregamos tanto a palabra fascismo que cando hai que aplicala parece que se queda corta.

Logo están os "politicos" do PP que dan pistoletazo de saída a unha competitividade para ver quen solta a maior das barbaridades para gañarse o posto de Hooligan destacado, desta vez superando todos os niveis con ameazas de morte incluidas, si, o viceresponsable de comunicación, nada menos, Pablo casado superou con creces ao seu compañeiro de farras Rafael Hernando.

Non é que só debería dimitir, se non que a fiscalía debería querellarse con el por delito de odio, pero pasará sen pena e con gloria, reforzado e arroupado polos da súa calaña. Recordade que neste país hai sentencias firmes por facer chistes en redes sociais precisamente contra tipos que firmaban sentencias de morte..., é todo tan subreal que si Berlanga levantara a cabeza tiña argumentario para cubrir o cine español até que rematase o mundo. Ides vendo algúns motivos máis para que o pobo catalán queira liberarse deste quiste franquista e dunha inútil e cómplice monarquía?

Mais non sei que me da máis medo, políticos sen escrúpulos coa policía cega cargada de adrenalina, ou compartir este mundo con xente que o xustifica...

Un mundo cambiante, unha sociedade anovada pide paso, dentro dun sistema voraz que esixe formación, competitividade e productividade, mais unha parte da sociedade española sigue a elexir gobernantes do século pasado que no seu ideario so pensan en reprimir a base de violencia e de impoñer a sua teoría de como ten que ser o mundo. Unha sociedade do século XXI a Constitución do 78 quédase caduca e trasnoitada. A España tapón, que non deixa progresar as novas sociedades emerxentes. Recordo un refrán da miña avoa que decía que non se pode facer un cesto novo con vimbias vellas. Non se pode.

Dun xeito ou outro, España perdeu Cataluña con unha ignominia absoluta, e ogallá poidamos liberar as nacións de Iberia das garras do PP e do resto de organizacións mafiosas, e dun estado centralizado e opresor.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal