12:46 Venres, 20 de Outubro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-10-2017

Para coñecer mellor eses primeiros tempos da ditadura franquista

Mondoñedo, novas dos anos 36 ao 40

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



            As doce do día 23 de xullo de 1936, baixo a presidencia  de D. Jorge González Redondo e Serrano, se reuniron D. Dario González Jauregui e o secretario, que constitúen a Comisión Xestora  designada na mañá de tal día pola autoridade militar  da provincia para o exercicio das funcións correspondentes a esta Excma. Corporación Municipal. O Sr. González actúa como alcalde e o Sr. González  Jauregui  como adxunto.  Nela se acorda  que D. Darío  González  exerza as funcións de depositario  e celebrar sesión ordinaria  todos os luns as catro da tarde.

            O 27 de xullo o alcalde da conta de haber destituído todos os alcaldes  de barrio e nomeado os seguintes no seu lugar: Argomoso, D. José Mel  López, Carme D. Francisco  Graña Díaz, Rilleira de Cesuras D. Luís Carballo,  Coubeira D. José Manuel  Fernández Sánchez,  Figueiras D. José González,  Lindin D. José Martínez  Díaz, Masma D. Ramón López, Sta. María Mayor D. Antonio Exposito, Oiran D. Euleuteiro  Díaz Ramón, Reguengo D. José González, San Vicente D. José Manuel Chao Ledo, Sasdonigas  D. Ricardo Cabanela  Gónzalez, Viloalle  D. Francisco Gómez Maseda e Rilleira  de Trigas D. José  García González.

            Ademais foi cesado o escribinte  D. Atanasio  Tapia Leivas nomeado o 30 de marzo “por  ser innecesario”.

            Se anulan os nomes de varias rúas recentemente nomeadas o 4 de maio en consecuencia “de las conclusiones presentadas por las  agrupaciones marxistas de la localidad” e repoñer os nomes de Marques de Rodil, Concepción, Oswaldo Codina e Bispo Solis.

            Na Sesión  Ordinaria  do 3 de Agosto a petición dunha carta do sr. Bispo D. Benjamin Arriba y Castro se revoca o acordo sobre a incautación da igrexa da Alcántara.

            Por orden militar foron detidos o procurador desta cidade D. Guillermo  Otero Vilalba, os mecánicos afiliados “según rumores a los partidos comunista y socialista Graciano Leivas Gallego e Graciano Leivas Freire e tamén Constantino Sánchez  Gacio.

            O 10 de agosto na sesión se acorda  dar nome de Julia Pardo  e Lodeiro Piñeiroa  respectivamente as rúas rotuladas actualmente cos nomes  Ramón Alonso e Libertad.

            Na sesión do 17 de agosto acórdase doar as 500 pesetas destinadas o 8 de xuño o Estatuto Galego a  suscripción local aberta para os gastos do movemento nacional “Salvador de España”.

            O venres pola mañá saiu un convoi composto por 13 camións con alimentos de toda clase para os soldados que operan en Asturias. A eles se engadiron outros procedentes do Val do Ouro.

            Por orden militar  estes días foron detidos  “os significados extremistas de esta ciudad” D. José Sánchez Gacio, ex-Gobernador  de A Coruña; D. José Ramón Villamarín Pilin ex-Alcalde del Frente Popular, D. Candido Carreiras ex-concelleiro; D. Alfredo Martínez empregado da Recadación de cédulas e a súa dona D.ª Emilia  González   e o médico municipal D. Germán Fanego Salaverri, D. Patricio Vijandio, xefe Socialista da localidade e o carteiro de Sasdonigas Señor González  Díaz. Do concello de Riotorto foi detido varias persoas entre elas o ex-alcalde  Sr. Bermudez.

            Na mañá do 23 de agosto fíxose o acto de restitución dos crucifixos nas escolas  e a restauración da Bandeira Española. As dez celebrouse na praza una misa de campaña pedir o definitivo triunfo do “glorioso ejercito y del eterno descanso de los que ofrendaron su vida a la patria”. A misa concorreron as autoridades civís, milicias e banda de música Pascual Veiga. O final do acto foi entregado  á sección local de Falanxe un artístico  banderín   doado e bordado por distintas señoritas.

            A finais de agosto foron reclamados polas autoridades militares  para Lugo os seguintes detidos:  D. José Sánchez Gacio, D. José Ramón  Villamarin Pallín, D. Patricio Vijandi, D. Candido  Carreiras e D. Alfredo  Martínez.  Entrou en prisión D. José  Sanonte  Mourelle Iglesias procurador dos Tribunais.

            Na sesión do 31 de agosto  acórdase que os restos de D. José López y López-Agrelo morto no fronde Asturias e que o cadáver será inhumado nesta localidade,  que os restos hasta a súa inhumación sexan depositados  no salón de sesións que para o efecto se convertirá en capela ardente.

            Por esta época na prensa local, Vallibria,  ponse o seguinte anuncio: “¡Vigilad todos el espionaje enemigo y detened  y denunciad a los traidores!”

            O sete de setembro acórdase nomear  fillo adoptivo de Mondoñedo ó tenente de Infantería D. José López  y López Agrelo, “muerto gloriosamente  en holocausto de la patria a consecuencia de las heridas sufridas en la toma de Espina (Asturias)”.

            Acórdase  dar nomes de Praza de España, avenida Calvo Sotelo e Avenida Primo de Rivera  respectivamente as actuais Praza da Constitución, Avenida da República e Avenida do 14 de Abril.

            O 26 de setembro se reuniron os señores D. José María Rego González,  D. Manuel López e López, D. Severino Aguiar  Alvárez e D. Andrés Pérez Balsa Rodríguez  designados polo Gobernador  Civil da provincia a proposta da Comandancia Militar do partido para formar  co Sr. D. Jorge González Redondo a composición municipal.

            O Sr. Aguiar  Alvarez renuncia por ser incompatible o cargo de xefe milicias de Falanxe  de esta localidade. Foron nomeados primeiro tenente alcalde José María Rego e segundo Manuel López  e depositario D. Andrés  Pérez Balsa.

            Na sesión ordinaria do 2 de Outubro foi nomeado para vocal da comisión xestora D. Alejo Barja.  Estando vacante  a praza de médico de asistencia publica domiciliaria que desempeñaba D. Germán Fanego Salaverri por haber tomado este posesión da “forensia de Pamplona”  anunciase de que foi nomeado con carácter interino  o médico D. Enrique Cabanela Alvarez. 

            Pagáronse ó fogueteiro de Lourenzá  D. Manuel Reigosa polas bombas  para festexar a designación  do Xefé de Estado  e a conquista de Toledo por 165 pesetas. Gastos de Autopsias do 30 de agosto e 13 de setembro 28 pesetas e 75 cent.. de medicamentos e por limpeza do carto de autopsias 11 pesetas e 95 céntimos.

            A proposta da presidencia acórdase  facer constar na acta a satisfacción desta Xestora  pola conquista de Toledo  e conseguinte liberación dos heroicos defensores do alcázar  entre os cales se atopa o comandante da Garda Civil  fillo desta cidade  D. Jesús Rodríguez Rivas.

            O nove de outubro suspendese indefinidamente  o médico Sr. Cayón, pola conta  da significación ideolóxica mantida na orden político oficial polo médico  de asistencia publica Domiciliaria  neste concello D. Arturo Cayón Fernández, o cal polas súas propias manifestacións  foi sempre  considerado como afecto o Frente Popular  contra cuxa actuación “sus desgraciados efectos se dirige el movimiento nacional hoy ya triunfante y usando de las facultades  que me confiere  el Decreto número 108  de la junta de defensa  nacional  ha acordado la suspensión indefinida  de dicho funcionario y dar cuenta de esta resolución  a la comisión municipal  gestora en la primera sesión que la celebre  para que si lo estima  oportuno proponga la destitución a la Inspección Provincial  de Sanidad y al Exmo. Sr. Gobernador Civil con arreglo al articulo 4.º   de la citada  disposición”.

            A pesar do alegado polo funcionario, no cal suplica  a reposición  da sanción imposta  e que non se chegue aplicar, acórdase aprobar por unanimidade  a resolución da alcaldía  e con arranxo a mesma  propoñer a destitución do expresado Sr. Cayón as autoridades  superiores  por medio da comandancia militar do partido.

            Exclúese  da xunta pericial  urbana a Aladino González García e a D. Juan Melian Varela sendo remplazados por D. Antonio Febrero  García e D. Amadeo Aguiar.

            O 11 de  Nadal vese unha instancia do veciño desta ciudade D. Eduardo Lence-Santar na que suplica que se de o nome de D. Francisco Franco Baamonde  “jefe del estado  generalisimo de los ejercitos, salvador  de la patria  y gloria de Galicia y de esta diócesis  de San Rosendo  en la cual ha nacido…” a rúa Padilla de esta cidade .

            O 29 de Nadal  con presenza de Miguel García Cortes  delegado do Excmo. Sr. Gobernador Civil  da provincia na sesión do concello se da lectura  a una comunicación do Sr. Gobernador o cese da comisión municipal xestora por haber cesado as causas que a motivaron  o seu nomeamento  e de cotío  se procedeu a entregar  a todos os reunidos as oportunas credenciais, tomando posesión no acto dos seus novos cargos:  Alcalde: Jorge González Redondo, tenente-alcalde , José María Rego González; segundo tenente alcalde, Manuel López; terceiro: Celso Michelena Leiras; Sindico: Alejo Barja Prieto e depositario: Andrés Perez Balsa.

            Na sesión do 29 de Nadal coñecese a comunicación da Xestora de Oviedo agradecendo a este municipio a axuda moral e material  prestada a dita  cidade con motivo do asedio  polas “ordenes marxistas”.

            Acórdase que o Seminario e o Convento de Concepcionistas paguen soamente o mínimo de auga porque no primeiro  funciona o Hospital de Sangue e no segundo o lavado de roupa dos feridos.

            O Sr. Pérez Balsa  propuxo a revogación do acordo de municipalización do alumeado eléctrico tomada pola corporación do Frente Popular  por estimar que a capacidade económica actual do Concello no consiste   a execución de aquel.  Ademais a Sociedade  suministradora ten un recurso contencioso. Esta proposta foi  desestimada.

            Na sesión do doce de Xaneiro do 1937 acórdase  constar na acta  o sentimento de a corporación polo falecemento de D. Eliseo  Iravedra  Valle morto a consecuencia das feridas recibidas  no fronte Asturiano. Era cabo da sección de metralladoras  do Reximento  de Infantería de Zamora n.º 29.

            O 19 de Xaneiro a iniciativa do Sr. Alcalde  colócase unha luz pública no Carme e inmediacións da escola daquel barrio e por iniciativa do Sr. Novo  outras dúas no barrio de San Lázaro.

            Por esta época o consistorio decide facer obras no edificio do concello e mercar diversos mobles. Así vemos as seguintes notas:  Traer mobles da Coruña empresa Ribadeo 65; de “La Gran Bretaña de Lugo” por un despacho para a alcaldía por 1.800 pesetas”, de la casa Hervada da Coruña por un tresillo de coiro e mesa de centro do mesmo 1.050 pesetas, do Gran Bazar da Coruña un aparato eléctrico de sobremesa tamén para o despacho da Alcaldía 83 pesetas.

            Traballo realizado por Evaristo Pardeiro, consistente na construción dun gran Zocalo  do despacho durante 23 días 143 pesetas con 75 céntimos. Estes traballos tiveron o voto en contra do Sr. Pérez-Balsa.

            A “La Voz de la Verdad de Lugo”  por embade y 4 cinceiros para o despacho da alcaldía 34 pesetas con 60 reais.

            No mesmo pleno  nomease pedaneo do Carme a Don Ramón Piñeiroa López e de Cesuras a  D. Vicente  Maseda Carballo. Acordouse por unanimidade ceder en precario a Milicia  Española o piso alto  da antiga casa Consistorial da praza de España.

            Na sesión do dous de marzo acórdase a instalación de dúas luces  no barrio de San Lázaro a inmediacións respectivamente de las casas nomeadas do “músico y de Atilano” para alumear os camiños públicos con que aquelas limitan.

            Outros gastos no arranxo das dependencias:  874 pesetas con  2 céntimos de madeira  a Fortunato  Lorenzo  para os despachos da alcaldía, recadación de arbitrios e outras reformas  da casa Consistoriais. Un farol para o portal  do consistorio, 70 pesetas; confección dunha cortina  para o despacho da alcaldía 7,50; do Carpinteiro Evaristo Pardeiro por xornais 72,50 pesetas.

            Sesión do 11 de maio. Pago a Ignacio Cortiñas  por xornais e materiais empregados  na pintura do despacho da alcaldía e varias portas e ventás da casa consistorial, 238 pesetas e 10 céntimos.

            Nesta data  a comisión xestora  ten coñecemento  da sentencia ditada polo Tribunal Provincial do Contencioso Administrativo con data do 31 de marzo pasado relativa a municipalización o servizo de abastecemento de electricidade neste termino.

            Hai una solicitude do Delegado Comarcal de Falanxe Española  das J.O.N.S suplicando sexa rotulada  uhna rúa desta cidade co nome de “José Antonio Primo de Rivera”.

            O 6 de  xullo foi desestimada a solicitude da Xefatura  Provincial de prensa  y propaganda  de Falange   Española para que este axuntamento  aportara una subvención para o sostemento da emisora de Radio Lugo. Acórdase celebrar un solemne funeral o próximo día 13  na igrexa parroquial de Santiago por o Excmo. Sr. José Calvo Sotelo e que o mesmo día se coloque a lápida que da nome a Avenida que se chama a República.

            O 4 de setembro foi nomeado alcalde pedaneo de Viloalle a Fernando Rodríguez Rico. A Manuel Reigosa págaselle catro ducias y media de foguetes para a conmemoración do “glorioso movimiento”.

            Na sesión do 20 de Outubro vese unha comunicación da xunta provincial recadadora  de achegas para o prato único  e día sen sobremesa dirixida a alcaldía-presidencia  deste concello a fin de que a mesma  emita informe  acerca das reclamacións promovidas  polos Padres  Pasionistas  desta cidade e polo veciño Fernando Trigo Paz contra as cotas  a os reclamantes sinaladas  pola xunta  Municipal  encargada das expresadas apartacións. Acórdase favorablemente na primeira, por ser suficientemente  15 pesetas mensuais como cota a satisfacer polos padres pasionistas e informar desfavorablemente  a promovida  por D. Fernando  toda vez que dito señor  co seu retiro castrense, propiedades inmobles e capital  en metálico  “que publicamente se le supone”  satisfacer 13 pesetas mensuais  sen que sexa para iso obstáculo a sinalada a súa irma política Justa Barro, xa que esta e administradora da subalterna de la Tabacalería desta cidade e posee inmobles propios e do seu defunto esposo.

            O Sr. Novo foi designado para buscar un local apropiado para o traslado da escola de San Lázaro.

            O 4 de Nadal foi suspendido o encargado da cárcere   municipal, D. Santiago Ares Villalba  y decretando encargado do deposito o axente de Policía D. Waldo López Vidal.

            Acórdase enviar de aguinaldo un donativo o exercito de Galicia  aproveitando o transito  por esta cidade dun sarxento e un garda civil afectos o Estado maior  do mesmo que conducían unha camioneta  en dirección Calahorra. O aguinaldo consistíu en uns xamóns por importe de 495 pesetas.

            Na sesión do 30 de Nadal acórdase  suprimir a comunidade Concepcionista do imposto de inquilinato  polo estado de pobreza. Acórdase a solicitude do Concello de Santiago de Compostela adherirse esta corporación a representación colectiva de Galicia ó  insigne “D. Federico García Sánchez durante su viaje  por tierras de América con el propósito de  exaltar a España y su gran Cruzada”.

            Págase por dous retratos do “Generalísimo”, un do Xeneral  Queipo de Llano e outro do Xeneral Mola  21 pesetas.

            O 19 de Febreiro do 1938 acórdase  contribuír con 50 pesetas para a erección en Baamonde dun mausoleo  o “Teniente Coronel D. Jesús Teijeiro” morto  no fronte de Asturias.

            Consignase na acta o cambio de nome da rúa Progreso polo de “José Antonio Primo”.

            Cédese o antigo consistorio da praza de España para  destinalo para as seccións femininas de F.E.T e das J.O.N.S.

            Acórdase por unanimidade repoñer os selos oficiais, o antigo escudo da cidade optando por o usado no século XVIII que figurou nas bandeiras do glorioso Rexemento Provincial de Milicianos coas lendas e unha “Excmo. Ayuntamiento de Mondoñedo” e noutro “Alcaldía de la M. N. F. Ciudad de Mondoñedo”.

            Na sesión do 5 de maio acórdase  contribuír con 50 pesetas  as organizacións  xuvenís de Falanxe Española Tradicionalista  y das JONS para adquisición de tambores e cornetas.

            Acórdase rebaixar a pequena horta  encostada á fachada lateral esquerda desta casa Consistorial  a fin de sanear a planta baixa  da mesma  e construíndo a tal efecto  un muro de contención  do  xardín de propiedade  da señora viúva de  Michelena  o cal sobre a propiedade de esta había de medir  un metro e vinte e cinco centímetros  e colocar  en dito muro que había de ser rebocado  o mesmo que o lateral dereito do garaxe inmediato  imitando  a silleria da casa consistorial, una lápida conmemorativa da iniciación do Glorioso Movemento Nacional,  a cal había de ser Cerámica de Talavera  e cerra con un enreixado a liña resultante da fachada principal da casa consistorial e do expresado garaxe  o local  que entre ambos edificios   quede como consecuencia   da desaparición do citado horto o cal será obxecto de base de xardín; deixando en dito enreixado  unha porta  de aceiro de un metro e sesenta  centímetros de ancho e abrir unha porta  na repetida  fachada lateral  no local  cuberto por a horta que desaparece  e sanear dito local  facendo se o efecto as obras precisas tamén de reparación  de cañarías e sumidoiros  de desaugues residuais  da consistorial  e dotar a mesma dun caño de cinc para a recollida de  augas pluviais.

            O 13 de xullo acórdase a construción dun kiosko para a venda de propaganda de conformidade a  proposta formulada a Alcaldía polo sr. Delegado de Prensa  e propaganda  da Falanxe  Tradicionalista. Debido a dificultade económica do Concello (atópase embargado pola Deputación  Provincial) se reserva a adaptación do modelo  pola expresada organización e reservase  a propiedade do uso do dito kiosko para ser utilidade do concello no sucesivo para fins propios. Para tal efecto foron nomeados os concelleiros Barja e Insua.

            Na Sesión ordinaria do 20 de agosto a proposta do alcalde  se acordou instalar  no primeiro tramo do “callejón contiguo”  a la igrexa parroquial de Santiago  a Fonte  pública  existente o lado da Casa Consistorial.

            O 26 de Agosto debido o próximo cumprimento do segundo centenario do  Santuario dos Remedios  constituir a ofrenda anual a Venerable Imaxe e proclamala  patroa  do Excmo. Concello.

            En sesión do 20 de  Xaneiro de 1939   se acorda denegar o pago da factura a empresa BEGA por importe de 344 pesetas e 98 cms. por iluminación das forzas  que estiveron destacadas  na Alcántara  por considerar que non corre a conta do concello.

            O 5 de maio o concello de Ferrol invita  a este concello  para contribuír coa cantidade de 50 pesetas  para a bandeira de combate do Cruceiro Galicia.

            Na sesión de maio acórdase o rexistro dos establecementos que poidan  ter  trigo, fariña, aceite, zucre e arroz debido a escaseo deles e non só os comercios matriculados  senón os locais que se sospeitan dedicados  o trafico dos expresados  artigos.

            O 21 de agosto o Delegado de Organización Xuvenís de Falanxe  Española Tradicionalista  e das JONS  de esta localidade suplican lles concedan una subvención para o envío de tres camaradas  o campamento de verán que organiza a Delegación Provincial.

            En sesión do 26 de Agosto  ofrecese o ex-Convento de Alcántara  para instalación de forzas militares  permanentes nesta cidade.

            O médico D. Arturo Cayón foi reposto  no seu posto de médico de Asistencia pública  domiciliaria  deste municipio  por resolución do 28 de Novembro.

            Na sesión do 5 de marzo de 1940 acórdase dotar de un andel  para arquivo e ficheiro dentro do presuposto de 200 pesetas  para as oficinas  da compañía da garda civil.

            O cinco de xullo  as dezasete horas  se recoñecerá e sinalará  o “mojon”  común os termos municipais de Riotorto, Lourenzá  e Mondoñedo no punto coñecido por “Pena do Porco”  e o día oito as oito e media  da mañá dar igual comezo o recoñecemento da liña  e termo  e señalamento  de “mojones” comúns a os municipios desta cidade  e Riotorto.  


                             

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal