20:59 Martes, 12 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

03-10-2017

Análise dos posibles escenarios que aparecen despois do referendo sobre autodeterminación realizado en Cataluña

1-O: abrindo o cadeado

Valorar (9)

ÀLEX ROMAGUERA



Os principais partidos españois cualificaron o referendo onte como un "golpe á Constitución". Seguramente é a única coincidencia cos axentes políticos e sociais que a promoveu. Unha lectura con dúas caras que revela a dimensión histórica que xorde detrás da convocatoria e os feitos acontecidos durante o día. 893 feridos, decenas de colexios electorais precintados a sangue e lume e o boicote permanente do sistema falan por si mesmos.

Xa veremos o percorrido que terá, mais coma pouco este 1 de outubro vai deixar no imaxinario colectivo un desencanto político  de difícil solución, como é a dignidade de millóns de persoas exercendo un dereito democrático e, por enriba, a represión policial ditada por Madrid. Pero aínda máis: cada unha das papeletas que foron depositadas onte son un golpe para a liña de flotación do réxime construído hai 40 anos baixo o barullos de sabres franquistas. Un sistema de goberno que permitiu ás elites extractivas usar todos os resortes do poder a costa dos dereitos básicos das persoas e das nacións que compoñen o Estado.

Maila a choiva e as limitacións loxísticas que presentaba a xornada, na retina manterase a existencia dunha maioría social consciente que quer conseguir a liberdade sen pedir permiso, é, por outra banda, un réxime en caída libre, corrompido até a medula e incapaz de ofrecer un proxecto inclusivo e de progreso para quen os que queiran escoitar. Como dicía alguén durante o longo reconto de papeletas, algo deixou claro o 1 de outubro, non existiu falta de garantías no referendo de autodeterminación, senón falta de garantías do sistema político herdado da ditadura.

Máis aló do que aconteza nas próximas horas, no ambiente político aparece o interrogante sobre a oportunidade que o proceso catalán poda facer saltar o encadeado do 78. Este foi formulado baixo o impulso emancipador que arrastraría aos demais pobos e sectores populares á promoción de ciclos constituíntes que modificasen o "estado das cousas". Porén, se analizamos as declaracións escoitadas na mesma noite de onte, configúrase unha realidade que apunta cara outra dirección.

De momento, Podemos, mareas e outros auto-proclamados herdeiros do 15M que poderían aproveitar a crise que desencadeou o proceso catalán, non parecen capaces de articular un bloque que asalte as institucións e de paso a un escenario de ruptura co status quo, ao contrario, este espazo tende a converterse no terceiro actor en discordia diante do bipartidismo PP-PSOE que, cos seus pactos, só aspira a conservar o poder sen alterar o principio da unidade territorial e as doutrinas marcadas pola Troica.

Fará falla tempo para ver se isto cambia. En calquera caso, o 1 de outubro certifica politicamente a desconexión que Cataluña comezou tras a sentenza coa que os xuíces do Tribunal Constitucional se cargaron o Estatut en 2010. Pero non só iso, fornece a vontade dunha gran maioría das catalás e cataláns de construír unha república independente para repensalo todo. Unha dinámica que continuará este martes cunha folga xeral e que se reforza nun ciclo democratízante e cheo de ilusión. E esta fórmula, á espera de compartir outros compañeiros de viaxe, está resultando gañadora.

[Artigo publicado en directa.cat/1-obrint-cadenat]

Traducción de André Abal Mauricio


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal