02:44 Mércores, 22 de Novembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-08-2017

Il serán os modestos “bugallos”, os orixinarios de tan extensa lista de topónimos?

BUGALLO, BUGALLEIRA, BUGALLIDO, BUGALLAL,... :Familia responsábel dunha chea de nomes de lugares e de apelidos de xente do noso País

Valorar (12)

CÉSAR VARELA GARCÍA



Moito nos ten intrigado o feito de que a coñecida excrescencia dos carballos teña sido quén de ter orixinado unha tan enorme familia de topónimos.

Para resolver a cuestión da posíbel orixe de tais topónimos acudimos á opinión de dúas autoridades na materia.

En primeiro lugar consultamos a imprescindíbel obra para estes temas que é, a “Fitotoponimia galega” da autoria do lalinense prof. Navaza.

Citamos : “O galego, português e leonês bugallo, bugalla coas variantes (bogallo,bogallo, etc.), é voz de orixe desconhecida. Corominas propón unha orixe céltica a partir de * BULLACA que dificilmente explica a palatal das formas galegas e portuguesas. O mesmo defecto ten a forma proposta por M. Pidal, que parte dun cruzamento dos termos latinos BULLA “ burbulla” + GALLA “galada”...

Elixio Rivas, seguindo a G. de Diego, defende tamén unha orixe latina resultante dun cruzamento, neste caso de BACA”baga” e GALLA”galada”.Esta hipótese mantén a mesma dificultade fonética, que E. Rivas obvia supoñendo um derivado *GALLEA, que é o mesmo que explica em galego, gallo, galla “póla de arbore”.

....pois Sarmiento recolle “bogallo” como um dos nomes galegos da “nocella” ou “quitamerendas”, “bogallas” como denominación das landras localizada em Viveiro, e “bugallón ” como nome dunha planta que non poidemos identificar, que noutros lugares chaman “lanzoa” ou  “lanzoá”,... Merino cecolle tamén “bugallón ”como nome de duas espécies de ranúnculo: o “ranunculus Steveni”, tamén chamado “herba dos mendigos”e mais o “Ranunculus flammula “,... Refírase ou non ás excrecências dos carballos ou a algunha outra espécie vexetal, cremos que o significado na toponímia é sempre fitonímico, non sendo tal vez nas formas simples “bugallo”, “bugalla”, que poderían constituir algún tipo de metáfora oronímica para caracterizar um penedo ou formación pétrea ou ter orixe antroponímica.

O prof. Navaza non concorda coa opinión que sobre o topónimo BUGALLEDA mantén o toponimista português A. de Almeida Fernandes, e así o expressa ao mesmo tempo que recolle a opinión sobor do tema do filólogo lusitano:

“Non parece admisible a interpretación que dan Silva e Almeida Fernandes para um topónimo português paralelo: “BOGALHEDA BUGALHEDA.Nao nos parece ter seja o que for com “bugalha” ou “bugalho”, a excrescência das folhas de certas plantas, sobretudo o carvalho: não seria natural, numa designaçao toponímica, preferir-se, para ela,o acidente do objeto ao próprio objeto - ou no caso, a excrescência á planta excretora. Acresce que, ainda hoje, os filólogos divergem sobre o étimo da palavra – razão esta porem que é a que menos importa. O melhor, parece-nos,é partir do latim BUCULA “bezerra”, e considerar “buculia” o seu derivado, e este com seu derivado * “buculieta”( processo que mutatis mutantis também explicaria o topónimo BUGALHEIRA etc. ). E assim antes de “Bugalheda” teriamos aqui “Bugulheda”, onde se deu a dissimilação forzosa   u-u > u-a. E estaremos assim em presença de um topónimo pastoril- perfeitamente compreensível na localidade e sua região ”.

Velaí ficaron expostas as dúas opinións sobre o tema:

1ª) A da procedência vexetal do topónimo, sexa da excrescência do carballo, ou de outro tipo de plantas como suxiren o P. Sarmiento e o prof. Navaza.

2ª) A procedência dun animal doméstico como é a vaca, neste caso, a becerra ou “bucula” latina conforme sustén o filólogo lusitano.

A nossa metodoloxía (materialista-histórica) lévanos a rexeitar a procedência vexetal,  pois entendemos que, unha excrescência do carballo, de nulo valor na economia do labrego, non podería xenerar um complexo toponímico tan presente na nossa Terra.

Os outros vexetais que se aportan como posíbel orixe do nome, tais como as “quitamerendas” ou as diversas espécies de “Ranunculus”, son tan efímeras no tempo e de tan pouca importância económica na atividade agrícola, que non terían entidade suficiente para seren responsábeis dunha família toponímica tan presente na paisaxe toponímica de Galiza e de Portugal.

Em principio parecíanos mais pausible a doutrina do sábio português A. de Almeida Fernandes  ao facer derivar o nome de “bugalha” da “bucula” latina , vaca nova ou becerra. De feito foi esta a nossa primeira hipótese de traballo.

De todos os xeitos algunhas cousas non ficaban craras neste plantexamento, velaí:

Por qué, esa especialización  nas “becerras”, e non nas vacas adultas ou mesmo os bois ?

E de ser así, que relación pode haber entre as bugallas dos carballos e o gando vacuno xa que comparten o mesmo nome?

Esto e outras consideracións  leváronnos a elaborar unha alternativa  a estas dúas opinións antes expostas.

Reparade que hai duas palavras da vida diária que sonan igual pero designan cousas totalmente distintas:

O adxetivo BOVINA estase referindo evidentemente ao gando vacún, mas o substantivo BOBINA fai referencia a algo que da voltas ou envolve, p.ex. a “bobina” dun motor.

Entendemos que no caso do nosso topónimo non estamos diante dunha referencia ao gando vacún senon a um xeito de delimitar pedazos de monte ao facer “rediles” envolvendo.

Traballamos,pois, coa idea xa comentada noutro traballo , de que detrás do nome de, MONTE DO BOI, está um VOLUI latino, em referencia a unha “bouza” ou curro pastoril.

E por tras do nome de BUGALLO está a palabra latina VOLUCACULO , ou, VOLUCALIO. A idea que rixe é a de “ envolver”, facer unha envolta, armar um curro ou redil , que valeria para todo tipo de gando , tanto vacuno como ovino.
VOLUCACULO > VOUGALLO > BOUGALLO > BUGALLO ou BOGALLO.

Como o noso VOLUCACULO ou “bugallo” expresa unha delimitación ou “envoltura” do terreno, non sería descabido entender que fosen simplesmente “bouzas” ou reparticións do monte, independentes do tipo de gando que houbese.

Colocado así o tema ficaria por explicar que relación pode haber entre um BUGALLO ou simples excrescência dun carballo,  e o uso da mesma palavra para cualificar um curro de gando ou unha bouza de monte.

Em ambolos dou casos está subxacente a idea de “envolvimento” ou “encapsulamento”.

Os nossos labregos souberon desde sempre que aquela excrescência do carballo non era o seu fruto, a landra, senon unha defensa da árbore para “envolver” e aillar ao insecto atacante.

Ise in-VOLVACULO coincide coa idea de rodear um pedazo de monte para facer um redil ou unha bouza, e por tanto utilizando a mesma palabra.

Esa idea de “defensa” da árbore está tamen presente na repartición do monte ao chamarlle a estas partes de, DEVESAS (defensas).

Esa idea de “defensa” da árbore está tamen presente na repartición do monte ao chamarlle a estas partes de, DEVESAS (defensas).

Por fin, non foi o modesto “bugallo” do carballo o que deu orixe a tan ricaz família toponímica, senon a utilización gandeira e agrícola do nosso monte repartido em bouzas ou curros; en definitiva, BUGALLOS!    


[20-08-2017 10:47] salgado comentou:

Como sempre un delicioso artigo do noso compañeiro Cesar, nada que obxectar a súa metodoloxía (materialista-historica) agora ben non gañaría mais o análises si se empregara como complemento o método lexicolóxico?.
E o que a un servidor máis lle interesa non estará en tempo de divulgar nun libriño as achegas que o noso compañeiro esta debullando dende os tempos xa recuados de A Nosa Terra?.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal