17:38 Xoves, 23 de Novembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-08-2017

O total de cadáveres afogados e descubertos ata o momento eran vinte e dous

Noite negra na ría de Ribadeo. Afundimento dunha lancha en febreiro do 1819

Valorar (7)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Na noite do 10 Febreiro unha lancha de Abres que viña cargada de xente, leña e outros efectos para o mercado de Ribadeo, o amencer entre as catro e cinco da mañá naufragou. Con tal motivo a xunta de Sanidade de Ribadeo reúnese porque eran máis de 20 cadáveres os que xa saíron “y diariamente saldran más  respecto a las voces que corren pasan de 40 el número de ahogados en dha lancha”.

Nesta reunión se acorda que non habendo igrexa parroquial (Ribadeo) nin cemiterio segn   mandan as leis que deben “de humarse estos cadáveres en recinto aislado se podría formar un foco de putrefacción  capaz de difundir males  epedemícos que alterase la salud publica”, que o crego de Vilaselán enterre na súa parroquial catro cadáveres, no priorado de San Xoán de Ove na súa parroquial outros catro; na capela da Virxe do Camiño outros catro; e Ermida de San Lázaro outros catro; Dous no convento de San Francisco  e os restantes  nos escombros da igrexa  parroquial desta vila, advertindo o enterrador afonde  nos furados e derrame sobre os cadáveres cal e vinagre.

O alguacil fixo entrega o día once  despois do mediodía  un oficio para que o crego de Ove dispuxera  inmediatamente  dar sepultura na súa igrexa  parroquial  de Ove catro, catro da ermida da Virxe do Camiño e catro na de San Lázaro.

Sobre as tres da tarde, con pouca diferenza  chegou a casa do crego de Ove o escribano D. Thomas  Pillado e as súas costas dous carros con catro cadáveres sen mais acompañamento que a xente vida  por  curiosidade a presenciar a escena da entrega.

O crego de Ove non contento coa forma de actuar da Xunta de Sanidade de Ribadeo fai un escrito a di entre outras cousas: O total de cadáveres  afogados e descubertos ata ese momento  eran vinte e dous das cales me dirixiron catro para aquí, dando sepultura sen intervención ni noticia miña a catro na ermida de Ntra. Sra. do Camiño  e outros catro na de San Lázaro ambas ermidas no territorio deste priorato e da Xurisdición espiritual desta Encomenda de Portomarín onde son Vicario Xeneral, habendo aberto  as portas pola forza, descerraxando as pechaduras e volvendo despois a pechalas con chaves distintas  ou candados sin haberselles expedido permiso, orden para abrilas ou que se entregasen o efecto as chaves que resgarda un eclesiástico baixo as miñas ordenes (excepto a ermida de San Lázaro que foi aberta e reten a chave violentamente desde o mes de Agosto pasado o presbítero Don José Quitana  capelán dese Hospital. Me entregou a lista dos 12 cadáveres.

Da mesma maneira  que se fixo condución  “permitaseme decirlo así como se  conduce un buey desgraciado al matadero  con vilipendio  y degradación  de la humanidad  atropellando  por los derechos  de la jurisdicción eclesiástica sin haber motivo  alguno”… “ tamén di que o lance deu tempo e lugar mais que suficiente a todo, pois houbo nin puido haber perigo  próximo de corrupción nin aínda que estiveran hoxe (11) sen enterrar  pois o tempo esta frío pola estación e desgraza de afogarse as catro ou cinco o amencer do mércores dez do corrente e foron extraídos na mesma maña daquel día e algún ontes, continuando “ quiera Dios  que en este discurso del tiempo haya cuydado la junta de que los facultativos  hubiesen  aplicado a los desgraciado  todos los remedios del arte inmediatamente que fueron sacados del agua con especialidad los primeros para restituirlos  a la vida de la muerte aparente aunque a mayor pare es posible estubiesen y que a las mujeres preñadas las hubiesen hecho la operación cesarea para libertar los fetos y aplicarles  el agua del bautismo así como obro con aceleración para que se enterrasen los cuatro cadáveres en ove sin conformidad alguna”….

Toda esta queixa do cura de Ove era debido a que pensaba que como habían morto na parroquia de Ribadeo alí eran onde debían ser soterrados, como se facía cos soldados e outros afogados pois había lugares para enterrar os corpos.

No libro de defunción da parroquia de Obe do ano 1819 atopamos a partida e nos di no marxe: “Partidas de cuatro  cadáveres  ahogados en la Rivera de Espeirena  términos de Ribadeo que se enterraron en la Capilla de Buen Jesús  de esta remitidos por la Junta de Ribadeo”.

A Xunta de Goberno de Ribadeo remitira tres listas  cada una correspondente a catro cadáveres  para soterrarse na igrexa parroquial de Ove, catro na ermida da Virxe do Camiño, outros catro na de San Lázaro. Os catro que lle entregaron  foron soterrados coa Solemnidade debida y asistencia eclesiástica  facéndoos a miña costa  a súa función  fúnebre nesta igrexa  os que todos catro foron soterrados na ermida que se chama  do “Buen Jesús” termos de dita parroquia, porque na igrexa parroquial non puideron  ser soterrados a causa de ser a igrexa “recoberda, haber mucho número de gente y olfatear  cierta sepultura  de ella como se observo antes de enterralos”. Os outros oito das outras dúas listas no me foi posible poder facelo e como foi público os soterrou a Xustiza e a Xunta de Ribadeo sin dar parte delo a cura.

A lista dos soterrados na Ermida do Bon Xesús  di:

“el núm. Siete= un mozo de unos veinte años vastante grande, buen rostro y sin barba  con solo la camisa  de lienzo tapada  con estopilla correspondiente al número siete de los autos judiciales”.

“ el núm. Ocho = otro mozo pelo erizado con chaqueta de sajal color pardo, chaleco de lo mismo blanco on votons  y vetas pardas. Pantalón sumonte negro”.

“el núm. Nueve  = una moza de buen rostro corpulenta   bastante alta pelo cortado, color castaño obscuro como de veinte  a treinta años  en magas de camisa cuerpo  de lienzo y falda de estopa  y enaguas  de estopilla y medias de  lana blancas,  un justillo de pana negra viejo, unas sayas de vayeta”.

“al diez. = una mujer de unos quarenta  años, estatura  regular rostro trigueña flaca, pañuelo  blanco con listas  encarnadas  al cuello= Dengue  de vayeta negra, jubon usadao de vejar aceytuñado, un justillo encarnado  de crema  usado; sayas de estamena usadas = otras blancas  de estopilla del pais, medias franciscanas de lana”.

A nota leva duas pequenas anotacións: “se han de enterrar  con todo lo que llevan” “no lleva el pañuelo blanco con listas ni el dengue “.

A mencionada partida feita por don Bernardo Francisco Canteiro dí:

“Certifico  yo el infraescrito presvitero que en el día de hoy doce de Febrero  del año de mil ochocientos diez  y nueve con orden expresa  del Sr. Vicario General  he asistido  al entierro  de quatro cadáveres  los quales con orden del Ayuntamiento de la billa de Rivadeo  se entregaron a la parroquia  de San Juan de Obe  para que en ella se sepultasen y se han sepultado en la Capilla del Buen Jesús  de la referida Parroquia que son: Dos mozos y dos mugeres   de las quales  la  mas vieja tiene al cuello dos vueltas de Sarta la mayor parte encarnada  y lo demás negra de cuya señal  no hace mención la lista  del reconocimiento,  las medias  que en la misma  lista nombran Franciscanas  son de lana del pais azul, esta enterrada  a la mano izquierda  junto a la pared  de la misma hermita y a par  con ella una moza con las señales  que expresa la lista y además media vara de cinta en la ombrera del lado derecho =  Enseguida  hacia a la mano dra. El mozo de los veinte años; en el medio de la hermita  otro mozo del pelo erizado  y para que así conste lo firmo.” Bernardo Francisco Canteiro

Soterramentos na parroquia de Ribadeo.

“Quatro cadaveres”.

“En once  de Febrero  año de mil ochocientos  diez y nueve se dio sepultura  eclesiástica  en el Cementerio  de esta villa a los cadáveres  siguientes procedentes  de la lancha de Abres  que para el amanecer  ayer naufragó en la playa de Figueirua a Villavieja viniendo con Gente, leña  y otros efectos  para el mercado desta villa el de Isavel Redondas soltera  de la parroquia de  Santiago de Abres concejo de Castropol, ovispado de Oviedo, el de Vicenta  tambien soltera  hija de Nicolás del lugar de Rúa de la misma  parroquia, el de María Rodríguez y el de su hija Rosa  soltera, residentes  en esta villa ha varios años: A estos cadaveres  como a otros varios que se sepulturaron  en la iglesia de San Francisco y en las inmediatas parroquias de Villaselan y Ove  se les hizo  en la iglesia  parroquial  de esta villa  las funciones de entierro y honras todo de caridad  y para que conste  lo firmo como cura propío de esta villa de Ribadeo ut supra.

Juan Franco  de la Iglesia”.

“ un cadáver”

“En quince  de Febrero año de mil ochocientos  diez y nueve  se dio sepultura  eclesiástica  en el cementerio de  esta villa  al cadáver de un mozo de diez y ocho a veinte años  que se recogio  del naufragío  de la lancha de Abres  acaecido en la mañana  del diez de esta mes no se pudo averiguar  su filiación y vecindad  se le dijo lo que previene el ritual Romano para su entierro y fue compendido  en las funciones  que se hicieron  por todos los que se ahogaron en dicho día diez. Y para que conste lo firmo como cura  propío de esta villa de Rivadeo ut supra.

Juan Francisco de la Iglesia”.      


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal