19:08 Mércores, 22 de Novembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-07-2017

O P. Viterbo entende aldeia como “povo, pequeno sim, mas senhor das suas casas e fazendas”

“A miña aldea”: De onde ven ise nome de “ALDEA”?

Valorar (11)

CÉSAR VARELA GARCÍA



No diccionario de Estravís aparece:

Principio del formulario  

Final del formulario Aldeia:  

(1) Entidade de povoação que não é vila nem cidade.  
 
(2) Povoado pequeno, de poucos vizinhos, no campo. ≃ lugar, casal  

(3) Campo, âmbito rural.  

(4) A casa familiar com todas as suas dependências arredor. ≃ casal

[ár. al-dai'a]

Tamén coinciden en que a orixe é arábica, do árabe clásico “al-dai´a”, os diccionarios de F. Corriente, G. de Diego e consecuentemente o diccionario da RAE.

Con todas as prevencións que cumpran, nós ousamos oporlle a esta teoría dous factos que nos surprenderon moito:

1º) Esta palabra é totalmente descoñecida na lingua DARIYA, que é o dialecto árabe que falan en Marrocos.

Hai varias palabras que nos chocaron  ao entrar en contacto coa cultura marroquina:

Os nosos alumnos de Ceuta, ante a miña surpresa, descoñecian ise nome de AlDEA, e usaban o nomes de KÁBILA ou QARYA, para designar os lugares pequenos; daí entendemos a palabra andaluza de AL-QUERíA.  

Tamén descoñecen a palabra MEZQUITA, para designar o seu lugar de culto, que chaman de YENMÁ, cousa que nos levou, nestas mesmas páxinas, a pensar outra orixe para as MEZQUITAS galegas.

Tamén lle escoitamos chamar aos cáns, en lugar do árabe clásico “kelb”, de “xorro”, que entendemos unha escoitadela do portugués “cachorro”, xa que Portugal pintou muito nestas terras de Tánger, e Ceuta, e deixou o país inzado de fortalezas (outro panorama habería nestas latitudes de non ter perdido a guerra e a vida o xoven rei D. JOAN SEBASTIAO I!).

E ainda fun convidado por amigo tetuaní a comer  o que él chamou, unha REGUEIFA, que viña sendo como unha tosta ou filloa con mel. Loguiño pensamos na “regueifa” galega e a danza que orixinou!

2º) Se a orixe da palabra ALDEA, fose árabe sería de esperar ainda hoxe, que fosen mais abondosos os lugares así chamados no sul peninsular que no norte.  

Non acontece así! Se consultades un Nomenclator español, atoparedes os lugares que locen o nome de ALDEA, acumulados no norte e noroeste peninsular, e está cuase desaparecido no sul.

Cobarrubias no seu diccionario dí: “Bien podrá que esta palabra “aldea” sea arábica; no alcanzo su origen”

Se pasamos a Portugal, Leite de Vasconcelos contabiliza os lugares portugueses chamados de ALDEIA; resultan os mais numerosos Entre Douro e Minho, na Beira e no Alentejo; e só aparecen no Algarve, tres lugares con tal nomieira.

O Piornedo

Recollemos do etnógrafo luso alguns anacos encol do tema:

“En regra ligamos no nosso uso quotidiano á palabra”aldeia”, como em galego, á noçao de “campo em que se habita”, campo en sentido lato, amplidao campestre: “vou para a  aldeia “, “vivo na aldeia”,por oposiçao a uma povoaçao importante: cidade ou vila grande”.

“Fossem quais fossem os sentidos da aldeia, nao há dúvida que ela, no uso actual, significa povoaçao de tal ou qual tamaño ou conjunto de lugarejos; e,… esta palabra vive na nossa lingua desde a idade-média”.  

Entre nós, sempre vivemos a delicia que era “ir á aldea”, e falábamos sempre con cariño da “miña aldea”; era o lugar da nosa orixe, onde tiñamos as raíces e o contacto coa natureza; e que tristeza percebíamos entre os nenos das familias que “non tiñan aldea”.  

Os da aldea, os aldeáns, eran os que vivían, dentro da mesma língua, da mesma cultura, pero no campo, foras das murallas da vila ou da cidade.    

Nós recollemos esta idea de “extramuros”, para prantexar unha orixe latina que contornaría as dúas chatas que lle atopamos á teoría arábica.  

Relacionámolo coa palabra ALEDAÑO , “Vocablo antiguo pero hasta oy usado en las escrituras de compras y ventas de posesiones; quasi alindano, de linde”  

Unha ALDEA, sería pois unha Terra ALINDENA >ALINDEA > ALNDEA > ALDEA.  

Ou AD-LATANEA >ALADAEA > ALDAEA > ALDEA.  

En ámbolos dous casos está recollida a idea de terra de fora das murallas, pero ao pé delas; que está “ao lado ”.  

Entendemos que a palabra xurdíu paralelamente ao nascemento das VILAS medievais; os de dentro da vila tiñan os seus foros; cumpría pois ,unha verba que designase a situación do asentamento extramuros ainda que baixo a mesma xurisdición; así aparece a palabra ALDEA para designar tal situación.  

Así pois, VILA e ALDEA son as duas caras da mesma moeda.    

A palabra xurde pois, no ambiente cristián e con palabra latina,para definir un novo estatus de asentamento da poboación.    

No diccionario da Academia das Sciencias de Lisboa define aldeia así:

“Povoaçao menor que lugar, sem jurisdiçao sobre si, nem privilegio de villa ou cidade, cujos moradores sao vizinhos da villa ou cidade em cuja jurisdiçao vivem ”.  

Definición que encaixa  ben a nosa etimoloxía  latina de “colateralidade ” e “extramuros”.  

E para rematar unha cantiga que L. de V. recolle no ALANDROAL:  

Ó aldeia, ó aldeia  

Onde estao os teus    

Aldeanos?  

Foram pela Hespanha dentro  

A brigar c´os Castelhanos.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal