07:42 Martes, 12 de Decembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

01-06-2010

Unha actuación que se pode cualificar claramente como terrorismo de estado

Israel asasina a varias persoas e a administración Obama, máis unha vez, lamenta pero non condena ao seu socio

Valorar (28)

Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez



A actuación do exército israelí asasinado a 16 persoas en augas internacionais amosa unha vez máis a brutalidade do réxime sionista, cunha actuación que se pode cualificar claramente como terrorismo de estado, e a complicidade dos Estados Unidos con todas as actuacións israelís.

Nesta ocasión non se pode falar de ataque preventivo, ao ser público e notorio que os barcos atacados formaban parte da Flota da Liberdade e nin levaban armas nin estaban tripulados por guerrilleiros palestinos. Os seis barcos nos que viaxaban varios centos de membros de ONGs, intelectuais e deputados transportaban dez toneladas de material de construción, equipos médicos e produtos básicos con intención de axudar aos habitantes da franxa de Gaza; esta información era pública ao igual que se sabía que Israel tiña intención de interceptar os buques. Por tanto as denuncias feitas polo exercito israelí de que só respostaron ao ataque de membros de Hamás e Al Qaeda non as cree ninguén.

Simboloxía da Fronte Popular para a Liberación de Palestina

A Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez quere amosar a súa máis firme condena a este ataque israelí contra inocentes e á estratexia de provocación dun estado que a cada pouco se salta a legalidade sen que até o momento nin as Nacións Unidas nin a comunidade internacional adoptaran medidas máis alá das lamentacións, actitude que amosa as dúas varas de medir que algúns empregan, pois nos últimos meses temos asistido a sucesivas condenas internacionais contra Irán sen que producira un feito de tal gravidade, e o mesmo podemos dicir das noticias publicitadas amplamente en medios occidentais na última semana sobre unha suposta actitude agresiva de Corea do Norte para co seu veciño do sur.

Esta nova agresión israelí prodúcese a poucos días dunha importante reunión que se ía celebrar en Washington entre o goberno israelí e a autoridade nacional palestina, e como non cremos nas casualidades vese ás claras que Israel poñendo novos mortos enriba da mesa busca paralizar calquera tipo de acordo que puidera permitir avanzar ao pobo palestino na consecución da súa plena autodeterminación e voltar a crear unha situación de violencia e tensión na zona. Para a Fundación Bautista Álvarez é necesario traballarmos desde a Galiza para reforzar a solidariedade internacionalista con todos os pobos do mundo, onte co cubano, hoxe co palestino.

1 2 seguinte

[02-06-2010 10:57] Eu comentou:

Ten razón marusía, eu lembro cando nun programa da tele un rapaz lle preguntou a Zapatero se sabía cantos civís e nenos palestinos mataran as armas que o seu goberno lle vendía ao réxime sionista. Non soubo onde meterse...

[01-06-2010 19:47] marusía comentou:

Ás veces, os países que lle venden ARMAS a Israel, tamén deberían ser criticados, canto menos, unha chamada de atención, e , estoume a referir , a España, é dicir, o Goberno espñol, vende armas a Israel , proba delo , ( comprobaredes que non está todo o informe )

ESPAÑA SEXTO PAÍS EXPORTADOR MUNDIAL DE ARMAS
El análisis de las primeras estadísticas oficiales tras la entrada en vigor de la Ley de Comercio de Armas muestra graves deficiencias en su aplicación
España (29-09-09)
Las ventas de armas a países como Colombia, Israel o Sri Lanka incumplen la Ley
Madrid/Barcelona.- Un estudio elaborado por Amnistía Internacional, Intermón Oxfam, Greenpeace y la Fundació per la Pau sobre las estadísticas oficiales de transferencias de armas en 2008 confirma que España exporta material de defensa a destinos en los que éste puede contribuir a cometer violaciones de derechos humanos, exacerbar conflictos armados o deteriorar su desarrollo sostenible. Según las organizaciones, el Gobierno sigue sin facilitar información precisa sobre los criterios que han permitido autorizar exportaciones a países con un historial preocupante como Colombia, Israel, o Sri Lanka, entre otros.
Las organizaciones reclaman una vez más al Gobierno el pleno cumplimiento de la legislación española, la normativa europea y las obligaciones de España en virtud del derecho internacional a la hora de autorizar o denegar licencias de exportación de material de defensa y de doble uso.

Según el informe de las últimas estadísticas anuales presentadas al Congreso de los Diputados, en 2008 se realizaron transferencias de material de defensa por valor de 934 millones de euros, una cifra ligeramente superior al año anterior a pesar de la crisis económica. Según el prestigioso Instituto Internacional de Estudios para la Paz de Estocolmo (Stockholm International Peace Research Institute, SIPRI), esta cifra coloca a España como el sexto país exportador mundial, por detrás de Estados Unidos, Rusia, Alemania, Francia y el Reino Unido.
En 2008, España autorizó transferencias material de defensa, otro material y armas de caza y tiro deportivo por importe de más de 3.000 millones de euros, casi el triple de las operaciones realizadas ese año. Esto significa que hay una serie de operaciones que fueron aprobadas pero no se materializaron en 2008.

También es preocupante que el Gobierno español, aunque ha ofrecido explicaciones sobre el destino y material exportado, siga sin plantearse la urgente necesidad de suspender las exportaciones de material de defensa y doble uso a Israel (157.200 euros autorizados y 2,3 millones euros realizados en el 2008) hasta que no haya garantías fiables de que no se utilizarán para cometer violaciones del derecho internacional humanitario; y las autoridades de este país colaboren con las investigaciones para esclarecer las violaciones de derechos humanos perpetradas durante la crisis de Gaza.

A partir del 5 octubre, la Asamblea General de la ONU inicia los debates sobre una resolución cuyo fin es que en 2010 se convoque una Conferencia de Estados para redactar un Tratado sobre el Comercio de Armas.
Categorías: Armas , España
Ficheros:
contrainforme2009.pdf
Más información
Gabinete de prensa de la Sección Española de Amnistía Internacional, Telf., 91 310 12 77
Centro de Documentación de AI: doc.es.amnesty.org.

[01-06-2010 13:53] Abelardo X del Caño comentou:

En primeiro lugar debemos-lle as familias dos falecidos os nosos respetos! xa que logo a sua actuación tan noble, que ben podería ter sido feito por Gandhi ou o Dr. King, recibiron tan triste final. En segundo non temos mais remedio que compadecernos dos xudeus xa que, si ben é certo que teñen dereito a un pais, nunca poderá ser por riba dos dereitos mais elementais de outros, neste caso os palestinianos, vítimas iñocentes dun rexime, non o esquezamos, que xa a ONU calificou de racista. E digo compadecernos do povo xudeu porque cada asesinato, cada morto, cada acto irresposabel e terrorista do seus, mal chamado, exercito e partidos políticos, quítanlle forzas os fundamentos do Dereito Internacional moderno fundamentado nos xuizos de Nuremberg, e que xuzgou como crime contra a humanidade o xenocidido. Xustamento o mesmo que agora, intentan perpetrar contra o pobre povo palestiniano, e polo tanto, é aí o quid!! restánlle fundamento a primitiva ideia dunha patria para os xudeus.

[01-06-2010 13:38] Carnacedo comentou:

Alguén me pode dicir que diferencia existe entre Israel e os Nazis?

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal