11:10 Sabado, 19 de Agosto de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-06-2017

O feminismo é unha forma de vivir individualmente, e unha forma loitar colectivamente

Nin machista, nin feminista: humanoide

Valorar (16)

HELENA VILAS VIÑAS



Advertencia: este artigo pode ferir sensibilidades polo extremadamente básico do seu contido sobre un termo tan aterrador como é o feminismo. Pode conter trazas moi radicais non apto para persoas susceptíbeis.

Ultimamente hai un tema que me ten realmente confusa, e digo ultimamente porque o longo da miña vida din por feito que a xente que me rodeaba pensaba igual ou parecido a min, por iso nunca tiven a necesidade de discutilo ou empezar debates como calquera outro ao respecto... pero dun tempo para aquí, coñecín moitas e distintas opinións, por isto das redes sociais,... méteste de cheo en moitas mentes e vés que unha inmensa maioría ten visións moi diferentes, totalmente contrarias ou non ten os conceptos tan definidos como os tes ti, palabras ou termos, que das por feito que todo ser humano as ten claras e en orde no seu cerebro, a día de hoxe; ano 2017, século XXI, aínda queda xente que non sabe describir ou definir algo tan obvio (e tan complexo á vez) como é o feminismo. Hai millóns de exemplos, pero vou a destacar un recente, un vídeo. Un vídeo onde se lle da importancia a unha señora “famosa” que pronunciou esas frases que soes escoitar nas ceas de Nadal propias deses encantadores cuñados: “yo no soy ni machista nin feminista, soy persona”, “los extremos siempre son malos”, “el feminismo a día de hoy, ya no es necesario”. O único que me gustaría preguntarlles a estas persoas é o por que ese rexeitamento a palabra feminismo? Quero pensar que se trata de descoñecemento máis ben... O feminismo non é sinónimo de machismo, porque inventan outros conceptos para non nomear a palabra feminismo, como igualitarismo ou humanismo? Que medo hai en pronunciala? Cría que esa repulsión a esta palabra só se situaba preto da Conferencia Episcopal, enriba xusto da ultradereita, pero fai pouco que me din conta que esta palabra asusta até o máis esquerdoso, eles mesmos se delatan cando estes che intentan dicir como ten que ser o feminismo.

Exemplo: “a liberación feminina non é un asunto de xénero, se non de clases”   ¿?  Vale, a ver, perdoa; que eu saiba o machismo existiu moitísimo antes da chegada do capitalismo, acentuouse coa aparición deste sistema e grazas a elo nútrese esta desigualdade,  pero é obvio que co transcurso dos tempos e das distintas sociedades o patriarcado expresouse de moitas formas moito antes.

Non vai ser a primeira nin a última vez que escoitemos afirmacións, preguntas ou sentencias tan rotundas e taxantes como o exemplo anterior, e quero expresalo nuns simples puntos e moito menos escueto de como o define a RAE:

  • O feminismo non combate ós homes, se non ó sistema patriarcal.

  • O feminismo é a loita para que todas as persoas teñamos os mesmo dereitos e as mesmas oportunidades.

  • O feminismo reivindica a equidade de sexos, polo tanto benefícianos a TODOS.

  • O feminismo é un movemento humanitario.

  • O feminismo é o fin da violencia machista.

  • O feminismo nada ten que ver co radicalismo, non é un extremo.

  • O feminismo NON defende a supremacía das mulleres.

  • O feminismo NON é hembrismo.

  • O feminismo é igualdade.

Porque non se pode crer na igualdade e non ser feminista, iso é como si es defensora dos animais, pero gústanche as corridas de toros... o problema está na confusión do termo, esa errónea percepción da palabra en sí,  que calou nas mentes de moitas persoas facendo crer que o feminismo busca a mesma desigualdade da cal as mulleres estivemos sometidas o longo da historia. E o certo é, que é extremadamente frustrante, sobre todo cando intentas explicalo, e sen ningunha argumentación lapídante con palabros como: “Eres una feminazi”, ou outra, esta é nova, recén sacada de mentes creativas; “lo que tú tienes es femichismo...”

Tantas teses, tantos ensaios, tantas reflexións, séculos de loita para promover o movemento feminista e todo para acabar sendo nin feminista nin machista, se non persoas. Bevoauir estaría orgullosa desta sociedade.

Mais non imos deixar que a nosa loita sexa abatida por o mal uso que fan algunhas persoas dela, porque a risco de desmontar teorías avaladas cientificamente por cuñados modernos, sempre berraremos ben forte en calquera curruncho do planeta unha cita de que nos ela nos deixou; O feminismo é unha forma de vivir individualmente, e unha forma loitar colectivamente.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Manifestación do Día da Patria Galega de 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal