11:10 Sabado, 19 de Agosto de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-06-2017

No seu territorio atopamos tres ermidas, a da Virxe do Socorro, San Carlos e San Alberte e da Virxe do Carme

A rilleira de Ambrós: Ambroz

Valorar (5)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



A Dª Modesta e sua neta.

Hoxe en día corresponde coa parroquia do Carmen. No interrogatorio que se fai co motivo do Catastro do Marques da Ensenada, con data do vinte e nove de marzo do ano mil setecentos cincuenta e dous, se delimita da seguinte forma os seus territorios. A rilleira de Ambroz  ten de levante  a poniente media legua e de circunferencia legua e media. Para percorrerse a un paso regular  se necesitan seis horas polo penoso e montañoso. Os  seus lindes son: “principando en el puente nombrado Ruzos, río arriva hasta el rego que tiene  de la fuetne nombrada das Donas subiendo por este a  riva  por la parte del Sur  hasta otra fuente y desde esta en derechura  a la pena que llaman del morto hacia el levante colindando  con montes de la feligresía de Santiago de Lindin  y desde dha pena a lo alto  del monte que llaman de Camba dividiendo  el coto de Zime  de Vila y feligresía  de Santa María de Villamor en derechura  por el norte  de dar en el río que llaman Sierra  de Agua subiendo parte del poniente  a la puente de San Lázaro siguiendo río arriba  hasta otra puente de Ruzos primera demarcación dentro de los cuales se halla  incluso el coto de Otero de que es dueño  Don Isidro  Joseph  Vaamonde”.

Nestas terras abundan os maceiros, pereiras, cerdeiras, nogueiras e castaños. Recóllese trigo, centeo, nabos, maiz castañas e noces.

Impostos e décimos


As terras dese termo teñen que pagar os décimos de todos os froitos  que se recollen, a excepción da verdura  e o das terras  pertencentes o Hospital de San Pablo  e San Lázaro  e as de Don Antonio Vicente  de España y Luna veciño da cidade da Coruña que leva en foro  da Dignidade Episcopal de Mondoñedo. Tamén se paga  pola leite das vacas desde o domingo de Pascua de Resurrección ata o día  vinte catro de xuño, o mesmo de Cordeiros  da la das ovellas, carneiros, cabritos e carne  dos porcos que matan, castañas e noces  e todo o xénero de froita. Son percibidos unha cuarta parte polo cabido da cidade  e as tres restantes polo tesoureiro da Catedral.

En 1750 habitaba no Couto de Otero Tomás López, de profesión gaiteiro, e a súa dona Margarita Bouso, tiña como obrigación de tocar gratuitamente  a gaita  todos os anos  o día da Santísima Trinidad.

Nela hai trece muíños, cinco se atopan no sitio que chaman o pasatempo e son de D. Nicolás de Luaces e Utón, outros dous no sitio de Baloria de Don Francisco Pillado, outros catro  no mesmo sitio e son de  D. Antonio de Vivero  cura de Santiago de Quende e Don Joseph de Aguiar cura de San Salvador e San Cristóbal de Couzadoiro e outras dúas o mesmo sitio de Don Joseph Tomillo veciño de San Thirso de Portocelo.

Tiñas colmeas Antón Díaz Villapol seis, Pedro López Teixeiro cinco, Luis de Esquerdeiro seis e Gabriel Rodríguez seis. Había dous cregos os irmáns D. Antonio e  Bartholome Costa. Dous xastres, Rosendo Ferreiro e Gregorio Rico e dous zapateiros Miguel da Insua e  Francisco Bargueiras, o cal era tamén curtidor.

Había unha escribanía a de Isidro  Fernández Valledor  escribán da súa maxestade o col tiña uns ingresos de 2.500 reais o ano.

Feira de Ambroz


O 21 de xaneiro de 1769 concedeuse licenza para  celebrar unha feira ou mercado na rilleira de Ambroz. Esta situouse o carón do Santuario do Carmen. Alí se celebrou ata o ano 1835 que se traslada o Campo dos Remedios.

O porque o nome da parroquia do Carme

No seu territorio atopamos tres ermidas, a da Virxe do Socorro, San Carlos e San Alberte e da Virxe do Carme.

No século XVII, Juan das Góas, cego e morador no lugar de Santa Olalla, na rilleira de Ambrós funda a ermida de Nosa Señora do Carmen. De dita fundación nos muros da actual igrexa parroquial do Carmen se conserva una lápida que dí: “ A honra i gloria de Dios i de la Virgen nra. Sa. del Carmen  fundo esta hermita  Ju.º das goas  pribado de la vista corporal antes del ano 1664 i en ella a su petición y otros devotos la cofradia del sagrado escapularío dho año de 1664. En el año de 1679 fundo en el altar  maior una capellania patr.º de legos que loan de ser su sobr.º ant.º de leon i cartas i mas hijos de andres de Leon i Ant.ª das Goas chao i cartas  su mujer aquien  llamo p.ª capellanes i a los más sus parientes dejole renta i obligación de una misa cantada  día 16 de julio de cada un año es de la virgen – otras dos rezadas día de San Juan Bautista Evangelista i otra día de S. Alverte patriarca de Gerusalén  a 8 de abrill recada-renobose  la capilla mor. I faiose i la iglesia hizose portico y sacristía i todo se lastro a costa devos.  i cofrades de const.º  de dha ant.ª das goas patrona su hija M.ª  Carmela de 1688”.

Sendo mordomo da confradía da virxe do Carmen, D. José Jacinto  Vaamonde fanse os seguintes reparos: “De la propía manera  se ha reparado la capilla por la parte  de adentro  y su pórtico  con mas faltas  de revoque que en ella se hicieron  para que fueron precisos  cinco carros  de arena que tuvieron de coste  seis rrs. como igualmente  para lo m.º y blanco que se ha dado a la misma capilla  y portico  pr. la parte de adentro  y fuera con la sachristía  se han conduzido  siete anegas  de cal con que la servido un deboto pr. cuio trabajo pague a dos ofis. y un peon, ochenta  y dos reales”.

En xullo de 1883, promoveuse una gran revolta nas inmediacións do carmen “por haber circulado la noticia do que o bispo José Manuel Palacios, quería clausurar a ermida do Carmen”  Por esa mesma causa foi apedrado o palacio Episcopal.

No ano 1897 un 17 de abril fúndase a escola de Ambroz.

No pontificado do bispo Manuel Fernández de Castro, faise un novo arranxo parroquial separando da parroquia de Santiago dúas novas, a do Carmen e a dos Remedios. A do Carmen corresponde coa antiga rilleira de Ambrós. A actual igrexa parroquial do Carme foi construida a expensas do mencionado bispo e tivo de costo unhas 25.000 pesetas. O mestre que dirixiu as obras foi D. José Domenech. Na súa facha  luce a inscrición seguinte: “Anno MDCCCC/JESUS CHRISTUS DEUS HOMO/ VIVIT, REGNAT, IMPERAT”.

Os retablos da dita igrexa foron feitos nos talleres de Pascual Rubiños e dourados e pintados polo artista mindoniense Joaquin Montouto. Os cartos foron postos o do retablo maior por Dª. Manuela Fernández  de Estrada e os laterais por D. Manuel Ramos e o pintado e dourado por  D.ª Pascuala Cordido.

O 28 de xuño de 1905, recibiu sepultura o dito bispo Manuel Fernández de Castro, tal como había mandado el no seu testamento, nunha sepultura  situada ó baixar as escaleiras  da entrada do cemiterio.

O primeiro crego que tivo a mencionada parroquia foi Don Xusto Rivas, natural de Riotorto, anos mais tarde, bispo auxiliar en Santiago e titular de Plasencia.

O Couto de Otero

Dentro de la demarcación de la rilleira de Ambroz, había un couto que desde tempos remotos pertencía o mosteiro de Lourenzá ata que un 28 de Outubro do ano 1627 o capitán Pedro Fernández Vaamonde  e a súa dona  Doña María de Losada o adquiriron por 800 ducados de prata o convento de Lourenzá. Os seus lindes eran: “Conforme  texta  todo alrededor  con la jurisdicción del obispado de la ciudad de mdo. y como empieza  =en las bidueiras queestan arriba junto en el camino Real que biene  y ba para caxtilla y de allí ba todo por la agua abaxo asta  llega al molino  biexo  que fue de gomez do Río y fue de dona catalina osorío= y de allí  todo por el Rego  abaxo asta llegar al otro molino que quedo de santo domingo y ahora  es de sus herederos= y por allí abaxo asta llega ala agra  yeredad que quedo de Albaro do Chao molinero= y por  allí buelbe  por el Camino  que ba para los molinos de la ciudad y parte el dho camino la dha jurison.  de la del sor. obispo de mdo. = y  buelbe  por el fondal  de la Pumarega  de Diego Reigosa  escribano y por allí sube por donde biene  la agua del perigote= que passa por junto a la casa de Jn. Perez cerraxero y junto ala casa  nueba que aora hizo allí el dho cappan. P. Fer.= y de allí sube todo por la baliña a riba conforme biene el agua y por los sotos a riba asta bolber  derecho a las bidueiras que atrás quedan dhas esta  un marco junto della que parte la  dha jurisdicción con la del dho sor.  obispo”.

Sociedade de Gandos San Antonio e San Isidro da parroquia do Carmen


Foi fundada por numerosos veciños de dita parroquia no ano 1917, os primeiros cargos foron: Presidente, Francisco Graña Cabanas; Secretario, Xosé Cabanas González, Secretario, Xosé García Loboso; vocais, Pascual Marful, Xosé Graña Cabanas, Xusto  Anello e Mauel María Graña Cabanas. O 15 de agosto dese ano cobrouse a entrada e  entregouse a libreta ós socios. A Sociedade tiña catro vixilantes o de San Carlos que era Manuel Graña, o do Couto de Otero e Casas Novas Antonio López Salgado e o do Carmen Balbino Anello. O inspector era  Agustin Vazquez.

No ano 1918 se refunda a sociedade co nome “Sociedad de Socorros Mutuos de Ganado vacuno  con el nombre de Ntra. Sra. del Carmen”. A nova regulación foi redactada por Xosé García Loboso, Francisco Graña Cabana e Pascual Marful Villalba. Enviáronse dos regulamentos o Goberno civil da provincia para a debida inscrición, o primeiro presidente foi Xosé Cabanas. O 26 de Xullo teñen que facer frente a perdida dunha vaca de Pascual López valorada en 250 pesetas. No mes de Outubro foi nomeado presidente honorífico Fermín Díaz Fernández por aclamación.

A sociedade celebra todos os anos a festa de San Antonio con unha misa e paga dúas ducias de foguetes para a procesión.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Manifestación do Día da Patria Galega de 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal