03:26 Luns, 10 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

12-04-2017

Está formado polo gremio de mareantes da ribeira de Cabanela e polos do gremio dos mareantes da ribeira de Porcillan

O gremio de pescadores de Ribadeo

Valorar (6)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Está formado polo gremio de  mareantes da ribeira de Cabanela e polos do gremio dos mareantes da ribeira de Porcillan.

Esta confraría esta inclusa na igrexa colexiata parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, onde ten o seu altar e propio retablo, feito, pintado e dourado, a costa dos confrades e este atópase entre as capelas da nosa Señora dos Remedios e outra do Santo Nome de Xesús. O devandito altar fíxose e fabricouse con licenza do bispo D. Juan Juániz de Echalar con data do once de outubro de mil seiscentos corenta e seis.

O 24 de abril de 1693 a presenza do S. M. o comisario Dn Bartolome  Alvárez de Thorres, cura e prebendado da dita Colexiata de Ribadeo compareceron Antonio Freyre de Andrade veciño da Ribeira de Cabanel e do gremio dos mareantes desa ribeira e co poder destes e o alférez Pedro Lastra  de Fentiza tamén veciño de Porcillán e  do gremio dos mareantes da Ribeira de Porcillan e no nome destes, que por canto nos libros do mencionado gremio non se atopan as constitucións da devandita confraría xuntáronse en presenza do  señor escriban para redactalas e dar fe delas.

                Ordenanzas:

A véspera do día do Apóstolo San Pedro de cada un ano se a decir e diga  as súas vésperas solemnes como e costume  co seu responso cantado e o mesmo ese día do santo pola anima dos confrades defuntos.

Iten o día da festividade de San Pedro se diga misa no seu altar maior cantada  con diácono e subdiácono e por elo se pague de esmola oito reais o crego que fora de Santa María do Campo  e os prebendados  sacerdotes que se vestiren co dito creto para decir a misa maior un real a cada un. Esta a de ter sermón. O rematar esta farase procesión como e costume  que e saír dende a parroquial polo campo da vila e a os conventos de San Francisco e Santa Clara dela e volver  a dita igrexa co santo nas súas andas e insignias acostumadas.

A misa cantada do crego con primeira  e segunda vésperas  son dez reais. O mesmo se faga decir  e diga dito día de San Pedro seis misas rezadas polas ánimas dos confrades vivos e defuntos. Catro serán ditas polos catro prebendados da colexiata e as dúas que faltan, habendo sacerdote confrade  será preferido nas ditas dúas misas e non o habendo a elección dos mordomos cada un o seu. Estes han de asistir as vésperas  e o día da festividade axudar a misa e asistir a procesión.

Iten que os mordomos  han de ter obrigación de avisar o organista para que toque o órgano nas vésperas do santo e no día da festividade. Este non cobrara nada porque a dita confraría para a restauración do órgano aportou 165 reais coa obrigación que se había de tocar  nas súas funcións como esta capitulado cos señores Xustiza e Rexemento de esta vila.

As misas e sermón serán pagados por metade, unha correspondera o mordomo do gremio da Riveira de Cabanela e outra metade o do Gremio da Porcillán.

Iten que o dia do Glorioso San Pedro  de cada ano se nomeara por todos os confrades de dita confraría, así polos do gremio de Cabanela como polos do gremio de Porcillán de dita vila de Ribadeo  dous mordomos por cada unha o seu e han de servir e sirvan cada un ano enteiramente   a dita confraría  ye cada un deles seis meses alternando  e desde o día do glorioso Santo  en que entrará a servir dita confraría e o seguinte día ase de decir misa  rezada polas ánimas dos confrades vivos e defuntos e se pague de esmola dous reais de vellón a cal o a de pagar dito mordomo da Ribeira de Cabanela e a de correr co petitorio todo o mes de Xullo o de cada un ano; e o de agosto o dito mordomo de porcillán e esta conformidade todo ano cada un seis meses.

Iten que para a solemnidade da festa de dito día do glorioso San Pedro de cada un ano teñen obrigación os mordomos saíntes de entregar os mordomos entrantes toda a cera  e haberes da confraría a presenza do escribán confrade. Estando algún mordomo ausente da vila  a de facer entrega  o que estivera na vila e dalas contas  da súa etapa o fronte da mesma e pagar o seu alcance dentro dos seus meses na festividade do santo Patrón e non cumprindo e fora moroso, será condenado en  catro libres de cera para aumento da dita confraría.

E cando no tempo  de tomarlles ditas contas  han de asistir e asistan xuntamente co señor crego que fora da dita parroquial e escriban confrade, seis confrades, tres pola ribeira de Cabanela e tres pola de Porcillán, nomeados e avisados  para este efecto. Teñen obrigación de asistir a tomar as contas e que fora omiso  y non asistise será condenado a pagar unha libra de cera.

O día do glorioso Santo pola tarde farase elección e nomeamento dos mordomos  dentro da igrexa parroquial  con asistencia do señor cura  que é ou fora o escribán de dita confraría  e os mordomos saíntes  e no caso de non atoparse na vila por estar ausente  algún deles  o faga persoa no seu nome, con asistencia dos demais confrades  que se atoparan presentes. Primeiro se nomeara o mordomo da Cabanela  e despois o de Porcillán, e o anotalos no libro tamén se poñerá primeiro o de Cabanela. Feita a elección e nomeamento de mordomos estes recibiran cada un o seu ramo de maos do sr. Cura, o primeiro ramo o mordomo da ribeira de Cabanela e o segundo o da ribeira de Porcillán e o ano seguinte primeiro dito ramo o de Porcillán e despois o Cabanela.

As contas se tomaran primeiro na ribeira de Cabanela  e na casa do dito mordomo e despois os libros serán levados a casa  do mordomo da ribeira de Porcillan para tomar as súas contas, levando na súa compaña o escribán e a tres confrades. Acabado de tomar as contas os libros serán devoltos o mordomo de Cabanela, sen que este poida pretender cousa algunha.

E condición que o día da Cátedra de San Pedro que e no mes de Febreiro  de cada un ano se faga decir  o señor crego de dita parroquia  pola anima dos confrades vivos e defuntos e por ela se paguen oito reais.

Iten por conta nesta vila de Ribadeo os días festivos de cada un ano no ai misa de doce e a ela concorre moita xente de fora, non so fora desta vila senón mesmo da provincia de Mondoñedo, como o principado de Asturias e doutras partes  e solen quedarse sen oír misa, constituímos e  fundamos que todos os días festivos do ano perpetuamente se mande decir y aiga una misa  rezada as doce do día nas cales non entren as Dominicas  e se haxa que decir e diga no altar de dito glorioso San Pedro  e dita misa se aplicara  polo sufraxio e animas dos confrades vivos e defuntos  e por ela se pague de esmola tres reais de vellón. As ditas misas as dirá tendo o gusto o crego  que e ou fora de dita parroquial  e prebendados conforme a cada un tocar a súa semana. Non querendo  ditos señores prebendados  dicila, os mordomos que foran  busquen sacerdote que as dixera pola esmola de tres reais, cada unha delas e habendo sacerdote confrade ou fillo de confrade  sexa preferido este e non o habendo ser sacerdote fillo de dita vila de Ribadeo. A dita esmola a pagará o mordomo que lle toque ese mes. O mesmo terá obrigación ese mes de ter dous cirios para a dita misa e asistir cada un deles a decir delas e pedir para o petitorio que se acostuma  para aumento da dita confraría  e sentar no seu libro  o que aiga de ter  o día da festividade do Santo  e mes en que se diga dita misa para más ben dar a conta. O mesmo día festivo  a de decir tamén o crego  un responso encima da sepultura do confrade que ultimamente houbese falecido e enterrado na dita parroquia e mentres non morrese outro o dito mordomo teña obrigación de ensinar a dita sepultura.

Que todos os confrades que fosen ou en adiante foran do glorioso San Pedro  han de pagar   e paguen marido e muller  nove reais de vellón anual e morrendo un deles  a de pagar o que vivira catro reais e medio de anual e sendo mozo solteiro  do gremio do Mar sendo confrade e cansando  a de pagar entrada pola súa dona nove reais.

Iten fundamos que calquera dos fillos dos mareantes  tanto da ribeira de Cabanela como os da ribeira de Porcillan fillo ou filla querendo asentarse en dita confraría an de ser admitidos  pagando soamente de entrada dúas libras de cera e o seu añal como os demais.

Iten os mordomos non teñen capacidade de admitir confrades sen que sea de fora dos Gremios dos ditos Mareantes, sen licenza e permiso de todos os confrades. O mordomo que non cumprise e fixera o contrario pagará 20 libras de cera.

Iten fundamos e instituimos que o confrade  que fora de dita confraría así home ou muller, solteiro ou solteira  que se atope enfermo na cama nesta vila e necesitara dos Santos Sacramentos a de ser visto e ter obrigación o mordomo que fora de dita Confraría tanto o de Cabanela como o de Porcillán de dar un cirio  de cera para asistilo aceso o administrarlle os ditos sacramentos ata que faleza, no caso de acabarse darase outro. E si falece  o tal confrade  teña obrigación o dito mordomo de dar una “acha” de cera para que este acesa co corpo presente  ata que este fose levado a enterrar.

Iten o confrade  se lle han de dar  y dean para o seu enterro de corpo presente  vinte catro “achas” e corenta e oito cirios e para as honras doce “achas” e vinte e catro cirios cal se enterra sea na Colexiata ou no Convento de San Francisco.

Iten fundamos e constituímos que calquera confrade que morrese a de ser visto polos catro señores Prebendados cos seus “pellizes”  a buscalos e por este traballo  se a de pagar a cada un, un real de trinta e catro maravedis. Faltando un o mordomo buscara outro sacerdote que leve este “Pelliz”.

Iten por cada confrade que faleza se dirá, os tres ou catro días  una misa cantada con diácono y subdiácono  e vixilia  e cura  que fora de dita parroquia avisará a un dos mordomos dos gremios para que asista  a ela e de catro cirios para o altar  e dúas “achas”  para encima da sepultura do confrade  e han de estar acesa durante a misa e vixilia. Serán de cera amarela. O cura recibirá  por dita misa cantada e vixilia doce reais e dous reais os prebendados  que se vistan e axuden a oficiar.

Iten ordenase que no caso de que algún confrade morra fora desta vila o tempo e cando os herdeiros quixeran decir os seus funerais a de ser visto se lle de toda a cera de un enterro e das honras, decir misa cantada con diácono e subdiácono.

Iten cada fillo ou filla, criado ou criada dun confrade a confraría dará un cirio para que este acesa durante e sacramentado e axudado a bo morrer e saquen o corpo a enterrar e o mesmo catro “achas” e doce cirios ata que reciba sepultura e ase de decir misa de “Anxos”. O mordomo dará 4 reais ó pai para axuda de pagar o crego.

Os mordomos teñen obrigación de ter acesa  a lámpara que ten a dita confraría que está ó fronte do altar, todos os domingos  e festivos  do ano  dende a mañá ata o medio día que se pecha a porta da igrexa. A véspera do día do Santo Apóstol San Pedro teñen a obrigación de compoñer o altar da confraría e sementar de lesta a igrexa e de aportar cada mordomo seis ducados para axuda da colación que se acostuma o día de San Pedro.

Así mesmo cada mordomo ten a obrigación no seu barrio facer festa a véspera e o día do Santo  e os mesmos mordomos entrantes han de facer pola tarde a mesma festa  levando cada mordomo consigo os confrades da súa ribeira a súa casa. Teñen obrigación de  mercar as “achas”  para facer a máscara e unha danza de noite e o mesmo han de facer danza o día do Santo  para que asista a dita procesión e han de ser do gremio do mar e de ambos barrios “hermandándose” un con outro como e costume  e o mordomo que faltase  se lle quitaran os seis ducados para aumento da confraría.

Si fora mester algunha alfaia  ou obra para reparo da dita confraría o fagan os ditos mordomos ordenadamente, unanimamente, conformes e pagando  cada un por metade e constando que un dos mordomos non tivera no seu poder cartos da confraría nin que llo dera ningún confrade do seu añal a de ser visto poñelo o dito mordomo  e se a de pasar  a conta que dera por a esta Confraría.

O día da festividade de San Pedro un dos mordomos leve a insignia e outro o pendón. As andas co santo o día da súa festividade  as levaran os dous mordomos entrantes e os saíntes. O mesmo en Corpus.

Ano 1725 Contas. Era Martín Méndez de Rubiños mordomo da confraría de San Pedro polo gremio de Cabanela.  

                Quarterones.
                16 reais de vellón que pagou Bernardo Fernández  Cantón por un viaxe que fixo a Portugal.
                17 reais e 14 mrs.  o mesmo por un viaxe a Bilbao
                13 reais e 2 mrs. por outro viaxe.
                17 reais que pagou Antonio Pérez por un viaxe a Portugal  
                20 reais e 26 mrs. dos viaxes de cal a Cruña Andrés Rodríguez.
                Ano 1728 – Contas que se tomaron a Juan Antonio  de los Pozos mordomo que foi do Gremio de Porcillán
                Quarterones e viaxes.
                57 Pedro Alonso de Presno polo seu barco.
                31 Domingo López Villaamil  
                10, 1 Polo que gañou no seu batel Joseph Rodríguez Bustelo.  
                12,10 Polo medio quarteron que lle tocou o dito  Juan de los Pozos  do navio en que navegou.  
                16 polo medio quarterón de Juan Rodríguez Bustelo.    
                2 por un viaxe que fixo Gregorio do Castro a Lisboa.  
                4 reais por dous viaxes que fixo a Galiza e a Bilbao, Ignacio  Dominguez.  
                2 reais e medio por outro viaxe  que fixo a Lisboa  Elias Pereira….  
                En total ai 20 viaxes mais.  
                Contas que se tomaron a Pedro Pérez Golpello mordomo de San Pedro do Gremio de Cavanela ano de 1728.  
                636 reais contas antecedentes  
                7 Petitorio    
                7 Insignias  
                6,17 pago do censo Sebastián de Pazos pola casa que vive Juan López de Miranda  
                3 censo que paga  Antonio López Miranda pola casa que vive Martín Méndez  
                8 renda que paga Antonio Fiallega  pola casa en que vive     
                5 censo pola casa que viven Domingo San Miguel  
                Quarterones de soldadas y medios quarterones  que gañaron os confrades mareantes e deben  pagar  no lugar dos  “añales”.
                15 reais e 4 mrs. Sebastián de Pacios polo tempo que andubo de pesca.  
                11 reais e 8 mrs. polos viaxes e navegacións que fixo Sebastián de Pacios   
                24 reais Antonio López de Miranda pola pesca.  
                4 reais 14 Domingo  Antonio Sestaya pola pesca    
                11 reais e 26 mrs. Antonio Fiallega pola pesca.  
                4 reais e 16 mrs. Domingo Paleo pola pesca  
                3 reais Domingo Paleo por tres viaxes a Cruña.  
                7 reais e medio Antonio Montes pola pesca.  
                15 reais Antonio Montes pola navegación    
                4 reais Isidro Rodríguez pola pesca  
                14 reais e 4 mrs. Isidro Rodríguez pola navegación  
                20 reais e 06 mrs. Pedro Fernández de Cantón pola pesca.  
                29 reais e 08 mrs. Domingo Díaz de Guaza por catro viaxes  de navegación na súa “compaña”.  
                41 reais e 26 mrs. Antonio Pérez  pola navegación de tres viaxes  coa súa “compaña”.  
                35 reais e 8 mrs. Juan López de Miranda por tres viaxes que fixo no navio de Domingo López 24 reais e 11 reais e 8 mrs. da navegación nos “Pontones”  
                80 reais Mathias  de Pazos e o seu fillo  Francisco este trinta reais pola navegación da súa pinaza  e aquel  cincuenta pola súa lancha.  
                10 reais Thome de Otero  pola navegación na lancha do Tabaco.  
                6 reais Miguel García por catro viaxes a Cruña.    
                2 reais Alberto Dominguez por un viaxe.    
                6 reais e 26 mrs. Andrés Rodríguez por tres viaxes.  
               11 reais e 8 mrs.  Andrés Fernández Cantor  pola navegación  
               12 reais e 8 mrs. Francisco López de Acevedo  pola navegación  
               14 reais e 12 mrs. Juan de Pacios pola navegación  
               15 reais Diego López de Miranda pola navegación  
               31 reais Bernardo Fernández  Cantón pola navegación  
               6 reais 08 Francisco Fernández Cantón polo seu añal            


Obras e arranxos dos bens da confraría

En 1928 píntase o crucifixo 30 reais. Ano 1729 compoñer o pendón de damasco 3 reais e 6 marabedís. No ano 1733 na elección do mordomo entregouse un pendón novo, que se estreara ese ano, era de damasco carmesí, co seu galón de floco e tres borlas de seda de cor encarnado. Don Joseph García Iglesia, prateiro e veciño da vila, no ano 1742, recibe  16 reais por compoñer a cruz do pendón e a coroa.  O ano seguinte componse a lámpara 1,17. No ano 1747 gástanse  17 reais e 20 marabedís en compoñer o caixón no que se mete o navío e o San Pedro do prato según se retoco  16,20. 1749 pago o gaiteiro 5 reais. Custou o  arame para aparellar o navío do santo 4 reais. De lesta gastouse 28.  8 reais un ara, 67 reais de vellón costo doce varas de persiana negra de lana para un pendón a prezo de dez reais e medio cada vara, 28 reais e 14 mrs. que tivo de custo o floco de seda as borlas e a feitura. No 1752 mercanse os cubos para os seis candeeiros de madeira que están no altar. Composición da insignia de prata do mordomo 6 reais.  Nas contas do ano 1763 hai os seguintes gastos: Pago o prateiro pola composición da cruz do pendón 16 reais, costo dun vidro para a lámpara por haberse partido  2 reais. En 1766 permutase a lámpara vella por unha nova que tivo de costo 148 reais. A composición da cruz de prata 12 reais.

Acordo do 29 de xuño de 1751
 
              
Reunidos os confrades no pórtico da igrexa  con asistencia de D. Mathias Ba. E Saavedra  vicecura da dita parroquial Colexiata e do contador, o son da campa tañida, como e costume acordan: A confraría foi fundada polos  do gremio “marítimo” dos barrios de Cabanela e Porcillán desta vila sen que nela poida entrar ningún que no sexa deste gremio (excepto sexa acordado na xunta xeral). En ditos barrios hai diferentes persoas  que gozan do foro da Mariña, os que non se atopan  asentados neste libro por confrades de esta citada confraría, debendo facelo e aceptado tamén a os cortos medios  e caudal con que dita confraría  se atopa e que en ocasións para aumento  se ofrece quiñón  sobre a ganancia  que ten por mar se esixe de todos os do dito gremio sexan confrades  polo mesmo son de común sentir   que desde hoxe en adiante se asenten por confrades  a todos os que desvengaran soldada ou media polo mar e na pesca como tamén os carpinteiros  da Ribeira, a todos os cales se cobre o añal correspondente  e a cera de entrada  a os que hasta agora non estean anotados.

Razón de irmáns confrades no ano 1766


Alejandro Rodríguez e a súa muller; Francisco Méndez e a súa muller; Domingo Rubiños e a súa muller; Domingo de Pazos e a súa muller; Andrés Cantón, menor en días e a súa muller; Pedro García de Mernies y a súa muller; Francisco Porbén  e a súa muller;  Jacinto Dominguez de Mera e súa muller;  Bartolome dos Pazos  e súa muller;  Antonio García  e a súa muller; Joseph Fernández Cantón e a súa muller;  Andrés Cantón maior en días e súa muller; Francisco  Dominguez e a súa muller; Joaquín da Barrera e a súa muller; Juan López Miranda e súa muller; Manuela del Palazio viuda;  Agustin deteyra e súa muller; Gonzalo Blanco e súa muller; Juan de su casa o xenro da turca e súa dona; Martín Méndez de Rubiños e súa muller; Andrés Rodríguez e súa muller; Casimiro Díaz e súa muller; Diego López de Miranda e súa muller, Benito Domínguez viúvo; Joseph Antonio de los Pozos e súa dona; Miguel Suárez e súa muller; Ignacio Domínguez; Joseph Rodríguez  de Bustelo e súa dona;  Francisca Fernández Carvallosa viúva de Juan de los Pozos; María Fernández Carvallosa viúva de Francisco Novo; Micaela, viúva de Pedro da Torre; Juan Rodríguez de Bustelo e súa dona;  Antonio Cantón e súa dona;  Fernando Gómez e súa muller;  Antonio Massón e súa muller;  Don Xulián Ríos e Reymondo  presbítero; Pedro Pérez Villarmea; Xerónimo García Cardo e súa dona;  Pedro López Azevedo e súa muller; Benito de Lago e súa muller e Juan Antonio Pulpeiro  e súa dona.                                     

Eleccións a mordomo do 29 de xuño de 1771. Unha pelexa


Estando no estado de nomearse novo mordomo, os confrades de dita confraría se fixo “discordia entre el gremio de matriculados sobre sus cosas y quien se había de conferir la cofradía estos prosiguiendo  en su desensión ruidosa como en similes  días lo tienen de costumbre vino dicho Antonio Cantón y furisamente arrebato  este libro de la mesa, donde  estaba escribiendo para concluir la elección y se metio con el en la iglesia y aunque después  se le pidio por mi y otros varios sujetos  para el efecto referido expresamente respondío varias veces que no  queria entregarlo  ni manifestarlo diciendo lo tenía cerrado en la arca de cera y alaxas  de la misma cofradía y que este no faltaria quien sirviese  como lo hizo el mismo Cantón todo aquel año ...”    

O libro non puido ser recuperado ata o día seguinte.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal