14:05 Luns, 08 de Marzo de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-12-2016

Resume do recollido no documento que da conta da visita pastoral

A parroquia de Santiago de Viveiro

Valorar (4)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


            No arquivo Diocesano de Mondoñedo, consérvase un documento referente a visita pastoral que o bispo Riomol e Quiroga fai a parroquia de Santiago de Viveiro no ano 1754 e este di:

            Sendo Rector Don Antonio Suárez, cura da parroquia do Señor Santiago da Vila de Viveiro, cumprindo a orden da visita que o S. Ilmo. Señor bispo, se servíu despachar o día 22 de xuño do ano mil setecentos cincuenta e catro, manda facer unha relación dos sacerdotes desta parroquia  con distinción dos que son confesores e a que título  se han ordenado, das capellanías e Aniversarios que no son de cargo do cura; das obras pías e os seus patróns ou administradores  como tamén dos clérigos, estudantes e as súas clases e certificando en forma que viven nesta parroquia.

            Don Andrés Cabarcos, presbítero  confesor, ordenado a título de patrimonio. Don Francisco Azebo presbítero  confesor, ordenado a título de patrimonio. Don Domingo  Pedrosa, presbítero ten licenza de confesor; está ordenado a título de patrimonio. Don Eustaquio Fernández  presbítero confesor, Mestre de Gramática  no Seminario esta ordenado a título de patrimonio. Don Nicolás  Franco presbítero  confesor  ordenado a título de patrimonio. Don Francisco  González  presbítero no ten licenza  de confesar; esta ordenado  a título de patrimonio. Don Thomas Moure  ordenado a título de Patrimonio. Don Roque  de Castro, Subdiacono  ordenado a título de Patrimonio. Don Juan de Vivero, clérigo de primeira con beneficio simple. Don Francisco de Vivero clérigo de primeira con  beneficios simples. Don Antonio Pardo clérigo de primeira  con Capellanía Colativa. Don Juan Antonio Polo clérigo de primeira con Capellanía Colativa. Don Francisco Casal clérigo de menores adicto  a la parroquial de Sta. María.

              Estudantes: Juan Leal, estuda filosofía. Ramon Toxeiro  Filosofía. Miguel da Valga Filosfía. Pedro Pío Pardo Gramática. Antonio Cordido Gramática. Benito Cordido Gramática. Vicente Melendez Gramática. Vicente Ledo Gramática. Antonio Fernández Gramática. Bentura López Gramática. 

            Obras Pías. O Hospital  de esta vila administrado polo alcalde, non ai noticia da súa fundación. O colexio do que son patróns os PP. Prior  de Sto. Domingo e o Guardían de San  Francisco desta vila. Ten dous mestres de gramática. O Hospital de San Lázaro  extramuros  desta vila  e administrado polo alcalde. O Monte de Piedade  en granos para socorro dos labregos  a cargo dos alcaldes, parece que esta extinguido.

            Ermidas fora da Igrexa Parroquial.

          Nosa Sra. da Misericordia a outra parte da ponte, termos  desta Parroquia, ten misa diaria. E patrón  Don Diego Vermúdez, capellan Don Francisco  González.

          Ermida de San Lázaro  xunto a o seu hospital  corre de conta do Alcalde  ten mordomo que o é Roque Pedroso veciño desta vila. Os curas desta parroquia están na posesión  de decir duas misas  nos días festivos. A primeira  nesta capela para que asistan a ela os enfermos deste hospital. A capellania de Nosa Sra. inclusa no hospital desta vila e colativa e a ten don Gregorio Sánchez  clérigo de Menores, veciño de Landrove. Polo auto no que se confirmou esta erección  desta capellania  prevense que o Capellán  dentro dun ano  sexa ordenado de Presbítero  e no seu caso o bispo encargue o seu cumprimento a un sacerdote pobre desta parroquia que perciba toda a súa renda  como consta do testemuño autentico  que pasa en poder  do dito Gregorio Sánchez, o cal fai anos que ten esta capela sen haber ascendido  a orden Sacro e está ausente  deste reino, parece di as misas da súa Fundación Don Juan Lexes veciño desta vila.

          A capela  de San Ciprián no partido de Vieiro  termos desta parroquia  ten una casiña e horta  que a leva o que a coida. Ta o cargo do cura que percibe o dereito das candelas e esmolas.

          Oratorio do Colexio Seminario  que esta o coidado do mestre mordomo .

          Oratorio da casa do Alcalde.  

          Capellanias fundadas na Igrexa Parroquial e non están o cargo do cura.

            No altar maior  desta parroquia: A capellania colativa  de Santiago de Piago e patrón o padre capellan, D. Joseph Sanjurjo, cura de Barres no bispado de Oviedo. Ten obrigación de unha misa cada mes parece que as di D. Francisco Polo residente  nesta vila.

            A capellania colativa de San Andrés cinco misas  cada semana  que mandou fundar  o Lic. Don Andrés Méndez  de Moscoso cura que foi  de San Andrés de Boimente; nomeou por patrón a Don Nicolás de Luaces y Uton  veciño da cidade de Mondoñedo. Non se dín as misas  nin se chegou a erixir dita capela. De todo isto ai constancia no libro de aniversarios.

            Na capela que ai o lado dereito  do altar esta fundada a capellania de Nosa Señora  da Encarnación  con una misa  todos os Domingos  que se ha de decir a hora das once, e patrón Don Francisco Xerónimo  de Cora veciño de Bravos di a misa Victoriano Prieto  veciño desta vila.

            Na mesma capela  esta fundada a capellania colativa de Nosa Sra. da Misericordia con dúas misas cada semana   e patrón Don Francisco Xerónimo  de Cora veciño de Bravos e capellán  Don Francisco Bouza  cura de Mañón; está encargada a Don Joseph Guerra veciño de esta vila  parece que a fundación  manda que o capellán a resida por súa persoa.

            Na Capela de San Salvador , a capellania  colativa  da Transfiguración do Señor con cincuenta misas  cada ano e patrón Don Fernando de Bolaño o seus sobriños   de a casa de Llanes no principado de Asturias  e un de estes días se fixo edicto de vacante por morte  do crego de Navia o seu último cura capellán, dí as súas misas  un sacerdote veciño de Landrove.

            O  lado esquerdo  do altar maior  e colateral do Sto. Cristo: capellania  colativa do Santísimo Cristo  con oitenta misas   cada ano e patrón os menores de Don Antonio Moscoso; non coñezo o capellán  parece corre  coas misas  e rendas desta capela Don Pedro Meitin residente  nesta vila, non se din no seu altar.

            Capellania colativa de Nosa Sra. das Ermitas con cinco misas  cada semana o meu parece pois non vin a fundación ni ai dela noticia algunha nos libros  desta parroquia. E patrón Don Pedro  Pardo veciño desta vila, capellan  Don Alonso Busto cura de Villaosende ; dí as misas  Don Joseph Guerra  veciño de esta vila.

            Na capela  de Nosa Sra.  de México  esta fundada una capellania Colativa  que posue Don Alonso Franco  presbítero  veciño de San Esteban do Valle, parece que ten dúas misas  cada semana. Non se viu a escritura da fundación nin está no libro de aniversarios.

            Aniversarios Perpetuos.

            Na capela e altar de México  están fundadas  catro aniversarios perpetuos  por Don Luís López  consta dos autos  da erección que están no oficio   que sirve Joseph Antonio Belón. A unha a ten Don Urbano do Vale presbítero con dúas misas  cada semana  que ha de decir no dito altar. A segunda a di Don Domingo Rivas presbítero  veciño de San Xoán de Cobas  con tres misas  cada semana.

            A terceira  a ten Don Pascual Illade  presbítero veciño de San Xulián de Somoas con dúas misas. A cuarta  tena o cura  de esta parroquia  con doce misas  cada semana.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén
.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña