10:07 Mércores, 23 de Outubro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

10-06-2016

Relación dalgunhas das mortes no mar documentadas

Naufraxios na costa da antiga provincia de Mondoñedo

Valorar (8)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA



Buscando nos libros de defunción das parroquias, caso de Santiago de Foz, A Devesa (Rinlo estaba dentro dela), Lieiro ( o porto de San Ciprián)  con porto pesqueiro, nos séculos XVII, XVIII e XIX atopamos referencias a distintos afundimentos de barcos.

Mércores cinco de decembro do ano mil seiscentos  cincuenta anos  morre Pedro Mántaras do Parladoiro, “en la mar” sen poder ser administrado dos Santos Sacramentos  e sen facer testamento, dixéronse pola súa alma dez misas e una vixilia e polo discurso do ano vinte misas votivas  pola súa alma e obrigacións. O mesmo día tamén morreu Antonio de Pousada, sen ser administrado dos Santos Sacramentos e sen haber testado. Dixéronse pola súa ánima seis misas y una vixilia  e por o discurso do ano  se han de decir  pola alma e obrigacións dezaseis misas votivas. No mesmo naufraxio  pareceron  Bartolomé Pousada, Domingo Méndez, Jusepe Pérez, Pedro Francisco, Pedro Ramos, fillo de Catalina Ramos e Francisco Rodríguez mozos estes últimos solteiros.

En dezanove días do mes de setembro de 1674 morreron “en la mar yendo de Cariño” nunha lancha Alonso Pillado, Pedro de Villacampa; Gregorio de Marrube casados e moradores  nas Figueiras freguesía de Sta. María de Lieiro, Domingo Suárez casado, Domingo García, fillo de María Pousada e Alonso García difunto veciños de Burela. Luis  Perbén solteiro e fillo de Andrés Perbén todos veciños do porto de San Cibrán os cales se atoparon  presos a lancha  tres a saber: Pedro de Villacampa, Gregorio Marrube e Domingo Suárez, cuxos corpos foron enterrados na igrexa de Sta. María da Piedra e o enterro do dito Alonso Pillado na igrexa parroquial de Lieiro.

O 27 de Novembro do ano 1696 morreu Domingo Saa nun naufraxio según constou da información de outros compañeiros  que ían con el.

O crego Balthasar da Rivas clérigo de Lieiro di” El 13 de Enero murieron nueve hombres junto al puerto de San Ciprián  que ivan en una lancha de pesca. Al séptimo día  que sucedió el naufraguio  salio el cadaver de Matheo  Pillado, hizosele  entierro al otro día por haber salido así de noche. El día 23 de día salieron otros dos cadáveres. A los pocos días salieron Pedro Martínez su hijo Joseph Martínez y Pedro Basanta, mozo soltero, Policarpio datalaia, Caetano datalaia hijo del anterior e Francisco  do Rizo mozo soltero que estaba actualmente sirviendo  no sele hicieron  aquí su entierro  porque dijo el amo y sus padres  que se debían al cura de Santiago de Foz por no haber salido el cadáver y solo se le hizo acto de animas con su misa y vigilia”.

Joseph Martínez  enterrouse o 27 de xaneiro, o seu pai o 30 e Pedro Basanta o tres de Febreiro de 1735.

Na noite do día 3 de Febreiro de 1763 pereceu cerca da Barra deste porto  de Santiago de Foz unha embarcación “Patache” que era  de Portugalete  en Vizcaia provincia de Alava  o cal viña cargada de Bala  de Santander  para o Ferrol e que de alí pasara a Vigo en onde fora cargado de viño con destino a Xixón. En doce de dito mes saleu un home afogado  a beira do mar e polas roupas que traía  vestidas  os mariñeiros  dixeron que o seu traxe pertencía a zona de Vizcaia.

O 21 de setembro de 1793 tres homes  se afogaron. Pedro de Casimiro  que era veciño y cabo de Ataxina da vila de Ribadeo ese día saíra axudando a tripular  unha lancha  con outros seis homes  cargada de Sal para o porto de Foz e pasada a Barra entrando na ría deu o “traste ahogandose  tres según va referido”o suceso tivo lugar as dúas da tarde. Despois de varios días  apareceu en esta referida ría o sitio da Rapadoira, e foi recoñecido polo cabo de este porto. Tróuxose a sepultar a igrexa parroquial de Santiago de Foz. Nicolás  Fernández, mozo solteiro de doce anos fillo de Gabriel  Fernández e da súa muller  Nicolasa veciños de Riocosa  e como a cousa das dúas da tarde do 24 “ aviste en el arenal  junto a la pena llamada  de Rapadoira  un cadáver  desnudo de medio cuerpo abajo, maltratados  los ojos y otras  partes, que fue reconocido  por alguna persona de la villa”. Manuel Moreda  marido de Josefa Fernández veciño de Santiago de Foz non apareceu  ata o catro de outubro  que foi atopado  na Xunqueira  de esta referida ría frente o lugar de Ferragud termos da parroquia de San Xoán de Vilaronte  que recoñecido pola xustiza se faga  xurisdición  a que por casualidade me atopaba presente ó infrascrito crego con permiso do cura de Vilaronte se trouxo o cadáver a sepultura na parroquia de Santiago de Foz.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.




[10-06-2016 08:44] Fernando Patricio Cortizo comentou:

Excelente traballo!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña