14:51 Mércores, 22 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-04-2016

Arnaldo Otegui foi preso por intentar reconstruír a ilegalizada Batasuna

Liberdade de Otegui, liberdade dun pobo

Valorar (14)

HELENA VILAS VIÑAS



Se fas unha enquisa a pé de rúa coa seguinte pregunta: quen é para ti Otegui? a resposta do 90% dos enquisados sería a mesma: un etarra. É exactamente a resposta que lle convén escoitar a dereita e a non tan dereita española, elixen a vía rápida para respostar algo que lles resulta verdadeiramente difícil de dixerir ou entender, simplifiquemos as cousas: é un etarra, e punto, porque si, porque así o decidiu un xuíz e os medios se encargan de pregoalo, sen máis rodeos nin definicións. Punto. Ese é o argumento da dereita e a súa utilización rastreira por parte desta e da esquerda moderna-reformista.

Arnaldo Otegui foi preso por intentar reconstruír a ilegalizada Batasuna, “(baixo as ordes de E.T.A)” e os xuíces atribuíronlle o delito de pertencer á organización terrorista. Eu tamén vou resumir… Este home estivo 6 anos na cadea inxustamente polas súas ideas, polo tanto: é un preso político. Quen dicía que no estado español non había presos políticos? Este é un exemplo moi claro, máis os que aínda seguen na cadea por o gravísimo delito de pensar doutro xeito, son mostras máis que evidentes.

E seguimos vivindo e respirando nesta ditadura disfrazada de democracia, posto que nos da medo facer unha análise fora dos lugares comúns inquisitoriais definidos polo réxime que te levan directamente a A.N. (falo dos titiriteiros, tuiteros, calquera persoa que ouse empregar o seu dereito a acollerse a liberdade de expresión) mais nada pasa, todo transcorre con normalidade si dis que no franquismo se vivía placidamente, ou fas apoloxía deste, ondeando con orgullo bandeiras do aguilucho, presumindo de simboloxía nazi, etc…  as varas de medir sonche ben distintas, non si? Aiiiiii esta adorábel dereita que só ten amnesia para o seu pasado, nunca para os demais... pois con Otegui pasa o mesmo, xúlgase atendendo ao contexto político-histórico no que transcorreu a súa xuventude “rebelde” mais  non agora, nestes últimos anos como político escollendo as vías da paz. Sentenza  feita por fascistoides legalizados, claro está que cando un Estado comeza a descompoñerse o primeiro que se fai é encarcerar a disidencia, era evidente que crearon unha farsa necesaria para o seu encerro, xa que a poderosa dereitona sabía que de se presentar Otegui , el sería o próximo Lehendakari .

Vou poñer un exemplo para eses que se lles tiña que secar a boca ao falar de certos personaxes históricos: Nelson Mandela defendeu a loita armada publicamente, como forma de liberar os pobos oprimidos, e por tal motivo pasou 27 anos en prisión, SÓ cando abandonou o Marxismo foi “rehabilitado por o amigo americano” que até entón tíñao incluído na súa lista de terroristas, até onde eu sei Otegui non defendeu nunca a necesidade da loita armada, cando decidiron xulgalo, este señor estaba a facer todo o contrario, simplemente articular un movemento de esquerda radical vasca. “Deus” me leve quen sexa eu que vaia a comparar a Mandela con Otegui… pero pódovos citar algunhas similitudes e algunhas diferenzas entre ambos:

-          Mandela foi considerado un líder para o seu pobo e que axudou a súa liberación, Otegui tamén . Similitude.

-          Os dous representaron e representan unha parte importante dos seus pobos que están en diferentes graos sometidos a un réxime alleo a ese pobo. Similitude.

-          Mandela cambiou a actitude e apostou pola paz renunciando o uso da violencia. Otegui apostou pola paz, e a el lle debemos o fin de E.T.A. Similitude.

-          Mandela cumpriu unha condena moito máis longa da que lle correspondía, Otegui cumpriu unha condena que non lle correspondía. Similitude.

-          Mandela  fixo chamamento á loita armada de forma activa, incluso estando encadeado, Otegui non. Diferenza.

Conseguín simplificalo: Mandela non foi un terrorista. Otegui non é un terrorista. Arnaldo Otegui facilitou reconducir aos votantes do nacionalismo de esquerdas a facer política sen o emprego das armas como argumento para conseguir a independencia.

Agora andan inquietos si Arnaldo será ou non candidato as próximas eleccións, quixérono apartar  do medio, mais fixérono máis forte.

Onde quedaron aqueles anos escuros no que todo que xiraba ó redor do independentismo vasco era E.T.A? pero onde vai parar! moito mellor estes anos luminosos actuais onde todo o que non é P.P. sigue sendo E.T.A. Renovarse o morir, amigos e amigas: a “marca rexistrada” sigue dando votos…


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña