13:26 Mércores, 22 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-02-2016

Aspiramos a unha Galiza soberana e dona dos seus recursos e da súa identidade nacional, malia que este discurso ao mellor é o que menos interesa nos tempos nos que estamos a vivir

Fidelidade ou promiscuidade?

Valorar (20)

HELENA VILAS VIÑAS



Pasadas as eleccións escoitánse continumente preguntas, conclusións, opinións tipo :  -E agora que vai facer o BNG? Cal é o seu plan? Como van a seguir despois do fracaso electoral?

Escóitanse verbos como confluir, concurrir, converxer…  o debate está si debemos ou non, mesturarnos coa marea, si o futuro da organización está na unidade con outras forzas non nacionalistas…  vexamos, non confundamos intreguismo con entreguismo:

Penso e creo firmemente que si o chegáramos a facer sería renunciar a nosa identidade ideolóxica e política, estaríamos condenados a unha morte segura, á morte dun proxecto, único  proxecto nacionalista que tantos anos nos costou manter , fruto do traballo incansábel das nosas militantes, simpatizantes , do esforzo da nosa xente que tanto ama o noso país. Non, non é unha cuestión romántica, que tanto nos reprochan … sí, contido romántico ten,  mais o 90%  é unha cuestión de compromiso,  da débeda histórica que ten o estado co noso país. O BNG naceu grazas a quen creeu nunha construcción nacional e social. Porque somos unha forza de goberno e non de contención malia que moitos nacionalistas parece que aínda non o chegan a creer. As distintas visións que había dentro do BNG, esa tensión política non resolta , estercou outros prados (acompañado doutras especies foráneas) que agora defenden as súas leiras celosos dos seus marcos… a miña pregunta é: que queremos reconquistar agora, se antes foi imposíbel de manter? Debémoslle  fidelidade ao noso sentimento, aos nosos principios.

Seguiremos avante con propostas reais , actualizando o discurso, consolidándonos,  adaptarse á realidade , en resumo: políticas reais, non predicamos políticas imposíbeis como venden outras organizacións. Nunca o fixemos.  Pódennos botar en cara moitos erros cometidos, pódennos acusar de puros e intransixentes… etc, pero nunca, nunca de incoherentes .É real que precisamos un reseteo, é certo que en moitos puntos erramos un mundo, mais unha das soluccións pasa por soltar lastre, saír desa “exclusividade” ideolóxica  actualizándonos, modernizándonos, achegarnos máis, atopar un xeito de facer esta organización máis flexíbel e acolledora, máis instrucción e menos adoctrinamento, é unha das cousas que temos pendente, xa que dentro do BNG sempre houbo un problema grave de comunicación… Algúns dos puntos conseguímolos acadar, e penso que quedou máis que demostrado na última campaña, das máis ilusionantes dende que teño uso de razón.

Aspiramos a unha Galiza soberana e dona dos seus recursos e da súa identidade nacional, malia que este discurso ao mellor é o que menos interesa nos tempos nos que estamos a vivir, é o único punto que o BNG non debe deixar de levar por bandeira, está nos cimientos da organización, na súa natureza, nas súas raíces.

Pero insisto, isto só e unha humilde opinión dunha simple militante que non ten o poder que teñen outros simples militantes para saír a desbardallar,  coaccionar e condicionar de balde, sen ningún fin produtivo en ViaV ou na Voz de Galicia…

NOTA MENTAL:  CONSTRUCCIÓN, NON DEMOLICIÓN.  


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



[11-02-2016 03:07] Micro comentou:

Que sinxelo, que humano que comprometido e que esperanzador.Que doado é ser nacionalista cando se ten amor polo país, incluso en momentos difíciles. Grazas por darnos ánimo aos mais vellos.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña