“ El paro baja en 74.028 personas, el mayor descenso en julio en 17 años” efectivamente, en Xullo, mais estas cousas quedan estupendamente nas portadas de todos os xornais e para cubrir telexornais durante unha tempada; difundindo así a mensaxe e manipulando todo que se lle poña por diante, para que facer campaña para as próximas eleccións?
O señor presidente do estado español dicindo que saca peito por crear emprego… si, emprego lixo, de duración ridícula e de salarios indignos. Ter un contrato de 3 horas semanais por 60€ mensuais (casos reais)si a iso se lle chama ter traballo, estamos entón ante a saída inmediata da crise e semella que España pasa a un estado de bonanza imparable.
Logo está a outra cara da noticia, a que non sae tanto nos medios :
“837.000 persoas que o seu traballo se reduce a unha hora á semana, non aumentan as horas de traballo, se non que os traballos que hai repártense entre máis persoas” ou dito doutro xeito; o número de contratos a tempo parcial aumentan, iso fai que se cree máis emprego polas mesmas horas pero con máis contratación. Un só exemplo para darse conta cando lemos na prensa os fantásticos datos da recuperación, os datos do paro deixan de ter sentido como medida de economía, cando comezaron a aparecer traballos de equis semanas por cantidades de diñeiro e condicións ridículas. Isto sempre aconteceu, máis se cadra agora máis que nunca: unha persoa traballa 3 semanas dun mes, e cada unha en un sitio distinto, conta como tres persoas que atoparon emprego. Si, está pasando, e sobre todo na época estival. E se falamos das horas extraordinarias que non se pagan, o tema é delirante: nunha soa semana fanse máis de 4 millóns de horas extras que non son remuneradas, si estas horas se trasladasen creación de novos empregos , si estaríamos a falar de xeración de traballo.
O máis desconcertante de todo isto, é que o señor presidente do estado español saia dicindo que el “sacaba pecho por la recuperación económica” non sei en que país está vivindo e que datos lle parecen positivos, non entendo como se pode chegar a formar un goberno máis vil e desprezable cando hai datos, como que existen máis de 1,6 millóns de fogares sen ingresos, máis de 5 millóns de parados e miles de emigrados… eu a isto non lle chamo recuperación, nin recadación, simplemente, isto é repartir miseria.
É alentador ler que os datos son fantásticos e que imos cabalgando rumbo ata un mundo de felicidade e de campos en flor, pero nada ten que ver coa realidade, traballos precarios cada vez con menos dereitos laborais e sociais, grazas as grandes reformas levadas a cabo polo ultraliberalismo do PPSOE. Sobredose de mentiras transformadas en boas novas, mais , repito, de aquí ás eleccións, a campaña sae menos cara.
Estamos saíndo da “crisi” señor Feijoo!! volvemos en setembro… bueno, non, en outubro, que xa veñen aí as vendimas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.