22:41 Luns, 22 de Abril de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

20-06-2015

Perpiaños que berran contra o matador abandono, contra o desleixo que manifestamos co mais próximo, co noso, con esta terra

Oh mia patria sì bella e perduta!

Valorar (19)

MANUEL VÁZQUEZ CABO



Unhas fotografías tomadas por Manuel Lago que vin no internet leváronme a  coñecer a granítica perla da igrexa de Santa Baia de Chacín.  Atordoume por uns intres, cando por primeira vez a tiven diante do meus ollos. A impresión que me causou foi fortísima, pola soberbia  edificación.  Sobranceira polo ben feita, non por mastodóntica. Se o pensamos ben, vemos nela  características propias da  forma de ser materia da Galiza. Estruturas pequenas, lindas, en calquera campo que ollemos. Perdidas en parte pola acción de que non se aprecia a se mesmo, nin o que ten. Canta Ingratitude!.  Ensínannos  a Galiza das pequenas propiedade, dos pequenos comercios, das pequenas explotacións agrarias, das pequenas industrias, das pequenas obras, das pequenas igrexas e capelas, das pequenas vilas e aldeas, do pequeno idioma...  A Galiza real, aínda persistente pero en loita constante coas concentración ou acumulacións da economía nun puñado de mans. A Galiza en combate contra as mastodónticas cousas. A Galiza que sabe que as grandes concentración están acompañadas de sistemas sociais anti-democráticos. A Galiza que loita para non perder a súa estupenda diversidade  reflectida na súa forma de ser no material e no social. A Galiza que bufa contra as políticas que queren imporlle unha unificación sustentada en características alleas ao que somos. A Galiza que sabe que ser unha nación pequena non é negativo, que ser diversos  fainos mais humanos. A Galiza que moitos galegos poden non ver, nin entender ou até negar, por esa brutal propaganda negatória que se impón desde os diversos poderes alleos.   Pero, a realidade é teimuda, e  o povo galego mantivo ao longo da historia o seu substrato que nos fai ser unha nación diferente aos demais povos. Nin mellor, nin peor; pero si diferente. Reinsistir nesta idea; unha, mil, e as veces que fagan falta, é camiñar seguros cara a redención final. 

A Galiza que sofre en propia carne as políticas dos partidos políticos con directrices  madrileñas. Eses mesmos que colocan aquí simples delegados para que cumpran as súas decisións. Non é nada novo este proceder dos españois, con respecto a Galiza. Semellan as tácticas de dominación xa empregadas pola dinastía  gañadora dos trastamaras,  a de Henrique II. Nada galego, por certo, fronte   a Pedro I, que tiña ao nobre e valedor Pedro Fernández de Castro ao seu lado. Está dinastía -a de Henrique II- destacou, entre outras cousas, por suprimir toda a administración local e por sometela a normas emanas da Castela e contrarias aos intereses galegos. Así, novos oficias da Castela son traídos para mandar na Galiza, e co mesmo vaise suprimir toda oficialidade  local. Oficialidade local que viña facendo a documentación en galego e que agora  serán examinados en Valladolid   obrigados pola norma de 1480, con formulario en español.

É esta monarquía castelán que manda a Galiza os chamados adelantados, que non eran nin mais nin menos que oficias ou delegado rexios con función xurídicas, administrativas, económicas... Foron estes os encargados de cobrar as rendas reais, para expatrialas a coroa castelán. Dano proba desta falcatrúa Rodrigo de Padrón cando escribe ”por esta razón que se yerma la tierra y se van los ombres de y a morar a otro regno, porque les peindran e les toman todo quanto les fallan, e lo venden por mucho menos de lo que vale, e toman mayores quantias que deve a tomar”. Os abusos destes enviados rexios ergueran fortes protestas por toda Galiza, e tamén nos municipios galegos, cando os adelantados se fan coas rendas das décimas da mar nos portos galego.    

Volvendo ao rego, a figura no seu conxunto, brota da beleza das  fermosas pedras de perpiaño asentadas dunha maneira mestra, compostas cunha rima de opereta que semellan o coro "Va, pensiero” onde se reforza o ideal independentista do povo Italiano contra a opresión estranxeira. Perpiaños que berran contra o matador abandono, contra o desleixo que  manifestamos co mais próximo, co noso, con esta terra. Protestan porque non se fala do noso, e si do que sucede a centos de quilómetros.  Láianse, de que este povo galego, non sexa mais galegos para amar as súas cousas. Estourar contra os que manifestan defender a liberdade de Galiza, ao tempo que utilizan as técnicas, linguaxes e conceptos dos que nos sometes converténdose deste modo en simples auxiliares seus, colaborando cos que manteñen unha persecución sistemática e de grande crueza,contra todo o que soe a galego. Impélennos, os perpiaños de Chacin, a avanzar neste combate, xusto e xustificábel como é a defensa da patria. Non hai loita mais xusta e honrosa que a dos povos que loitan por acadar a súa soberanía ou por preservala do imperio.  Negar isto é non estar ao lado dos asoballados da terra, nin dos que buscan xustiza, nin dos que queremos rematar coa explotación que pequenas minorías  lle impoñen aos povos e as persoas.

Chama a atención, esa cadeira en caracol que nos leva ao  campanario, así como a cúpula semiesférica, sustentada en gallardas bóvedas, que sustentan tres plantas da mesmas, a pía do bautizo e os restos das paredes policromadas. Sen esquecer a figura de Santa Baia, que coroa a porta alintelada, sobre o tímpano da mesma. Só quedan paredes, e madeiras  apodrecidas polo abando da mesma. Envolta por unha sebe de silvas. O retablo foi levado para Santiago, segundo manifestan os veciños.  A igrexa aínda estando orfa,  co seu paisaxe ao fondo, impresionara a calquera que teña sensibilidade para aprezar as cousas ben feitas. Logo, como proceden os amantes da Galiza, visiteina unha e outras vez. Olleina, estudeina e busquei información da mesma. Algo atopei. Santa Baia de Chacin, como debe ser chamada, mergullase nas ladeiras dos montes que baixan desde Pino do Val até o esteiro do Tambre.  Arrolada por especies autóctonas que dan forma a frondosa  devesa do mesmo nomes, A Devesa de Chacin. Devesa  onde os carballos depositan as súas cascaras, que tan sabiamente utilizaron os noso antepasados curtidores para zugarlles o tanino que logo utilizaban para curtir os coiros. Que boa industria perdemos. 

A devesa esta atravesada co canto da auga que enchen os mil regos e ríos que baixan, nun correr rápido a ao esteiro do Tambre,  non sen antes escorregar polas graníticas pedras, para, deste xeito, formar as magnificas fervenzas que a engrandecen, aínda máis, a Devesa de Cachin. Desde os altos cumios dos montes da Ruña,  Aro, Pedroso, Montes das Paxareiras baixan feixes de regatos e ríos. Os  regos de; Sisto, Castelinho, Gosolfre, Bao, Denonciña, Da Costa. Os ríos; Donas, San Paio, Beba e o Río Santa Baia que doa harmoniosamente as súas augas ao  Entíns, para que as leve mais pronto ao esteiro do Tambre. En verdade, o lugar arrufanos. Santa Baia de Chacin, non está soia, nestas devesas, acompaña a súa amiga  Leocadia, a capela de s. Xosé, As Pedras dos Mouros, a ermida de Paulo.

Entre as súas paredes,  exerceu as súas funcións o clérigo  Ruy Vasques. Personaxe que está na historia de Galiza, por ser quen escribiu a Crónica de S. M. De Iria. Obras, por certo, escrita en galego, aló polo 1467. Época en que se estaba empoñendo o español sobre o galego, non esquezamos que o galego até o XV víñase usando na documentación escrita e na fala do pobo, dunha maneira masiva. Non había ningún estamento que non o utilizase. É Ruy Vasques testemuña directa da Guerra dos Irmandiños, relatando parte da mesma e apoiando a mesma, cualificando a mesma de guerra xusta. A derrota dos irmandiños, deixaralle campo libre aos Reis Católicos para que podar exercer  a súa dominación sobre Galiza, sen miramentos. Ruy Vasques parecía intuír que na loita dos irmandiños tamén estaba en xogo o goberno dos bispos galego nas dioceses. Así anos mais tarde, entre 1500 e 1800, ao parecer, dos 144 bispados que gobernan as dioceses galegas, só 16 son galegos. Tamén nós da conta  dun manuscrito antigo escrito entre o 1100 e 1300, onde aparece retratada a nobreza galega reinante entre eses anos, cerca de 30 nomes. Manuscrito moi amplo, que a fins do século XVI atópase no arquivo da Igrexa Compostelán, segundo  queda anotado na Acta capitular de maio de 1589. Códice de 5 libros, do que ao aparecer só se ten noticia do primeiro, sen saber nada dos restantes.

Tamén semella que o chamado pintor Calibri –Pedro García Lema- é nado en Chacin. Formado en Compostela, na escola de artes e oficios, e máis  tarde da belas artes de San Fernando, en Madrid. Fai unha exposición en Vigo no 1935 para abandonar Galiza e pasar a ser un representante cultural da república para actividade culturais da sociedade de nacións. A súa obra espallase polo mundo;atopándose en museos, librarías e National Gallery Londrinense. Na Galiza, atopamos obras súas no Museo de Pontevedra. Aparece un breve xuízo crítico de Calibri, coincidindo cunha exposición realizada en Bons Aires, publicado no Galiza o 27 de xuño de 1937, onde tamén aparece o poema de Antonio Zapata García, que evoca o asasinato de Alexandre Bóveda, Secretario de Organización do Partido Galeguista. O propio pintor manifestaría, “ Si queremos ser libres, non debemos escravizar a ninguén, o que escraviza a alguén ten alma de escravo”.


-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.



[20-06-2015 17:39] Abreu comentou:

O titular do artigo diz muito: escrito em italiano, uma língua digna, culta e grande, pois o galego E PEQUENO, das gentes populares, ... A Galiza real...



A Galiza e nação diversa, distinta das demais, é “CASTREXA”



A nossa historia, não e pequena, a nossa língua e internacional, não somos cogumelos, somos um nação europeia exatamente de diversa que o resto dos europeus.



Se os nossos teóricos, ideólogos espalham semelhantes paradigmas, certamente não precisamos espanholismo nenhum pra rematares coa nossa nação.

[20-06-2015 10:40] Breogán comentou:

Palabras que escoan o amor polo Terra,...

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña