De vento forte musicado, mar picada en verbas rabudas, letras que falan de realidades nas que estamos a vivir, cheguei a conclusión que posibelmente sexa iso o que lles moleste os señores do goberno.
Estou a falar de música, de música na nosa lingua, estou a falar do único programa da CRTVG que existía, de entrevistas e música ao vivo, que tendo a desgraza de ser o único, emítíano nun horario intempestivo, como si de pornografía se tratara… Falo de Planeta Furancho, un latexo diario, actual de todo o que se está a facer en canto a música se refire no noso recuncho do mundo, na nosa Galiza. Non nos pilla de sorpresa que o quixeran quitar do medio, como fixeron con outros programas da TVG, estamos ante unha agresión máis contra a cultura galega, outra manipulación máis da policía lingüicida, que a exclusividade do seu traballo é destruir no canto de construir, eu chámolle galegofobia.
Os recortes presupuestarios destinados a nosa lingua e a nosa cultura, que mellor que invertilos en “macroproducións” como o videoclip de Enrique Iglesias, traer á TVG os venres pola noite ao tal Abraham Mateo ou inclusive pagar miles de euros por escoitar e ver o tremendo espectáculo “circense” da Panorama en calquer concello que goberne quen xa sabemos, ou non? señor Louzán…?
Queremos escoitar xente que fai música na nosa lingua, que fai arte, queremos unha CRTVG pública de calidade, queremos recuperar o noso, a nosa radio, a nosa televisión, temos que parar xa esta manipulación.
Podería citar centos de bandas galegas que están a cambiar o rumbo da música, que transmiten coas súas letras sentimentos, emocións, realidades que son difíciles de asimilar e percibir sen poñerlle un son de fondo, pero voume centrar, para poñervos como exemplo nun grupo en especial; a súa protagonista é una muller, brava, cos pés no chan, feminista , comprometida coa lingua, apaixoada da súa terra e das súas raíces…
Unha muller que marcou un antes e un despois na música do país, demostrando totalmente que é máis alá que unha canta-autora, senon que estamos ante unha poeta da nosa época, unha Rosalía do século XXI. As súas letras son máxicas , mais, a forma de transmitir as mensaxes é a que a fai única; ela é María Xose Silvar, coñecida como Sés.
Cantas mulleres coma ela nos fai falla para abrir mentes, para facer revolucións coas súas letras, en definitiva para tronzar os valos!! Como dixen antes, seguramente sexa iso o que non lles convenza ou conveña ao rancio neoconservadurismo do Partido Popular.
Hai unha eiva endémica na atención dos medios de comunicación con espazos insuficientes e subestimados , como din a Asociación de Músicos ao Vivo: “non andamos sobrados de planetas así, e Planeta Furancho é un deses lugares cheos de vida musical que ten que ser obrigatoriamente espazo protexido”.
No país hai calidade e cantidade, non deixemos morrer o que nos fai libres, deámoslle a nosa cultura o espazo que se merece.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.
[19-06-2015 11:56] Emilio lópez comentou:
Comparto a loita contra a galegofobia e a defensa duns medios de difusión cultural afincados nas raices da terra e da cultura galegas. Chegou a hora de sementar as nosas variedades e plantar as nosas plantas e temos que facelo xa. temos tanto noso e tan bo e sabroso que da noxo tanto papanatismo por calqueira purrela allea. E nopn son os "pepés" os únicos papanatas. Adiante coas raices da terra Galega!
Os campos marcados con* son obrigatorios.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.