11:19 Sabado, 19 de Agosto de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

04-04-2015

As súas ocupacións profesionais provocan que non teña moito tempo para atender a alcaldía, sendo cesado en 1932 (ano no que ingresara no Partido Galeguista)

Manuel Lastres Abente, o primeiro alcalde de Culleredo na II República

Valorar (7)

CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ

Manuel Lastres Abente naceu en Vigo, na rúa Colón nº 24, o 5 de maio de 1903. Era fillo do cirurxián José Lastres García, de estirpe de Muxía (foi un dos primeiros propietarios de automóbiles na provincia de Pontevedra, dono despois de “Autos Mugía” e accionista da “Sociedad de Recreo”, ubicada na rúa Real desa vila, incautada polos falanxistas en 1936), e de Flora Abente Escobar (filla do célebre médico, o xeneral Ezequiel Abente Lago, que dá nome, na Coruña, ao antigo Hospital Militar) e de Rafaela Escobar López. Irmáns de Manuel foron Carmen María, José, Rafael, Julio e José María. Os tres primeiros faleceron xoves. Julio (ao que encontramos nunha época como tenente de Intendencia) sería, en 1936, contador da Asociación de Artistas da Coruña e en 1964 aparece como un dos auxiliares da redacción de La Voz de Galicia, xornal onde se xubilaría. Pola súa parte, José María será, co tempo, funcionario da Deputación da Coruña.

Trasládase cos seus pais e irmáns a Vilaboa (Culleredo). Casará en Almeiras coa coruñesa Elisa Pardo Pernas (de 20 anos), o 18 de decembro de 1927, residindo no lugar do Portádego (Rutis), onde nacerían os seus fillos Rafael e Carmen María de la Barca.

Estaba emparentado co escritor Gonzalo López Abente, cos irmáns Victoriano e Victorino López Abente, con Eduardo Pondal Abente, con Isidro Pondal Abente e Isidro Parga Pondal, etc., cos Lopez Abente farmacéuticos... Por parte de pai, era sobriño de Manuel Lastres García, íntimo amigo do poeta Gonzalo López Abente. Manuel Lastres García, coñecido como “Don Manolo” ou “o Millonario”, foi avogado e era propietario dunha entidade bancaria en Muxía, logo absorbida polo Banco Pastor, na que tamén traballou Gonzalo López Abente cando rematou os estudos universitarios. Manuel Lastres García era cuñado de Gonzalo: en 1900 casa con Josefina López Abente. Membro da ORGA, foi tamén gobernador civil e deputado provincial.

Médico de profesión (cuarta xeración que abriu o seu bisavó Leandro Abente Chans), abre Manuel consulta na Coruña, na rúa San Andrés, traballando tamén como facultativo na Casa de Socorro.

Noutro lugar temos contado polo miúdo como foi a chegada da II República en Culleredo. O pucheirazo electoral promovido polos monárquicos fixo que se proclamasen, polo artigo 16, aos candidatos monárquicos (oito conservadores e oito liberais). O escándalo foi maiúsculo, porque a fraude fíxose diante dos fociños de varios candidatos republicanos. Manifestacións na rúa, denuncias no Xulgado, etc., provocaron a dimisión da Corporación saínte, asumindo o poder, e proclamando a República, o 15 de abril, unha representación popular: o comité executivo de Culleredo da ORGA. Logo de funcionar unha Comisón Xestora, e de seren anuladas as eleccións, estas repetiríanse o 21 de maio de 1931, resultando vitoriosa a candidatura da ORGA.

O 5 de xuño de 1931 constitúese o novo Concello, encabezado por Manuel Lastres Abente como alcalde. Todos os membros da Corporación municipal eran da ORGA.

As súas ocupacións profesionais provocan que non teña moito tempo para atender a alcaldía, sendo cesado en 1932 (ano no que ingresara no Partido Galeguista), aínda que permanecerá como concelleiro ata 1934: nunha sesión da Corporación celebrada o 17 de novembro dase conta da súa dimisión.

Manuel Lastres Abente

Nos momentos da sublevación militar, seguindo un chamamento feito pola radio aos médicos, incorporouse á Cruz Vermella situada na zona de Catro Camiños, dominada polos republicanos, e alí estivo curando aos feridos que entraban xunto a outros médicos, durante todo o tiroteo, ata que chegaron os soldados. Despois mobilizárono como médico militar. Neste interín, o seu pai, José Lastres, refuxiarase en Muxia co resto da familia.

Durante a época da Guerra Civil continuou co seu traballo no Concello da Coruña. Así, en xullo de 1939 vémolo como médico de garda, na Casa de Socorro do Hospital. Moi pouco despois, na sesión permanente do Concello da Coruña celebrada o 10 de agosto de 1939 “fué aceptada la renuncia que de su cargo de médico interino de la Beneficencia municipal presentó don Manuel Lastres Abente”.

O seu fillo Rafael confirmounos que fora mobilizado como médico e prestou os seus servizos como alférez médico no hospital militar que se instalou na Coruña, no edificio do desaparecido colexio dos Maristas.

Tamén nos contou que, cando o licenciaron, en 1939, marchou a Bos Aires, onde residían algúns parentes, no barco “Cabo San Antonio” (o máis grande dos tres transatlánticos da naviera Ybarra y Cia de Sevilla), coa idea de levar máis tarde á familia. Na capital arxentina estivo en contacto co seu curmán Horacio Bermúdez Abente, fillo de Balbina Abente Lago. Horacio (administrador de Aduanas na Coruña, deputado provincial en 1936 e masón) marchara a Bos Aires ao pouco tempo de concluír a sublevación militar, refuxiándose a súa esposa e fillos en Muxía.

En Bos Aires permaneceu un par de meses, pero como non lle recoñeceron o título de médico, regresou, esta vez noutro buque (o “Cabo San Antonio”, no que fora, naufragara, debido a un incendio, de regreso, a 300 millas de Tenerife). Instalouse en Madrid para preparar unhas oposicións a Médicos de Asistencia Pública Domiciliaria, APD, aprobou e solicitou unha praza nunha pequena vila de Las Palmas (só  saíran a concurso prazas destas características, vilas que non tiñan médico: as mellores non entraran en concurso, séndolle adxudicadas aos residentes “adictos”). O fillo non sabe o motivo polo que deixou todo o que tiña na Coruña para marchar tan lonxe; como tiña bronquite crónica, el comentaba que buscara un clima máis benigno, pero o seu fillo pensa que realmente cría ou temía que sufríria represalias e tería dificultades para prosperar na Coruña.

Marcharon en 1940 no vapor  “Isla de Tenerife”, quedando o seu fillo na Coruña, xa que estaba matriculado nos Maristas de 1º de bacharelato. Cando finalizou o curso, en xullo de 1941, Rafael embarcou no “Romeu”, mais antes tivo que obter o Navicert dos ingleses grazas á xestión  do  seu tío avó Manuel Lastres López, que coñecia ao consul inglés (a familia Lastres era pro aliados e antinazis: o pai do noso biografíado chamáballe a Hitler "Ese cafre teutón").

A viaxe de Coruña a Tenerife tardou oito días. Despois de saír de Cádiz, e xa no Atlántico, cunha forte treboada, abordou ao "Romeu" un destrutor inglés. Despois de varias tirapuxas deixaron que o barco continuara a viaxe, aínda que o seguiron para ver se se detía no mar: o capitán do navío inglés ameazara con afundir o barco se o facían, xa que sospeitaban que os barcos españois levaban subministros para os submarinos alemáns.

En Canarias permaneceu a familia ata 1945, uns meses en Las Palmas, logo en La Orotava (Tenerife) e despois en Firgas (Las Palmas). Lastres, como médico de APD, tiña un soldo para ocuparse da Beneficencia e nalgúns casos exercía de inspector de Sanidade. Podía ter consulta privada e nas vilas pequenas exercíase por medio de "igualas", unha especie de seguro privado que as familias tiñan co seu médico: pagaban unha cantidade mensual e as consultas eran  gratis.

En outubro de 1945 regresa coa familia á Península e solicitou unha praza na zona de Málaga. Estivo de médico en Jimena de la Frontera. Nesa vila, a uns 30 quilómetros de Alxeciras, estableceuse na Barriada de los Ángeles (onde estaba a estación do ferrocarril). Alí estivo destinado ata o 2 de decembro de 1959, en que obtivo praza en Marbella.

Neste tempo o seu fillo Rafael xa marchara da casa e traballaba en Sevilla, mentres que a súa filla Carmen María de la Barca (en memoria da Virxe da Barca de Muxía) casara en 1954 cun farmacéutico que se instalou en Jimena, Antonio Mata Gómez, fillo dun famoso farmacéutico de Málaga (a farmacia Mata da rúa Larios). A parella vendeu máis tarde a farmacia a un galego e trasladárase a Málaga. Tiveron tres fillas e un fillo. O seu fillo Rafael casaría en Madrid con Rosario e traballaría 30 anos en Iberia, sendo xerente en Baleares cando se xubilou. Non tivo fillos.

En Marbella había hospital e a Seguridade Social  estaba moi implantada, o que beneficiou a Lastres, que sempre tratou moi ben á beneficencia e aos traballadores e era moi esixente nos tratamentos: como consecuencia, o seu cupo de pólizas superaba o máximo permitido. En Marbella foi tamén médico da Mariña: tiña o título de médico da Mariña Civil, expedido o 5 de marzo de 1935.

En maio de 1973 xubilouse con 70 anos e marchou vivir a Malaga, no Paseo de La Farola, 15. Logo de varios anos practicamente en cadeira de rodas polo agravamento do enfisema pulmonar que padecía dende había anos faleceu o 2 de xaneiro de 1984. A súa esposa faleceu uns seis anos despois, e están soterrados en Málaga.

O Concello de Culleredo dedicoulle unha rúa na parroquia de Rutis.

Manuel Lastres Abente, na súa madurez en Marbella

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.

Manifestación do Día da Patria Galega de 2017

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal