14:42 Mércores, 22 de Marzo de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-06-2014

Do que vai de ano levamos 25 mulleres mortas a mans das súas parellas e ex-parellas no estado español, dentro deste lamentable número 4 son galegas, non morren, mátanas

Non morren, mátanas

Valorar (10)

HELENA VILAS VIÑAS



Do que vai de ano levamos 25 mulleres mortas a mans das súas parellas e ex-parellas no estado español,  dentro deste lamentable número 4 son galegas, non morren, mátanas. Neste artigo quero reflexar a miña indignación e repulsión cara todos os maltratadores e deixar claro que non hai cabida na sociedade para este tipo de xente.

Por desgraza a violencia de xénero sigue sendo no estado un problema que se quere invisibilizar e relegar ao ámbito privado, acada un nivel de preocupación máxima, non só me vou deter no ámbito doméstico/familiar, xa que este tipo de violencia está moi presente nas parellas adolescentes. Rapazas que o sofren e  apenas o teñen en conta ou réstanlles importancia cando non se trata dun maltrato físico, senón verbal ou psicolóxico, non son conscientes diso, e incluso  tómano como algo normal. Dáse con máis frecuencia  as condutas abusivas que o uso da forza e é difícil detectalo.

A transmisión deste sistema patriarcal que sigue perpetuando dun xeito invisible, xa que vai inoculando dende nenos e que se manifesta a modo de violencia na adolescencia, a través do dominio, control, poder, aillamento, etc…

Resumindo moito, faise imprescindible unha acción educativa empezando no fogar e nos centros de ensino. As institucións públicas, estas, xogan un papel fundamental. Pola contra o que se está a facer son máis recortes sociais; en prevención de violencia de xénero, en educación, en dependencia, etc… nin en un tema tan serio e grave como este, o goberno do estado español tampouco se quita a máscara de partido de dereita rancia e retrógada, lévano inscrito nos cimentos do patriarcado.

Este sistema educativo que queren implantar por os séculos dos séculos de total desigualdade, o único que conseguen é sustentar o patriarcado; nenos aos que se lles prepara para exercer o poder e a autoridade e as nenas para asumir a subordinación, ese aprendizaxe dos ideais do amor romántico, ese amor verdadeiro que queda vinculado ao sufrimento, a renuncia á propia individualidade, etc…

Como se vai a rematar con isto se cada paso que dá o goberno é un paso atrás? Nunca poderemos avanzar se non se toman medidas de seguridade preventivas, si non se pon especial empeño dende a raíz do problema. O que si é verdadeiramente certo que empregando a tesoira a todo non é a solución, por poñer un exemplo, só nos últimos tres anos recortáronse máis dun 30% o presuposto en medidas preventivas. Deste xeito é como demostran o apoio as vítimas? De verdade que non ven que cada ano esta barbarie vai a máis? Poñer fin ao terrorismo machista investindo en igualdade, ten que ser un dos puntos fundamentais e prioritarios da axenda política.

Na prevención, está a base contra a violencia de xénero e non perseguir aos asasinos unha vez o dano feito en vez de traballar antes para que isto non suceda. Eu chámolle violencia de xénero política-estructural: homes que matan, políticos que rematan.

Hai que reaccionar, modificar, cambiar, porque visto está, que as medidas que se están a levar a cabo son totalmente insuficientes e fracasadas.

Traballar para non permitir que isto siga sumando vítimas; só no 2013, o pasado ano, morreron 70 mulleres en todo o estado español en mans das súas parellas, e as miñas preguntas son as seguintes: que tan escandalizado estaría a sociedade si un grupo terrorista matase 70 persoas ao ano? Que tipo de medidas adoptaría o goberno?

Está claro que estamos condenadas a ser vítimas do patriarcado en todos aspectos. Sempre traballando e loitando por cousas na vida que aos homes se lles conceden por o simple feito de nacer homes.  Queremos un sistema educativo baseado na igualdade, na autonomía e na liberdade.

Porque sen igualdade a liberdade deixa de existir, pola contra, todas as mulleres estaremos condenadas a unha morte segura.



[22-06-2014 11:16] Patricia comentou:

A educación, dentro de todos os ámbitos, ten que ser o pilar fundamental no que se asente a loita contra a violencia de xénero. Por desgracia, quen goberna, obvia unha vez mais, este gran problema, cos seus recortes directos a este pilar básico na construcción dunha cidadanía libre.

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña