15:31 Mércores, 08 de Febreiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-03-2014

As conclusións que se tirarán dos debates, será cal é a política que é preciso reivindicar

II Encontro Europeo: Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural

Valorar (9)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ



Convocado pola Organización Galega de comunidades de montes veciñais en mao común (ORGACCMM), o dia venres 9 de Maio, na cidade de Lugo, terá lugar o II Encontro Europeo, Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural. Este II Encontro, será a continuación do 1º Congreso Europeo de terras comunitarias, que tivo lugar, fai dous anos, na cidade portuguesa de Vila Real, convocado polos nosos parceiros portugueses, a Federaçao Nacional de Baldios.

Neste II Encontro Europeo, Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural, participarán organizacións e entidades de Galiza (veciñanza comuneira, profesionais do sector, mundo da universidade, sindicatos agrarios, grupos medioambientais ...) e de fora de Galiza (Montes de Socios Sorianos, Montes Veciñais Asturianos, Consulta della Propietá Collettiva de Italia, Conferaçao Nacional de Agricultura e Federaçao Nacional de Baldios de Portugal ...)

Nese II Encontro Europeo, Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural, debateranse cuestións referentes a posta en valor dos montes veciñais de xeito multifuncional e sustentábel, a xestión comunitaria dos recursos como alternativa a explotación capitalista dos mesmos, a soberanía alimentar, un medio rural vivo, é decir, con populacións adicadas a diversas actividades e con servizos, a xeración de emprego no medio rural...           
As conclusións que se tirarán dos debates, será cal é a política que é preciso reivindicar para acadar estes obxectivos .                          

Para que sexa posíbel acadar un monte veciñal, multifuncional e sustentábel, e preciso que exista monte veciñal, monte veciñal como titularidade comunitaria. A dia de hoxe, a supervivencia de esta titularidade singular, está en perigo. Nestes momentos nas dúas nacións europeas (Portugal e Galiza), onde mellor organizada está a veciñanza comuneira, o neoliberalismo está tentando de arrancarlle esta titularidade aos seus lexítimos titulares. Na Galiza estamos a un ano, se non o paramos, de que o Partido Popular, roubelle a veciñanza comuneira a xestión de mais de 250mil hectareas de monte veciñal para entregalas, de balde, a empresa forestal privada.                         

En Portugal, a cuestión e aínda mais grave. Non se propoñen roubar a xestión, propoñen roubar a titularidade. O partido do goberno portugués (o PSD), ten presentado unha proposición de lei para alterar a Lei de Baldíos (unha das poucas leis que quedan en pé do 25 de Abril). O obxectivo de esta proposta de lei e desnaturalizar ós baldíos en canto patrimonio comunitario, tornándoos en propiedade privada. De tal feito que os compartes portugueses, teñen convocada unha manifestación en defensa dos baldíos para o dia 3 de Abril en Lisboa. Neste contexto, a celebración deste II Encontro Europeo, colle, se cabe, mais relevancia. Estamos ante unha agresión capitalista a un patrimonio comunitario. É preciso unha resposta común dado que é a mesma loita.                                

O II Encontro Europeo, Montes Veciñais - Desenvolvemento Rural, tamén se celebra noutro contexto, neste caso por pura casualidade. A campaña electoral para as eleccións o Parlamento Europeo. Este contexto tamén debe supor un reforzamento da defensa das titularidades comunitarias. Neste senso, a Asemblea Xeral da ORGACCMM, celebrada o pasado 8 de Febreiro, aprobou, por unanimidade, unha resolución para solicitar dos grupos políticos, que nos seus programas electorais, incluísen o recoñecemento, nas lexislacións galegas, estatais e europeas, dos montes veciñais como unha titularidade máis e distinta.

O único grupo político que respondeu a esta solicitude, e respondeu positivamente,  foi o BNG. Mais é de xustiza recoñecer que esta, non é unha postura electoralista. A praxe política do BNG, tanto na oposición, como no goberno, ao respecto do monte veciñal, foi sempre a mesma, a defensa de esta titularidade comunitaria e favorecer que a veciñanza comuneira, fose a protagonista da súa posta en valor. Nestes momentos, nos que parece que se está a por de moda artigos no sentido de "eu voto por" ou "eu non voto por", eu, como galego e como veciño comuneiro digo que nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo, votarei BNG. E, entendo que a veciñanza comuneira compre que lea os programas electorais, compare a praxe política dos partidos, e logo, vote en consecuencia.

Porque, no que fai respecto os montes veciñais, a pouco que se escarve nos programas electorais, e se compara a praxe política dos partidos, tamén se comproba que non todos os grupos políticos son iguais.



[30-03-2014 22:25] Joam Evans Pim comentou:

Mente-se neste artigo:

http://www.partidodaterra.net/soberania-territorial/

"Reconhecimento pleno do regime de propriedade comunitário ou vizinhal de tipo germânico, como forma de propriedade imprescritível, inalienável, indivisível, impenhorável e inequivocamente diferenciada da titularidade pública ou privada."

"Facilitar a recuperação e incorporação de velhos e novos terrenos e bens comunais ao património em mão comum das assembleias paroquiais ou de aldeia, criando ainda as condições para que possam assumir e maximizar a gestão comunitária de recursos ou empreendimentos, podendo criar ainda empresas comunitárias e aplicar fórmulas de trabalho cooperativo."

http://www.partidodaterra.net/soberania-alimentar-e-energetica/

"Reconhecimento do valor multifuncional (social, produtivo e ambiental) dos montes vizinhais, incluindo a totalidade dos aproveitamentos potenciais da sua superfície e subsolo, como garante da sustentabilidade ecológica e humana do rural mediante lógicas de exploração comunitárias."

"Potenciação das espécies arbóreas autóctones e potenciação do seu valor multifuncional (exploração madeireira, produção e recoleção de cogumelos, castanhas, frutos silvestres, etc.)."

"Derrogação da legislação intervencionista estatal nas comunidades de montes vizinhais em mão comum, garantindo o seu caráter e autogestão plena."

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña