17:10 Martes, 26 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-02-2014

Ultimamente moito escoitamos falar da marca España pero realmente coñecemos o estado da marca Galiza?

MARCA GALIZA nos sectores produtivos galegos

Valorar (11)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS



Galiza en tempos atrás foi punteira en moitos sectores sendo un país de referencia para outros moitos, tempos que nos foron arrebatados de xeito cruel baixo o xugo de políticas estatais e de políticos ineptos que se deixaron cegar por correntes que asomaban máis aló do Padornelo e que destruíron a marca Galiza en beneficio duns poucos e no ruina dun pobo loitador e traballador.            

Podemos empezar polo sector do mar onde falar da marca Galiza era falar da pesca de baixura, do marisqueo, das artes de pesca, de conserva, do naval, de tecnoloxía, que eran o sustento de moitas familias e de moitos pobos costeiros. Pobos que medraron o redor dunha economía sostible e con futuro. Pero chegaron as directrices europeas e estatais onde as cotas para campañas se vían reducidas sen ter en conta o número de barcos e de capturas de anos anteriores, primouse a venta de barcos en vez de apostar pola profesionalización e innovación no sector pesqueiro das nosas rías, so hai que ver a próxima cota que supoñerá unha redución dun 25% pero máis significativo é o reparto por exemplo da cota de xurelo e xarda onde a discriminación da flota galega é moi visible.            

Falar de mariscos galegos era garantía de calidade, de sabor, de bo produto pero deixouse que baixo a marca Galiza se vendan mariscos foráneos como si fosen galegos sen que se vexa por parte da Xunta accións que paren esta ilegalidade. Incluso no mundo conserveiro cando eramos potencia mundial nesta industria agora un alto porcentaxe desta industria mudou a países de Sudamérica e Africa pero seguen aproveitando a marca Galiza.                

E non podo esquecerme da problemática do mexillón e da súa comercialización onde cada vez o consumidor temos máis dúbidas en saber si é mexillón galego ou chileno pola falta de criterios a hora do etiquetado.                      

Na agricultura e na gandería a marca Galiza era un sector en punteiro na gandería e na produción de leite no so por número de cabezas de vacas senón pola calidade da carne pero volveron as cotas do leite e a desprezar o leite galego fronte ao leite doutras comunidades abrindo unha gran fosa de desigualdade entre comunidades do estado español, os galegos para non varias os últimos pero si se aproveita o adxectivo galego para vender produtos foráneos, claro exemplo o tivemos hai un par de meses nunha cadea de supermercados vasca vendían “chuleta de ternera gallega” pero a vaca resultaba ser de orixe alemán, criada en Alemaña e sacrificada en Alemaña. Ante o revelo que fixeron os consumidores a cadea xustificouse dicindo que foi un erro de etiquetado, pero si cola cola, onde están os organismos que defenden a marca galega? Nin asomaron. E este é so un exemplo do que ocorre a miúdo o noso o redor porque ata os pementos de Padrón en moitos lados so teñen da terra de Rosalía o nome porque a terra que os veu crecer esta en Marrocos. E mentres moitos galegos e galegas loitan por recuperar os nosos produto autóctonos, as nosas razas pero sen axuda da Xunta.                

Un sector onde vender a marca Galiza: o turismo, que se esta a facer? Pasouse moitos anos mirando o embigo e intentando copiar o modelo do Levante mentres descoidamos a nosa propia riqueza como país, queremos vender o país dos mil ríos pero máis ben deberían vender o país das minicentrais porque os plans que teñen para os nosos ríos son ben desalentadores. Queren vender paisaxe pero si hai que facer minas en Corcoesto e no Caurel pois que máis da a paisaxe o único que fai que se anulen as licencias de actividade é si a empresa ten solvencia económica ou non, o impacto ambiental metémolo nun caixón a encherse de po si total en Galiza para eles sobran montes, prados, ríos e arboredas. Un turismo de praia cheo de portos, náuticos, espigóns, recheos no mar, ….. que agora o mar volve a reclamar para si, porque a natureza non entende nin de Europa, nin do estado español nin de urbanizacións populares nin de burbullas inmobiliarias.        

Xa hai moitos anos que os romanos ben souberon aproveitar a riqueza do noso país: a gastronomía, a natureza, a gandería, a agricultura, …. riqueza que explotaron, gozar e que deixaron un sin fín de pegadas e mostras repartidas por todo o territorio galego e agora co paso dos séculos van uns cantos galegos avariciosos, cheos de codicia destruír esa riqueza, esa singularidade que nos identifica como pobo, como cultura e sobre todo como un xeito de vida sostible e con futuro. Pero baixo a influencia do eslombamento que produce pasear baixo unha fonte coroada cunha deusa chamada Cibeles prefiren o avasalamento e a destrución dun país para sentirse reconfortados baixo o manto dun estado discriminatorio e ineficaz para solventar os nosos problemas pero ao menos que nos deixaran gobernar o noso país, porque para volver a ser marca Galiza ninguén mellor que os galegos de corazón, do terruño, dos que creen no país e sobre todo dos que teñen ideas e gañas para medrar e volver a ser punteiros, volver a ser un país solvente e vangardista e non deixarse outra vez asoballar e espoliar os nosos recursos sen obter nin parte nin beneficio.                  

A marca Galiza é rentable, é viable pero depende de nos volvela a fortalecer, volver a potenciala para beneficio do noso país e dos galegos e galegas que permanecen e loitan por manter usos, costumes, dereitos sen esquecer obrigacións.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña