03:20 Sabado, 10 de Decembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

14-02-2014

A denominada cultura Gay ou cultura LGTBI

A condición sexual

Valorar (24)

XACOBE GARCÍA SOUTO



Levo unhas semanas falando e tentando indagar na rede sobre un concepto difícil de abordar. O tema é a denominada cultura Gay ou cultura LGTBI. Este concepto é aplicado a aquelas temáticas, gustos ou preferencias dun colectivo concreto mais ao meu ver caemos nun erro ao tentar de adscribir baixo a denominación de cultura a algo que transcende realmente a calquera cultura.

A condición sexual é un tema transversal que abrangue calquera cultura ou subcultura urbana e non podemos circunscribila a uns comportamentos concretos. Se nos damos un baño de historia, podemos ver como dende os comezos das distintas civilizacións se trata este tema. Dende promulgacións de leis que o restrinxen ou que o condenan ata a mitoloxía exipcia que o engloba na explicación da deshonra dun dos seus deuses. Mais podemos dicir que o concepto xorde, como todo o movemento de liberación do colectivo, nos 70 coa revolución de Stonewall.

É a primeira vez que o colectivo se enfronta ao poder para facerse ver como tal colectivo. Onde na intentona de desaloxar un bar de ambiente os ali congregados néganse a facelo. Ata aquí todo normal, o problema ben cando tentamos elevar unha condición a categoría de cultura, mais aínda, cando nos movemos na liña tan fráxil de tentar normalizar a existencia do colectivo LGTBI contraposta a necesidade de reivindicación política e o activismo para visualizar o colectivo e facermos desta unha loita antisistema.

Se ben pode ser certo que existe unha parte do colectivo que que comparte iconas ou gustos concretos e incluso un estilo propio, hoxe por sorte, o colectivo é do mais ecléctico e abrangue todas as subculturas existentes.

Se nos elevamos como colectivo a categoría de cultura estamos circunscribíndonos a unha filosofía a unha maneira de pensar e inclusive a uns hábitos de consumo. Caer nisto racha coas necesidades expostas no paragrafo anterior pois non podemos normalizar algo nunha sociedade se cremos estar por riba da súa cultura ou ser unha cultura distinta. Ao que nos leva a defensa desta cultura é a que a dia de hoxe o sistema teña aceptada a existencia do colectivo que se engloba baixo esta denominación. Así, podemos ver como só se acepta baixo os parámetros da cultura gay dous tipos de homosexuais: a poder ser homes brancos, cun poder adquisitivo grande, normalmente solteiros; ou con parella estable pero nunca nun amor romántico; contraposta a figura do gay, tamén home, baixo a denominación de “loca” e con actitudes promiscuas. Esta claro que o sistema teno ben estudado, facendo todo unha campaña mediático-comercial dirixida a este colectivo.

O problema real ven cando morre a reivindicación do colectivo, concretamente no estado español coa consecución do matrimonio, desaparece a aspiración a conquerir calquera outro dereito parece que ao chegarmos a diluírnos nas formas estándares comerciais que o heteropatriarcado nos posibilita xa está o traballo feito e continuamos na actitude de manifestarnos como cultura ao marxe da sociedade na que habitamos. Se ben procuramos a normalidade, non podemos homoxeneizarnos. Cabe a posibilidade de que a miña tese sea froito do análise dende uns parámetros de esquerda con intención transformadora, mais non é iso o que se procura con todo movemento social oprimido?

Nos vivimos en Galiza, co cal pertencemos a cultura galega e como tal temos pensamento e filosofía de galegos. a marxe disto somos LGTBI condición concreta que se restrinxe a uns gustos sexuais. Se nos autoconvencemos de que precisamos espazos de confluencia propios illados da sociedade, de parámetros vitais distintos e denominamos aos nosos gustos propios da nosa condición caemos na aplicación de roles que non estamos dispostos a asumir. Pois se ben no seu momento as mulleres loitaron por rachar cos roles de xénero, desmontando o concepto de: “isto é cousa de homes isto e cousa de mulleres”; o movemento lgtbi non pode caer no mantemento para si deste tipo de roles pois no colectivo teñen cabida todo tipo de ideoloxías, pensamentos e gustos.

Temos lido na prensa e en webs oficiais como múltiples organizacións critican o mantemento nos eixos actuais dunha reivindicación ao redor do día do orgullo en Madrid que se converteu nun fenómeno puramente turístico mais que a actividade que estas organizacións realizan seguen indo nas coordenadas dun eixo X de visualización e un eixo y: posibilidades de que o sistema nos acepte. Agora ben, digo eu, que sentido ten isto? Que procuramos? A que horizonte imos con isto? O lóxico é sermos unha acción transformadora que posibilite non que a sociedade acepte ao colectivo se non que o tome como algo natural sen maior acritude.

Esta claro que para isto precisamos políticas de educación sexual no ensino e accións nas que podamos amosar que o ser homosexual so se circunscribe a persoa coa que te deitas e a que queiras, pois como persoas fan o mesmo que o resto da sociedade: traballan en tódolos campos, vai de festa en calquera ambiente, ten a ideoloxía política que lle peta e asume o rol vital que quere (nin mais feminino nin mais masculino).

E xa rematando existe acaso unha cultura heterosexual? E unha cultura da muller?

A condición sexual LGTBI ao igual que o feminismo e a lingua forma parte da superestrutura non é unha cultura en si mesa se non que debe pretender transformar as culturas nas que vive para poder acceder aos dereitos que temos como pertenza ao conxunto da humanidade.



[28-10-2014 00:19] Roska comentou:

Xacobe García, todólogo. A soberbia de crer que se pode poñer por escrito o primeiro que pasa pola cabeza, e que é valioso facelo.

[14-02-2014 09:44] concha outeiro comentou:

Que grande satisfacçom, ler um artigo dirigido ao conjunto da sociedade. Fugir de mensages reducidas nesta questom é uma valentía que se agradece. Com esta mocidade quem pode falar de que nom há futuro?

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña