21:06 Domingo, 29 de Xaneiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

26-01-2014

Queren convetir o medio rural galego nun inmenso eucaliptal e nunha leira de cultivos enerxéticos

O medio ambiente como moeda de cambio

Valorar (11)

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ



O goberno central, mediante a lei de Avaliación medio ambiental que está a elaborar, prantexa que o medio ambiente sexa unha moeda de cambio controlada polos mercados; mercados que son salvaxes e estan desrregularizados para o servizo do capital. Seguindo modelos norteamericanos (volvemos ao vasalaxe feudal?), pretenden que se poidan compensar os danos medioambientais poducidos por diversos proxectos (infraestructuras, urbanizacions, industrias, industrias agresivas tamén), mediante traballos de recuperación medio ambiental, en lugares distintos onde se pruduce o dano.

Esta mercantización do medio ambiente (persoas, territorio e vida), deixa nas máns dos intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos, a chave para que, con toda a impunidade e para engordar os seus beneficios particulares, arrasen con enclaves de importante valor medioambiental. Exemplos de mercantización do medio ambiente xa temos e mesmo, coñocemos os seus resultados negativos.

Existe un mercado do CO2; mercado xenerado para (dicían os seus creadores), mitigar o efecto invernadoiro. Mediante este mercado (mercar bonos de emisión para seguir a contaminar), os únicos beneficiarios foron as empresas contaminadoras que puideron seguir a contaminar, pero agora coa conciencia tranquila, porque pagaban unha penitencia por elo, e xa que logo, obtiñan o perdón. Pola contra, os que verdadeiramente combaten o cambio climático, os titulares dos montes, por exemplo, non acadaban ningún beneficio neste mercado. Mais como o mercado do CO2 é a fín de contas, mercado, está suxeito aos intereses especulativos e os prezos fluctúan segundo os intereses. Así, podemos comprobar como cando se crea o mercado do CO2, o prezo da tonelada de carbono era de 30 euros e na actualidade está en 3 euros, e con tendencia a baixa.

Este considera o medio ambiente como un cromo intercam- biavel, xa se aplicou nos chamados selos de certificación forestal; selos propiciados por grupos ecoloxistas de carácter internacional, con artes mediaticas, mais sen implantación territorial. Que non recoñecen o carácter nacional de Galiza. Estes selos de certificación forestal permiten, a cambio de ter unha miníma plantación de frondosas, os cultivos monoforestais. De isto sabe moito Norfor (a pola forestal de Ence), que ten certificado forestalmente monocultivos de eucaliptus.

O medio ambiente (persoas, territorio e vida), non pode ser un cromo intercambiábel, nin unha moeda de cambio. Non pode ser considerado como un departamento, un estanco. As diversas actividades que se leven a cabo nun lugar concreto, deben levarse, tomando as medidas necesarias para a defensa e a protección do medio ambiente.

E se este non fose posíbel, debe prevalecer a protección e a defensa do medio ambiente. Porque o medio ambiente é finito. Estamos a falar da verdadeira sustentabilidade. Con esta lei española de avaliación medioambiental, vaise a producir unha perda neta dos ecosistemas para beneficio dos intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos.

Non é de recibo destruír un lugar compensando outro.

Na Galiza estamos gobernados polo Partido Popular, baixo o mando do timonel Núñez Feijóo (timonel porque o patrón ou a patrona, son outros). Un timonel que é alunno aventaxado na recentralización, na reducción da democracia e na eliminación de dereitos. Baleirar de contido o pouco contido que xa tiña o Estatuto de Autonomia, reducir o número de parlamentarios/as para eliminar democracia. .Querer convetir o medio rural galego nun inmenso eucaliptal e nunha leira de cultivos enerxéticos Recortes en insino, sanidade, dependencia. Reducción de salarios os funcionarios públicos. Todo isto, son notas no seu rol, na súa libreta.

Imaxinar esta lei española de avaliación mediambiental na mente e nas mans do timonel Núñez Feijóo, mete medo. Cando non, pánico.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña