23:42 Xoves, 06 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-06-2013

Cáusame sorpresa que sexa noticia que todas as comunicacións estean “pinchadas” polos servizos secretos estadounidenses. Sábese, intuímolo, dende hai tempo

Vixiados e sen armas de destrución masiva

Valorar (0)

XURXO MARTIZ CRESPO



Cáusame sorpresa que sexa noticia que todas as comunicacións estean “pinchadas” polos servizos secretos estadounidenses. Sábese, intuímolo, dende hai tempo. Un amigo meu, relixioso marista en Latinoamérica, deixara os hábitos e conseguira traballo nos Estados Unidos, segundo el nunha “axencia estatal” polos seus coñecementos de éuscaro. Máis de 300.000 persoas traballan para eses servizos, só nese país. Moito antes da profusión da internet, e da súa intervención en facebook, google, etc...,  existía a rede Echelon, proxecto secreto tamén chamado SIGINT e do que Estados Unidos nunca deu explicacións. O programa da Axencia de Seguranza Estatal dos Estados Unidos (a CIA interna) tiña intervidas todas as comunicacións e contaba coa colaboración da Gran Bretaña e “socios seguros” (Australia, Canadá, e Nova Celandia) que coa colaboración de empresas como a ITT permitía o “pinchazo” de todas as comunicacións sen orde previa nin xustificada. Hoxe as compañías “colaboradoras” son Yahoo, PalTalk, AOL, Skype, YouTube, Apple.... é dicir, todas.            

O capo da mafia siciliana Bernardo Provenzano dirixía o seu exército de mafiosos con ordes escritas en pequenos anacos de papel, único xeito de esquivar o seguimento das súas comunicacións. Así puido, durante anos, eludir a policía; foi detido por unha delación.         

Por iso, nun mundo en que sabemos que todas as comunicacións están   intervidas, resultan de difícil credibilidade que atentados coma os das Torres Xemelgas foran sorprendentes ou descoñecidos polos servizos secretos estadounidenses e, por iso, hai moitos que sospeitan da colaboración neles, activa ou pasiva, dos servizos de espionaxe estadounidenses.          

As declaracións do axente da CIA verbo a intervención das comunicacións conteñen tanta novidade coma a crenza que tiñamos de que Iraq non tiña armas de destrución masiva.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña