16:24 Martes, 26 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-03-2013

Dobréganse aos intereses estranxeiros antes de mirar as necesidades da casa, pensando que así van deixar atrás os complexos de inferioridade

A desfeita da nosa terra

Valorar (22)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS


Caldelás


Hai uns meses a Xunta de Galiza eliminou as axudas para a recuperación das nosas razas autóctonas sen darse conta do dano que lle esta facendo non so a nosa gandería senón tamén ao noso patrimonio cultural, natural, social e económico pero tamén demostran a falta de cultura e de coñecemento da nosa forma de vida porque no seu pensamento so teñen cabida as formas de vida foráneas baixo o lema : “o de fora é mellor que o noso”.    

Co claro obxectivo de parecerse cada vez máis a forma de vida do resto de comunidades do estado español permiten perdas que xamais poderemos recuperar.  Perdas como as do sector pesqueiro que cada vez que van a Bruxelas  baixo o lema da negociación os nosos mariñeiros tremen pensando en como vender o seu barco ou afrontar o tempo que lles queda para xubilarse porque no mar xa non teñen futuro.    

Dobréganse aos intereses estranxeiros antes de mirar as necesidades da casa, pensando que así van deixar atrás os complexos de inferioridade que senten por ter nacido na terra dos mil ríos e na terra dos campos verdes. Campos verdes que deberían estar revalorizados e non destruídos polas ansias de enriquecemento de certas empresas que so ven os dólares que poden sacar a nosa terra esquecendo os que vivimos aquí día a día e intentamos vivir e coidar o noso entorno. Exemplos claros deste espolio e devastación territorial están as licenzas as minicentrais e as licenzas para as explotacións mineiras.    

Mentres en moitos pobos se potencia o consumo de  produto de km cero que axudan a economía local, aos pequenos emprendedores, as pequenas empresas e sobre todo manteñen a estrutura social e económica do entorno hai quen baixo a vara de mando que lle outorgaron  pensa que a mellor opción é a de importar leite porque sae máis barata que revalorizar o sector gandeiro.    

Inda que temos un mes de marzo bastante chuvioso en breve estaremos xa pensando nos incendios dos nosos montes,  hai moita maleza, o monte esta descoidado pero si manteñen a ENCE na ría de Pontevedra pensando nos eucaliptos que algo lle poden sacar en vez de apostar por  unha  gandería sostible que non so mantería os nosos montes limpos senón tamén recuperaríamos o noso  sector cárnico aforrando en loita contra incendios pero fortalecendo economicamente as comarcas.    

As nosas morenas galegas: Cachena, Caldelá, Limia, Frieiresa e Vianesa, son razas autóctonas en recuperación cunha forte adaptación ao medio e alí onde o terreo por  condicións orográficas non permiten  o uso  de maquinaria agrícola estas razas conseguen  chegar  debido a súa gran  adaptación ao medio.  Pero empezouse a primar  as razas modificadas xeneticamente ou traídas doutras zonas porque engordan máis  rápido e así sacarlle  maior rendemento leiteiro e cárnico.  Ao igual lles pasou a cabra galega, a ovella galega, ao porco celta, ao galo de Mos e ao cabalo de pura raza galega.    

Levo tempo dando a coñecer as nosas razas e cada día non deixo de sorprenderme cando persoas maiores ao ver as fotos ou lembrarlles me din que case as tiñan esquecidas pero todo son loas as propiedades que tiñan no campo e o sabor a hora de comelas e amosan nas súas palabras a tristeza ao recoñecer que se esqueceran delas, a mágoa de non poder disfrutalas no seu entorno. Pero sobre todo o que máis rabia da e ver como os gandeiros que apostan pola recuperación, por manter as raíces, por manter un patrimonio e polo entusiasmo e paixón que lle poñen o seu traballo e por iso como galegos debemos apoiar esta laboura para conservar o noso, pola aposta da nosa economía pero sobre todo si hai un selo que vende Galicia Calidade esixamos que esa calidade se potencie que xa esta ben de que sempre nos obriguen a mirar para o embigo. Podemos nacer na lameira, nas pedras do mar ou entre toxos pero é o noso futuro e a nos aterra.


[21-03-2013 19:42] oleiros70 comentou:

Obrigadinho e parabéns.
Subtitulara a introduçom ao óptimo documentário Somos Acô: "Genocídio do PP no rural galego"; depois mudei, acussar dum delito é delito, a IP está a nome da minha companheira e nom quero delinquir, prometim aos meus pais que nom o faria.
Agora si podo falar em genocídio; vacum [animal totémico para @s galeg@s nom marinheir@s], mais genocídio.
ACABAM COM TODO!
Saúde

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña