18:05 Martes, 26 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-01-2013

Pero dos xestores non interesa falar e moito máis cómodo e rendible botarlle as culpas aos usuarios

Cando os sistemas públicos fallan por culpa dos malos xestores

Valorar (11)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS



Pero dos xestores non interesa falar e moito máis cómodo e rendible botarlle as culpas aos usuarios, que moitos deles non teñen bastante con chegar a fin de mes e soportar enfermidades de toda índole que inda por riba van ter a culpa do gasto que fan nos hospitais.    

Escribo estas liñas dende un sofá dun hospital no que levo varios días acompañando a un familiar e observando a falta de xestión no que se debería vixiar e sen embargo sofres a carencia de produto necesarios para o paciente coa escusa dos recortes.    

Si tan deficitario é o servizo como hai empresas privadas pelexándose por conseguir eses contratos? O servizo deficitario estano a facer por conveniencias e intereses caciquís para que queden co pastel os de sempre e os enfermos non lle quede máis remedio ou morrer por non poder asumir tratamentos ou intentar recorrer a terapias alternativas.    

Sen ir máis lonxe na habitación na que levamos case un mes levo esperando 3 semanas a que veñan arranxar  a chave do radiador e non hai maneira e mentres o radiador está encendido a tope día e noite nos temos que ter as véntanas abertas para poder respirar nesa habitación, isto é o que chaman eficiencia enerxética? Ou consumo responsábel?      

Logo xa non falemos da falta de roupa nos hospital, algunhas sabanas están tan remendadas que non sabes si son sabanas ou unha alfombra de fíos e logo atópaste casos como cando lle dan de alta a un paciente e non marcha ata mediodía lle mudan a cama e tan pronto marcha volven mudar esa cama co cal esas sabas volven a lavarse estando sen usar e limpas, e logo falar de aforro no consumo de auga? As camas dos pacientes que se van de alta xa non se deberían mudar a menos que estivesen manchadas ou molladas.    

E o mesmo pasa co dispendio en comida, aparecen coa comida dos pacientes que foron dados de alta e estes xa marcharon e esa comida, inda que sexan as sobremesas de lácteos cerrados acaban tirándose na lixo, pois pola contaminación non se poden volver a usar e despois vaslle pedir un iogur para un paciente que non comeu e ten moita fame e non teñen por culpa dos recortes ou unha xelatina necesaria nos pacientes que non poden tragar líquidos e ves como non hai moitos meses enseguida cha proporcionaban e agora esperas e esperas.    

Quizais sexan exemplos absurdos, pero son cousas que os paciente e familiares vemos tódolos días e nos preguntamos como será o dispendio por detrás que non se ve, pero un gran non enche o palleiro pero axuda o compañeiro, pero iso non interesa, e mellor privatizar, reducir persoal e botarlle as culpas a crise e que o enfermo pague polas menciñas, por estar no hospital, pola ambulancia para ir aos tratamentos e a rehabilitación.    

Pero isto sucede moito porque non se colle por unha orella ao xestor de quenda e se lle da unha volta polas habitacións para que coñeza o que realmente sucede, pecharlle o despacho e telo unhas mañas, unhas tardes e unhas noites facendo roldas seguro que ou ben renuncia ao cargo por sentirse inútil ou toma conciencia do que sucede.    

Xa esta ben que sempre paguemos os mesmos, os pacientes, vai sendo hora de que paguen os verdadeiros culpables desta situación: os malos xestores, porque seguro que si estes xestores estivesen en Adeslas, Sanitas,… seguro que non duraban un mes e non falemos si estivesen na famosa Caspio onde todos respiran a mesma cor e se matan polos concesións de sanidade e logo si temos que agochar os millóns en Suíza pois agochámolos e si fai falta ir a Andorra cargadiños de billetes de 500 euros pois vaise, que para iso teñen amnistía fiscal por ser “amiguiños”.    

Veño de escoitar como traballadores sanitarios están pechados no Xeral en Vigo pero ou hai unidade ou xa sabemos como rematara esta loita. A estes xestores había que pagarlles por rendemento e seguro que a final de mes moito deles terían que pagarlle ao Sergas por ser xerentes e non o revés. Empecemos a pedir responsabilidades dende a Xerente do Sergas, a conselleira de Sanidade, aos responsables de área e aos supervisores e senón cumpren pois a buscarse a vida noutro lado como facemos moitos cidadáns porque vos podo asegurar que as veces vale moito máis unha auxiliar que ten vocación que unha enfermeira que a nomearon supervisora tan so por ter unha carreira, e notase cando esa auxiliar esta de quenda pois ves como as cousas funcionan e no quenda que non esta as veces é un autentico desastre sendo a mesma planta, o mesmo número de pacientes, o mesmo número de persoal.    

Por iso dende a oportunidade que me da este medio quero loubar o traballo que fan estas persoas que velan porque a pesares de que lles están recortando por tódolos lados se empeñan en que o sistema siga funcionando e que os pacientes non noten os recortes, darlles as grazas a eses/as auxiliares, enfermeiros/as, médicos/as e celadores/as que seguen apostando polo sistema público pero tamén quero CONDENAR  a esa panda de lacazáns que nin teñen vocación, que están nos postos porque se pensaron que ser funcionarios xa tiñan a vida asegurada e aos que creen que porque é público e gratuíto poden facer e desfacer o seu antollo, e poden desbaratar porque a eles non lles sae do lombo, a eses que inda por riba se gustan chamar profesionais mellor telos no monte a rozar toxos para evitar as queimas no verán que telos ao fronte dun sistema tan necesario como é a sanidade.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña