09:43 Xoves, 29 de Setembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

29-12-2012

"Andreu, amic, torsimany de metalls"

Raimon e Andreu Alfaro

Valorar (10)

XAN FRAGA RODRÍGUEZ



Recibimos con tristeza a nova da morte de Andreu Alfaro (Valencia, 1929-2012), o excelente artista, singularmente escultor, que nos deixou no mesmo momento en que na Rambla de Santa Mónica, en Barcelona,  asistimos a unha excelente exposición sobre Raimon, o seu amigo Raimon. Queremos dende aquí render a nosa modesta homenaxe aos dous artistas valencianos recordando que foi Andreu Alfaro quen realizou o magnífico debuxo (ver documento axunto) que acompañaba ao programa das cancións que ofreceu Raimon en Compostela o 9 de maio de 1967. Ramon Pelegero Sanchís (Xátiva, 1940), Raimon dedicoulle (1978) un sentido poema - canción que reproducimos aquí:

Andreu, amic, torsimany de metalls
d'on ha vingut la força i la vida
que retrobem en la teua escultura.

Dels ponts del riu i de les pedres velles,
dels clars matins, de la llum dels baladres,
dels teus dos peus de passejades dòcils.

Carrers estrets i espais poc metafísics,
tot l'entrellat d'una ciutat difícil,
indiferent i secularment puta.

Del llom del gos la majestat domèstica,
l'angle feroç de vertical segura,
essencials virginitats remotes.

Andreu, amic, torsimany de metalls,
eròtic cast de fusta ben antiga,
arribes tu on la paraula es trenca.

De ferro vell i de mesura insigne
-germans de crit- t'he fet aquest poema,
Andreu, amic, torsimany de metalls.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña