16:47 Martes, 26 de Outubro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-11-2012

Ultimamente a pregunta que máis resoa na miña cabeza é a de que fai falta para que Galiza desperte deste mal sono no que se atopa afundida. Un mal sono que leva anos arrastrando a un país a miseria e a destrución da s&am

Eu non quero 7 cuncas, cunha teño máis que suficiente

Valorar (11)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS



Estes días cumpren-se 10 anos da catástrofe do Prestige, daquela marea negra que pintou a nosa costa, as nosas rías, as nosas praias e que deixou unha grave ferida no noso mar, nese mar que en vez de protexer estano destruíndo. Lembro aqueles días e noites escoitando as novas que viñan de Portugal ata que o final esa marea negro tocou terra e o teléfono non parou de sonar na oficina onde traballaba para que levase todas as botas, pas, mascarillas, lubas, … aos mariñeiros para que puidesen frear aquela marea, pero realmente o que máis dor me produzo foi ver como aquelas rocas nas que de pequenos iamos bañarnos mentres os maiores recollían a mexilla para as bateas, sustento de moitas familias estaban negras e a cara de impotencia e rabia dos mariñeiros cando escoitaban que so había un fíos de plastilina saíndo dun barco que se habían estado paseando pola fronte marítima de Galiza e o final acabou afundido cargadiño de chapapote. Pero que cambiou dende aquela?      

E tamén hai anos que eu deixei a escola primaria e que durante esa etapa logrouse reducir o numero de nenos e nenas en cada aula para acadar unha maior atención escolar e mellor rendemento e cal foi a miña sorpresa cando o outro día lle pregunto a unha nena cantos son na súa clase e me di que 28 rapaces e estuda nun colexio concertado polo que xa non quero pensar como estarán algunha aulas en colexios públicos. O meu primeiro pensamento foi o de que volvemos aos anos 80 cando eu entrei na escola e estabamos todos xunto e si ven rematei oitavo de XOB coa norma de que non podía haber máis de 20 nenos por aula retrocedemos 30 anos de súpeto para aforrar en mestres, en colexios novos, en calidade educativa e en formación.      

A nosa realidade como país é que somos un país envellecido, os nosos maiores superan con creces os cativos  e os mozos e como veño denunciando en moitos dos meus artigos anteriores a lei de dependencia so é unha lei de papel pois a realidade e ben distinta pero por desgraza isto vai empeorar, xa non lles chega con ter que pagar menciñas, con reducir o número de especialistas médicos, reducir o número de menciñas aseguradas, da ultranza que fixeron coas tarxetas sanitarias que agora pronto vamos ter que pagar polo uso das ambulancias, da igual que sexas dependente sen mobilidade, ou de si precisas tratamentos que requiren traslado especial, porque como os nosos maiores gozan das pensións máis baixas do territorio español como van ter o privilexio deste transporte e o máis triste  e que ata os propios médicos xa che quitan as gañas de reclamar os teus dereitos.      

Podo seguir redactando máis cuncas que non quero ter que tomar nunca máis pero tamén me pregunto que lle fai falta a moitos galeg@s para abrir os ollos, porque eu cunha cunca popular quedei máis que farta para moitos anos, e a que me subministraron en outubro vaime repetir durante uns cantos anos mais ou menos que a cunca rache, e ten que rachar polo noso ben e polo ben de Galiza, xa que porque temos que tomar un cunca de caldo rancio cando dos nosos lares se poden cociñar bo caldo porque temos o produto e as mañas para cocelo e por sorte inda quedan oleiros para facer cuncas de barro xeitosas inda que antes teñamos que desbotar unhas cantas ducias porque o barro saíu poroso ou quebra e outras por que é mellor retiralas que xa cumpriron a labor con maior ou menor rendemento.      

A estas alturas cando xa os grelos están acedos por moito que os disfracen con especies mexicanas  e intenten botarlle uns garavanzos casteláns en vez de apostar polas fabas galegas ou sanidade terá  que intervir polo ben da saúde pública ou nos como consumidores diremos que en novembro comeremos as nabizas e o caldo de nabicol con castañas pero nunca faltaron primaveras para renacer e eu o que non quero para min tampouco o quero para os meus polo tanto si teño que volver a replantar, replantarei porque campo, horta, monte,.. .temos, maña tamén, gañas non falta pero que máis se precisa? Cal vai ser a gota que colme o vaso?


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña