13:11 Luns, 08 de Marzo de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

06-11-2012

A primeira noticia que atopamos é co motivo da visita que xira o bispo Manuel Francisco Navarrete e a declara decente

A capela de San Caetano e Nosa Señora da Espiña, da parroquia de Celeiro de Mariñaos

Valorar (13)

XOSÉ ISIDRO FERNÁNDEZ VILALBA


San_Caetano_Celeiro


A primeira noticia que atopamos  é co motivo da visita que xira o bispo Manuel Francisco Navarrete e a declara decente.            

O 24 de Maio de 1732 o bispo Sarmiento ordena: “Iten mando Sr. Sarmiento que ningún presbitero sin licencia del cura diga misa los Domingos y días de precepto en la ermita de San Cayetano sita en términos de esta parroquia y cada uno en la parte que le toca lo cumpla en virtud de Santa Obediencia. Bajo multa de dos mil maravedis y 20 días de Cárcel”.            

Por canto súa Ilma. está informado que a dita ermida concorren en romaría diferentes  persoas e deixan crecidas esmolas, as cales recada D. Baltasar Menéndez e Aguiar, desde algúns anos a esta parte, sen saberse en que se inverten ditas esmolas, ordenou que Don Baltasar no prazo dun mes exhiba o libro en que se asentan ditas esmolas.            

Nese ano ordénase a persoa que ten ó seu cargo a dita capela, no termo de dous meses faga reedificar o pórtico, por atoparse arruinado e se restitúan as albas que “ellas se hayan estrujado”.            
Isto non se levou a cabo ata o ano 1741.            

Na visita do ano 1744 ordénase á persoa a cargo da Ermida, branqueala por dentro e por fora.            
En 1749 o aniversario de Misas de San Caetano   cumpleas o crego Don Baltasar Fanego, residente en Asturias e  días por mandato de Xerónimo Miranda.            

No ano 1753  fíxose saber a Don Baltasar Fanego, morador no lugar da “Buena Vista”, que visto ai fundadas na ermida de San Caetano, algunhas misas, que non estaban asentadas nos libros da Parroquia. Dese razón do fundador, hipotecas e mais necesario.            

Este dixo que a certificación radicaba nas maos de Don Xerónimo Miranda de Ribadeo.            

Por indagacións do sacerdote da Parroquia, tense noticia que había 31 misas fundadas e que a esmola a pagaba Don. Luís Sierra Pambley, Cura que foi de San Pedro de Argomoso e Santiago de Lindín e neste ano os seus herdeiros, que eran D. Pedro de Vilar e Ron, moradores no lugar de Cesuras, extramuros da cidade de Mondoñedo e que para dita paga  tomaran a censo os mencionados señores e que fora un capitular que fora de Chantre en Mondoñedo (descoñecese o nome).            

Hai fundadas outras oito misas rezadas e as paga Xerónimo Miranda, e foron fundadas por D. Salvador Menéndez, Coengo Tesoreiro da Catedral de Mondoñedo e  dinse polos cregos da súa elección, nos días sinalados: día de San Caetano, San Agustian, San Joseph, Sta. Gertrúdis, San Bernardo, Sta. Mónica, el Dulce nome de María e o doce nome de Xesús.            

En 1744, pegada a dita ermida de San Caetano celebrábase unha feira.            

No ano 1791 ordénase ó Patrón para que acredite o cumprimento dos aniversarios fundados.            
En 1796 era patrón Don. Lorenzo Miranda, veciño de Ribadeo.            

O bispo Andrés Aguiar en 1801, ordena se doure un cáliz “y mientras no se haga, no se pueda decir misa con él”. Se compoña unha casulla de lana encarnada e se encuadernen dous misales.            
O 27 de Xullo de 1818 ordénase o actual patrono, D. Pedro M.ª Miranda y Miranda de Ribadeo, cúbrese a mesa do altar con tabla engastando nela o ara e se lle poña tamen a súa tarima, estendendo aquela operación os dous altares laterais. Que o altar principal se coloquen dous candeleros e un crucifixo de metal. Se poñan vidrios en todos os tragaluces, se reedifique o coro e repare o baldosado e thechado coa  espadaña de enfrente para atallar mallores ruinas.            

No inventariado de 1875 das cousas que atopou o Ecónomo Ignacio del Riego fai a seguinte mención: “ Dos casullas muy usadas de la ermita de San Cayetano y dos albas con sus amitos”.            
O crego D. Xosé Díaz nunha relación que fai de capelas e capillanías da parroquia de Celeiro de Mariñaos, con data de 30 de Abril de 1880 di:            

“En el sitio denominado Buena Vista, hay otra ermita, bajo la advocación de Nuestra Señora de la Espina, S. Agustín y S. Cayetano. Fue fundador el licenciado D. Salvador  Menéndez, Dignidad de Tesorero de esa Santa Catedral. Es su patrono D.º  Pascual Gardeta como marido de Doña María de la Cruz Miranda de Ribadeo. Dicha Capilla tiene tres altares, sacristía, tribuna y campana, más si bien los altes son de gran mérito artístico y a pesar de hallarse en ellas hermosísimas imáganes todo lo demás, especialmente las paredes y el techo se encuentra en un estado ruinoso. Antes se tenía también en esta capilla el Santísimo Sacramento y los patronos estaban obligados a alumbrar  continuamenre. Aquí no existe nota de renta alguna respecto de ella, sin embargo muchas veces ha rogado al patrono que la recompusiera y aunque no decía que no, no lo hizo hasta ahora”.            

No ano 1882, nun documento que se titula “Relación de las Piadosas fundaciones en la Parroquia de Santa Cristina de Cillero de Mariñaos” redactado polo crego Xoan Bautista Arenas, no apartado de ermidas dise:            

“San Cayetano y San Agustín, en el barrio de Buena Vista. Es de Doña María de Cruz Miranda de Ribadeo. Que su fundador el Sr. Licenciado D. Salvador Menéndez, Canónigo de Mondoñedo. Era la más hermosa que había quizas en la diócesis. Tenía (y tiene aún si bien esta destartelado) tres altares dorados, seis o siete bellas imágenes, sacristía, tribuna, púlpito, pila de agua bendita, campana, hasta estaba baldosada de mármol.            

Ahora hallase ruinosa. Siete u ocho veces rogué a la dueña que la compusiese  otras tantas me prometió hacerlo y sin embargo no lo hizo”.                        

O presbítero Antonio Anido, en 1918, fai un inventario  da ermida e di que existen na mesma dous candelabros pequenos de metal amarelo e un crucifixo do mesmo; a ara que ten o altar desta capela tamén é nova  e  mandouna consagrar o que subscribe. Tamén hai na mesma una imaxe que se chama da Espina, á  que a viúva do conde de Villapun regalou unha coroa de prata e que se reserva na Casa-Rectoral e ademais un vestido que ten para os días de gala.  Hai ademais nesta ermida tres misais, un está en bastante bo estado e os outros dous case inservibles.              

O 18 de Maio de 1938 o crego Francisco Fernández Val no “Inventario de alhajas, ropas y
mobiliario de la Iglesia de Santa Cristina”  faino tamén desta ermida e di:   “Tiene una buena piedra de ara, dos candeleros con su cruz, una pequeña campana, varias imágenes entre ellas una de Ntra. Sra. de la Espian con su corona nueva de plata que con el vestido de gala y los de la Dolorosa y del Rosario se guardan en esta Rectoral. Guardanse igualmente los de la virgen del Carmen en cada del Presbitero D. Luis Villarino Couto”.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña