A pesar de todo o que está pasando, non podemos deixarnos arrastrar polo desánimo porque o BNG é necesario para este país. Se non fose porque a nosa organización política o introduce sempre nos debates, que quedaría de nós. Quen falou de Galiza no Congreso durante o debate dos orzamentos do Estado. Quen introducíu todas e cada unha das claves das nosa urxencias e necesidaes? Evidentemente o BNG. Non o fixeron nin o PP, nin o PSOE nin Izquierda Unida, porque para eles Galiza é España.
É máis, no debate parlamentar a nosa deputada Olaia Fernández Davila chamoulles a atención con contundencia a CIU e a Esquerra pola súa actitude ante este País, porque sexa quen sexa o que o ataque, vai recibir a correspondente resposta do BNG.
Polo tanto non nos deixemos arrastrar pola melancolía, aínda que coincida coa baixada da luz diurna e das temperaturas, porque o inverno non pode asentarse no noso corpo, no corpo desta organización. O noso maior capital é a militancia, a nosa base social, e por ela, por este país, temos que seguir traballando e mellorando a nosa acción, facendo as correccións necesarias pero sen sacarlle valor ao traballo e decisións tomadas, que son as que axudan a que Galiza siga existindo.
Non é agora o momento de botarnos atrás no traballo social., senón todo o contrario. É o momento de situarnos con claridade á fronte dese traballo, individual e colectivamente. Cada tempo político ten as súas peculiaridades, e a pesar de que o que nos toca vivir neste momento non é bon tamén é certo que ten ocos abertos para traballar arreo por este país e polas súas clases populares. aínda que agora nos pesen os recentes resultados.
Cada día son máis as mobilizacións. Cada día son máis as reclamacións dos traballadores e traballadoras que ven como se seguen aplicando medidas que só van contra eles. O PP vai levar adiante a súa folla de ruta, que non é outra que máis e máis recortes. E ante iso o BNG, todos e cada un dos seus militantes debemos reaxir con espírito crítico e con forzas renovadas para facerlles fronte na rúa, nas institucións, nos centros de traballo,… A batalla vai ser longa e seguramente decisiva, e de nós depende non dala por perdida de antemán, porque se a damos nos por perdida, quen vai loitar por defender a este país? É necesario estar presente en todo canto debate e dea na rúa, e facerlle ver a xente que as solucións globais non existen, que Galiza só pode existir como tal con capacidade produtiva propia e con capacidade de decisión propia. Non podemos renunciar a autoorganización do noso pobo, aínda que o propio pobo non crea nela. Porque sen autoorganización (política, sindical, cultural, social, laboral,…) Galiza non existe. Só por esa razón é tan necesario o BNG neste momento. Só por esa razón debemos seguir adiante con ánimo crítico e construtivo e co necesario optimismo racional que nos fai andar cada día.
[29-10-2012 20:38] manoel lourido comentou:
Dende logo se non defendemos os galegos a galiza ninguen o vai facer,pero compañeira Paz os galegos somos todos e non soio os do BNG ,por iso penso que hoxe e mais necesario que nunca unha organizacion galega que sexa o mas ampla posible na que poidan estar todo-as que pensen en galiza como nazon, non esquenzas que a crise sofrena o 99% dos galegos xa sexan de dereitas ou de esquerdas.Animo e a traballar que todos somos necesarios ainda que ninguen e imprescindible.
[29-10-2012 17:55] Xurxo comentou:
O camiño está ben claro, chámase Allariz en cada cancello de Galiza, e para iso compre moito traballo día a día na rúa, nas asociacións de veciños, culturais e institucionalmente nos concellos. en definitiva asembleas do BNG fortes e ben organizadas en todos os concellos de Galiza, so así se poden mudar as cousas, fican 2 anos para as municipais, a que esperamos?.
[28-10-2012 23:48] Xosé Antón comentou:
Non debemos estar desilusionados nin contrariados polos resultados do 21 de outubro, porque os procesos electorais son como son e amosan con moita amplitude o comportamento e o pensamento político da sociedade pero só na propia xornada de votación (coido que por iso, polas dúbidas dos/das votante e polos cambios nas súas intencións de voto, as enquisas previas non acertan os resultados definitivos) , e o verdadeiramente importante após moitos anos da loita e o traballo do BNG tanto político como institucional é se temos ou non unha ferramenta consolidada e ao servizo do Pais e desta marabillosa Terra, e non seria xusto nin realista que pensáramos que non. Todos os aspectos errados ou que haxa que modificar, poden ser valorados e corrixidos a tempo, sen presas pero sen pausa.
Os campos marcados con* son obrigatorios.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.