09:01 Xoves, 04 de Xuño de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-04-2012

Resulta especialmente destacábel que existan bandas en galego que, neste contexto, sexan quen de seren atractivas para mocidade

Rock do país

Valorar (30)

GAEL GONZÁLEZ BEIRA



-----------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
-----------------------------------------------------------------


Este pasado sábado a sala Capitol de Compostela colgou na billeteira o cartaz de “Non hai entradas” na presentación do novo traballo de RuxeRuxe Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, ademais dos Medomedá que actuaron de teloneiros, a banda de Aríns subiu ao escenario a Bocixa dos Zënzar, a Roi de Quempallou, a Xabier Díaz de Berrogüeto e aos Dios ke te crew para colaboraren na presentación do seu novo disco. Unha escolla entre varias posíbeis da música en galego que con moitas dificultades está a sobrevivir no panorama musical actual, teimosía a destas bandas que ao longo dos anos non se baixaron nunca do seu compromiso cunha língua e unha cultura que precisa delas máis que nunca.

Ruxe Ruxe

A música é un elemento socializador que está amplamente estudado, particularmente no ámbito xuvenil existen experiencias positivas da súa contribución á valoración dos elementos que configuran unha identidade colectiva. Porén, a música en galego ocúltase deliberadamente nos medios de comunicación (públicos e privados), secundarizase ou desaparece da programación cultural, singularmente da pública, agás contadas excepcións, deteriorándose aínda máis un panorama no que só parecen coller na televisión, na radio ou nos palcos das festas as “grandes estrelas internacionais”, produtos perfectamente deseñados e enfocados cara esta franxa de idade coas que nos bombardean sistematicamente para nos homoxeneizar.

Resulta especialmente destacábel que existan bandas en galego que, neste contexto, sexan quen de seren atractivas para mocidade. Coido importante termos isto en conta na nosa práctica social e institucional, sabemos quen non o vai facer, cómpre que nós si, a experiencia tennos amosado en numerosas ocasións que cando se visibiliza, se abren espazos, non se secundariza e se apoia minimamente a música en galego abrollan novas bandas e xérase afección e filia no plano individual e colectivo xurdindo así tamén novos referentes positivos para a mocidade en lingua galega.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña