07:31 Domingo, 29 de Marzo de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

11-10-2011

Hai quen interpreta a xustiza dunha forma interesada, cercana a súa ideoloxía ou crenzas

Habelos hailos e hailas!

Valorar (14)

LUÍSA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ



En Galiza, para referirmónos as meigas dise, habelas hailas!! Pois o mesmo poderíamos dicer daquelas persoas que aplican a lexislación no marco normativo ao que cidadanía galega se ve sometida. Habelos hailos!! Hai quén interpreta a xustiza dunha forma interesada, cercana a súa ideoloxía ou crenzas. Hai quen se salta as normas imperantes porque as considera contrarias a un Estado democrático e de Dereito. Hai quen cree que existen sectores maioritarios da cidadanía con privilexios legais. Hai quen cree que hai xulgadores/as que se limitan a aplicar a lei vixente por medo a que se lles vote enriba o movemento feminista...

Quédome perplexa ante tanta infamia e manipulación interesada para xustificar e lexitimar as posicións, ou resolucións adoptadas polos xulgadores/as españois.

O pasado mes de setembro, o xuíz Juan del Olmo, voltaba a ser noticia ao coñecerse que na súa calidade de maxistrado da Audiencia Provincial de Murcia, foi autor de diversas sentenzas controvertidas sobre violencia de xénero, restándolle importancia aos feitos xulgados e rebaixando as penas impostas en primeira instancia. Nesta última sentenza, anula a condea de prisión a un maltratador convicto que acosou por teléfono a súa exmuller. A ameaza transimitida ao fillo por vía telefónica para facerlla chegar a súa nai, decía: "que tomaría a xustiza pola man, que a vería no cemiterio, e que sairía pola televisión". E este tipo de amezas non se interpretan como un acto de dominación do home sobre a muller, que sirva de base para a súa cualificación como un delito penal, senón como unha falta tal e cómo se ditaminou. Igualmente sostén que chamarlle "zorra" non é un insulto, xa que esta palabra non sempre proxecta "menosprezo ou desprezo á dignidade da muller" xa que pode ter outras acepcións como a de persoa astuta.

A consecuencia final é que este home que xa fora condeado por malos tratos, e sobre o que pesaba unha orde de afastamento, volve a proferir ameazas contra a súa exmuller, e resulta que a pena imposta é oito días de localización permanente por unha falta de amezas leves.

Pero esta sentenza, só é un exemplo recollido das novas que saltaron aos medios nos últimos días, xa que hai unha morea de sentenzas, ou mellor dito, hai moitas sentenzas vergoñentas! E a cuestión principal, non radica no titular que recollían eses días os medios, facendo alusión a verba zorra e as diferentes acepcións e o uso elixido polo xuíz. O problema vén da falla de criterio claro na xudicatura para a aplicación da Lei de protección integral contra a violencia de xénero.


A tarefa interpretativa debe guiarse por uns principios de actuación. Mediante a linguaxe xurídica, a ou o xuíz leva a cabo a súa labor interpretativa. Coa lei como preceptiva o ou a xuíza debe tomar decisión. A linguaxe sexista e os estereotipos de xénero basados na exaltación do masculino e na devaluación do feminino, filtránse tamén na tarefa de interpretar a norma. E isto non debera suceder, xa que o dereito entre outras cousas, busca a consolidación e o respeto dos dereitos humáns, e entre eles os das mulleres.

A perspectiva de xénero é un prantexamento de interpretación xudicial que pretende por en mans de quén realiza esa tarefa un novo elemento de xuízo. Utilizar a perspectica de xénero implica considerar diferencias, non só sexuais, senón de roles e participación social e aplícalas nos casos prácticos que a xudicatura ten que resolver diariamente.

Interpretar é discurrir e argumentar. A interpretación é o presuposto necesario da aplicación. Según G. de Enterría*, "a lei convírtese en orientadora do desenvolvemento social e económico e o dereito adquire unha función instrumental e promocional, implicando aos tribunais nas tarefas de cambio social e xestión de políticas públicas"

Problematizar cuestións que non se ven como problemas -sobre todo cando encobren desigualdades inxustificadas por razóns de sexo- é un primeiro paso fundamental cara unha sociedade máis xusta. Só quén sinte que a discriminación das mulleres como unha situación intolerábel pode dar o seguinte paso: tomar aquelas decisións que permitan erradicala.

O preocupante ou o fondo da cuestión ven ser, que unha vez máis as mulleres, atopánse nunha situación de indefensión. A igualdade legal existe, pero na práctica non se cumpre. A estrutura patriarcal non quere perder os seus privilexios. Dá igual que exista unha lei que nos respalde, xa atoparán aliados para inaplicala e criticala polos "supostos privilexios" (que son dereitos) que nos outorga ás mulleres.

A importancia de formar aos e ás xuízas en valores e principios e en teorías como a introdución da perspectiva de xénero, tórnase fundamental para contar con xulgadores/as que non interpreten mecanicamente o dereito, senón que o fagan con pleno coñecemento das condicións sociais, do dato sociolóxico.

* (G. de Enterría; Xustiza e seguridade xurídica nun mundo de leis desbocadas, Civitas, Madrid, 2000.)


[12-10-2011 16:12] Anselmo López comentou:

A expresión que eu sempre escoitei é "haber hainas" ("o caso é dar con elas", continuaba). O de "hailas" é un castrapo.

[12-10-2011 01:52] xose cotelo comentou:

Teño que dicir que a min iso de habelas "hailas" sóname máis ben a algo híbrido ou a unha mestura de galego-castelán, desde logo non creo que sexa unha expresión galega nin creo que os galegos nos expresemos dese xeito. Eu sempre oín, e entendo que así é, "habelas hainas".

[11-10-2011 12:05] Xan comentou:

Habelas hainas

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña