01:07 Xoves, 01 de Decembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

29-09-2011

Hai estados. Hai nacións. Hai estados plurinacionais

Fútbol e nacións

Valorar (12)

XAN FRAGA RODRÍGUEZ



Hai estados. Hai nacións. Hai estados plurinacionais. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) ten 208 asociacións nacionais. A organización das Nacións Unidas (ONU) conta con 193 países. Non sempre foi así claro está. Houbo modificacións importantes singularmente nos últimos anos.

En 1960 cando se celebrou a primeira Eurocopa de fútbol de seleccións enfrontáronse na final dous países (ou non eran?) que hoxe non existen.. Nin a URSS nin Iugoslavia. No seu lugar hai 22 países. Vexamos: Estonia, Letonia, Lituania,  Bielorusia, Moldavia, Ucraína, Xeorxia, Armenia, Acerbaixán, Kazakhistán, Turkmenistán, Kirguizistán, Uzbequistán, Taxikistán e Rusia (todos na antiga URSS). Eslovenia, Bosnia-Hercegovina, Croacia, Serbia, Montenegro, Macedonia e Kosovo (antiga Iugoslavia). Eran estados plurinacionais.

Na actual fase de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2012 hai 51 seleccións participantes integradas en 9 grupos. Así por exemplo no grupo C están Italia, Serbia, Estonia, Eslovenia, Irlanda do Norte e Illas Feroe. Porque as chamadas Illas dos años, integradas en Dinamarca, non teñen ningún problema para xogar na Eurocopa de nacións?. Dinamarca está no grupo H con Portugal, Noruega, Islandia e Chipre. No grupo G coinciden Inglaterra, Montenegro, Suíza, Bulgaria e País de Gales. Enfrontáronse Inglaterra contra Pais de Gales e non houbo ningún tsunami. España está no grupo I con Escocia, República Checa, Lituania e Liechtenstein. No grupo F está Israel pero non Palestina. Hai criterios xeográficos e políticos curiosos. Porqué Israel xoga en Europa ou Acerbaixán e o Líbano, Palestina ou Xordania en Asia?

Galicia conta con selección nacional dende os anos vinte, aínda que actuando dunha maneira moi irregular ao longo dos anos en función dos vaivéns políticos. E un deber democrático esixir a normalidade dunha selección galega tanto os poderes políticos como a propia Federación Galega de Fútbol.

Palestina, que esixe o recoñecemento da ONU como estado independente, sería o 194, estivo inmerso na loita pola clasificación para os próximos xogos olímpicos de Londres 2012 e está tamén na fase clasificatoria para os mundiais de fútbol de Brasil 2014. Xogan os seus partidos en Xerusalén este, en Al Ram. O campión de Palestina é o Al Amari do campo de refuxiados. Palestina segue a ser hoxe un país ocupado.

Axiña veremos un partido entre os combinados nacionais de Galicia e Palestina. A normalidade pacífica e democrática para derrubar ese muro da vergoña (721 km) que rodea a Cisxordania. Fútbol pola liberdade a paz e a xustiza.


1 2 seguinte

[30-09-2011 07:27] futboleiro comentou:

Lois, si, son un colonizado polo imperio castelán (qué é iso, por certo ? ) Mira, o deporte ten un compoñente político, nono vou negar, mais non é so iso. E o que digo eu é que na altura defender a desmembración dunha selección española que ten a simpatía da esmagadora maioría dos galegos (nono vas negar, ou sí ? ), non é unha causa popular. Evidentemente conciliar a defensa dunha identidade galega cos sentimentos da xente, dos galegos que se sinten maioritariamente españois non é tarefa doada. O antiespañolismo radical que amosan moitos nacionalistas fainos aparecer como rancios ou freakies nunha sociedade que en principio non ve conflicto algún en sentir unha identidade dual, galega e española. Na miña opinión o nacionalismo ten que poñer o acento na defensa dunha identidade galega que esmorece (perda da lingua, etc). Criar un conflicto por iso coa outra identidade sentida polos galegos non é absolutamente necesario. E non leva a ningures, pois alonxa o nacionalismo dos sentimentos da maioría da sociedade. Será precioso escoitar o noso himno e ver a nosa bandeira nun estadio, o que pasa é que non é real dado que a maioría do noso pobo ten o corazón noutra selección. E o corazón ten razóns que a razón non coñece.

[29-09-2011 21:32] Nel comentou:

Os galegos e as galegas, non estamos representados na selección do Estado español, non hai galegos xogando nela.
Pero... na selección da República Bolivariana da Venezuela hai cando menos tres, asi que xa sabemos cal é a selección que nos representa.
Entanto porque Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra que pertenecen a un mesmo estado poden participar e Galiza non?

[29-09-2011 19:07] lois comentou:

.....O comentario do "futboleiro" é o fiel reflexo de tantas persoas no mundo -desgraciadamente para élas e para a Nación a cal que pertence- pensan e actúan como cidadáns COLONIZADOS. A traballo colonizador do imperio castelán, sobre estes cidadáns déu o séu froito e íles nin se enteraron. Éu que coas millas fillas é netos (4) tiven a oportunidade (e a honra) de asistir os partidos da Selección Galaga no Multiusos, Riazor e Balaídos e por primeira vez na miña vida puden sentir o que os futboleiros chaman "sentir a camisola da nosa selección" "sentir as cores do méu país" "os nosos xogadores -galegos- no centro do terreo de xogo" "o noso himno nacional galego -soando-" "os afeccionados -homes,mulleres, nenos e nenas en pé, cantando e ondeando a nosa bandeira da patria.... os goles, foi tan emocionante que non hai palabras... foi entón, como dixen o principio, cando entendín por primeira vez que se sinte cando tes a túa selección nacional -do que sexa- competindo....con esta experiencia vivida agora tamén entendo porqué os españois están tan orgullosos da súa equipa nacional,campiona do mundo....pero é a súa selección, a miña (a de todos os galeg@s) é a SELECCIÓN GALEGA, que para mín é a mellor do mundo.

[29-09-2011 15:57] Paulo comentou:

Nom entendo o comentario de futboleiro...Deixar o galeguismo para cousas máis importantes? E logo que a nosa nación estea presente em tódolos foros internacionais (deportivos ou nom) nom é importante?? Coñeces algún movemento nacionalista ou identitario que renegue da representación nos eidos deportivos oficiais?? Éche incompatible pedir a presenza da nosa seleición coa defensa dos valores galeguistas?? Nom ves reflectidos os valores do galeguismo na nom identificación cumha bandeira que nom é a nosa e cumha seleición estatal dirixida por umha federación de fútbol que prohibe a presenza da seleición da nosa terra??...Eu xa nom entendo nada...

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña