19:39 Domingo, 29 de Xaneiro de 2023
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

29-09-2011

Hai estados. Hai nacións. Hai estados plurinacionais

Fútbol e nacións

Valorar (12)

XAN FRAGA RODRÍGUEZ



Hai estados. Hai nacións. Hai estados plurinacionais. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) ten 208 asociacións nacionais. A organización das Nacións Unidas (ONU) conta con 193 países. Non sempre foi así claro está. Houbo modificacións importantes singularmente nos últimos anos.

En 1960 cando se celebrou a primeira Eurocopa de fútbol de seleccións enfrontáronse na final dous países (ou non eran?) que hoxe non existen.. Nin a URSS nin Iugoslavia. No seu lugar hai 22 países. Vexamos: Estonia, Letonia, Lituania,  Bielorusia, Moldavia, Ucraína, Xeorxia, Armenia, Acerbaixán, Kazakhistán, Turkmenistán, Kirguizistán, Uzbequistán, Taxikistán e Rusia (todos na antiga URSS). Eslovenia, Bosnia-Hercegovina, Croacia, Serbia, Montenegro, Macedonia e Kosovo (antiga Iugoslavia). Eran estados plurinacionais.

Na actual fase de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2012 hai 51 seleccións participantes integradas en 9 grupos. Así por exemplo no grupo C están Italia, Serbia, Estonia, Eslovenia, Irlanda do Norte e Illas Feroe. Porque as chamadas Illas dos años, integradas en Dinamarca, non teñen ningún problema para xogar na Eurocopa de nacións?. Dinamarca está no grupo H con Portugal, Noruega, Islandia e Chipre. No grupo G coinciden Inglaterra, Montenegro, Suíza, Bulgaria e País de Gales. Enfrontáronse Inglaterra contra Pais de Gales e non houbo ningún tsunami. España está no grupo I con Escocia, República Checa, Lituania e Liechtenstein. No grupo F está Israel pero non Palestina. Hai criterios xeográficos e políticos curiosos. Porqué Israel xoga en Europa ou Acerbaixán e o Líbano, Palestina ou Xordania en Asia?

Galicia conta con selección nacional dende os anos vinte, aínda que actuando dunha maneira moi irregular ao longo dos anos en función dos vaivéns políticos. E un deber democrático esixir a normalidade dunha selección galega tanto os poderes políticos como a propia Federación Galega de Fútbol.

Palestina, que esixe o recoñecemento da ONU como estado independente, sería o 194, estivo inmerso na loita pola clasificación para os próximos xogos olímpicos de Londres 2012 e está tamén na fase clasificatoria para os mundiais de fútbol de Brasil 2014. Xogan os seus partidos en Xerusalén este, en Al Ram. O campión de Palestina é o Al Amari do campo de refuxiados. Palestina segue a ser hoxe un país ocupado.

Axiña veremos un partido entre os combinados nacionais de Galicia e Palestina. A normalidade pacífica e democrática para derrubar ese muro da vergoña (721 km) que rodea a Cisxordania. Fútbol pola liberdade a paz e a xustiza.


anterior 1 2

[29-09-2011 02:57] futboleiro comentou:

Non lle vexo moita oportunidade a esta reivindicación. Máis do noventa por cento dos galegos son fanáticos dunha selección española campiona do mundo. Quén vai apoiar nestas condicións unha selección galega ? É como pedirlle na altura a un seguidor do superdépor cando foi campión de liga, e que era de Camariñas, deixar de ser do equipo da capital provincial para apoiar ao equipo da sua vila. Absurdo. Non debe o nacionalismo enguerellarse con parvadas que non levan a ningures. A nosa terra forma parte dun estado que ten a millor selección. Máis vale apoiala sen complexos e deixar o galeguismo para outras cousas ben máis importantes.

anterior 1 2
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña