18:08 Luns, 27 de Xaneiro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-04-2011

“Na modernidade onde se descubriron as liberdades tamén se inventaron as disciplinas”

Arte e Compromiso

Valorar (12)

ROSA BUGALLO VECIÑO


Quintana Martelo (eidos de Rosalía)


"Na modernidade onde se descubriron as liberdades tamén se inventaron as disciplinas"

Unha das características da modernidade foi a reinvención dun novo concepto de poder: descentralizase o poder gobernamental para dispersalo en multiplicidades de poder que se exercen na esfera social: familia, prisións, hospitais, traballadores sociais, policía, mestres, intelectuais, artistas...

En todos os planos da sociedade moderna existe un tipo de poder continuado, todo está conectado mediante un sistema de vixilancia duns cidadáns a outros pola procura dunha normalización xeneralizada. Outra característica común da modernidade consiste na creación arquitectónica para cada un destes "micro sistemas de poder", centralizándoos e situándoos en edificios fechados e distintivos: prisións, hospitais, institucións, universidade, museos, teatros.

Un claro exemplo disto atopámolos na reivindicación do feminismo, conscientes do poder que exercía, como xénero, o espacio do privado, o referente familiar: fogar- casa. O paso do ámbito privado ao publico veu da man da demolición do edifico-fogar, como único espacio de desenvolvemento propio, atravesando a porta á sociedade, ao público. Botarse á rúa.

Mais, si neste século conseguimos descentralizar a figura da muller nun único espacio non acontece o mesmo con moitos outros colectivos; refírome aos intelectuais e artistas. Localizados en espazos fechados, normalmente na Galiza fóra dos centros das vilas, constrúen as súas creacións artísticas dende as súas fortalezas: teatros, museos... Estes edificios "culturais" actúan como microespazos de poder situando "o cultural" dentro dos límites das posesións do artista, xerando unha relación para o resto da sociedade de "Visita" e " Contemplación" ao divismo:" dende os seus tronos escénicos continúan a solicitar o aplauso como único vínculo co resto da cidadanía.

A "masa" non ten necesidade do artista/intelectual para acceder ao coñecemento, pero existe un sistema de dominación que obstaculiza, prohibe e invalida ese discurso, ese coñecemento. A idea de que os intelectuais son os axentes da "conciencia" e do discurso artístico forma parte de ese sistema de poder e o "nicho" non deixa de ser ese espacio fechado onde se alimentan as microestruturas. No remataremos con esta diferenciación de clases até que botemos a cultura á rúa e se integre co resto da realidade e axentes sociais. Rompendo coa dicotomía traballo/ocio-coñecemento/ignorancia-accesible/incomprensible.

Enamais...


1 2 3 seguinte

[11-04-2011 17:07] Un comentou:

Arte e compromiso, o compromiso do arte, a arte do compromiso, o compromiso no arte, a arte no compromiso.....

[07-04-2011 16:19] rEN comentou:

O verdeiro desenvolvemento dunha socedade radica no seu desenrolo cultural, todo o que contribúa a iso debe ser potenciado.

[07-04-2011 12:04] Un de Cangas comentou:

Artigo """""DEMOLEDOR""""""

[06-04-2011 16:24] VITOR comentou:

Está claro que eiquí ningúen nos vai contestar, están os autores mui ocupados preparando o próximo artigo. Non sei para que nos molestamos en inserir comentarios. Deberíamos facer coma eles, ir ao noso....

1 2 3 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña