05:15 Venres, 30 de Outubro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-04-2011

“Na modernidade onde se descubriron as liberdades tamén se inventaron as disciplinas”

Arte e Compromiso

Valorar (12)

ROSA BUGALLO VECIÑO


Quintana Martelo (eidos de Rosalía)


"Na modernidade onde se descubriron as liberdades tamén se inventaron as disciplinas"

Unha das características da modernidade foi a reinvención dun novo concepto de poder: descentralizase o poder gobernamental para dispersalo en multiplicidades de poder que se exercen na esfera social: familia, prisións, hospitais, traballadores sociais, policía, mestres, intelectuais, artistas...

En todos os planos da sociedade moderna existe un tipo de poder continuado, todo está conectado mediante un sistema de vixilancia duns cidadáns a outros pola procura dunha normalización xeneralizada. Outra característica común da modernidade consiste na creación arquitectónica para cada un destes "micro sistemas de poder", centralizándoos e situándoos en edificios fechados e distintivos: prisións, hospitais, institucións, universidade, museos, teatros.

Un claro exemplo disto atopámolos na reivindicación do feminismo, conscientes do poder que exercía, como xénero, o espacio do privado, o referente familiar: fogar- casa. O paso do ámbito privado ao publico veu da man da demolición do edifico-fogar, como único espacio de desenvolvemento propio, atravesando a porta á sociedade, ao público. Botarse á rúa.

Mais, si neste século conseguimos descentralizar a figura da muller nun único espacio non acontece o mesmo con moitos outros colectivos; refírome aos intelectuais e artistas. Localizados en espazos fechados, normalmente na Galiza fóra dos centros das vilas, constrúen as súas creacións artísticas dende as súas fortalezas: teatros, museos... Estes edificios "culturais" actúan como microespazos de poder situando "o cultural" dentro dos límites das posesións do artista, xerando unha relación para o resto da sociedade de "Visita" e " Contemplación" ao divismo:" dende os seus tronos escénicos continúan a solicitar o aplauso como único vínculo co resto da cidadanía.

A "masa" non ten necesidade do artista/intelectual para acceder ao coñecemento, pero existe un sistema de dominación que obstaculiza, prohibe e invalida ese discurso, ese coñecemento. A idea de que os intelectuais son os axentes da "conciencia" e do discurso artístico forma parte de ese sistema de poder e o "nicho" non deixa de ser ese espacio fechado onde se alimentan as microestruturas. No remataremos con esta diferenciación de clases até que botemos a cultura á rúa e se integre co resto da realidade e axentes sociais. Rompendo coa dicotomía traballo/ocio-coñecemento/ignorancia-accesible/incomprensible.

Enamais...


anterior 1 2 3 seguinte

[06-04-2011 12:35] VITOR comentou:

Attc. de Nolo: A cultura debería ser un imperativo social, todos e todas temos a obriga de cultivarnos, pois isto revertiría en positivo na convivencia, e na nosa inserción social. O que comenta a compañeira Rosa, entendo que vai dirixido á achega da cultura ao cidadán e non ao revés, que se ten demostrado como unha fórmula que só server para unha minoría pirria.

[06-04-2011 12:15] Ceive comentou:

O sacar a arte á rúa, empápanse dela os "interesados" e os "non interesados". Neste planeta de liberdades, o cidadán escolle do que quere ser espectador, eso é a teoría, pois na práctica, todos estamos sometidos a estímulos que nos condicionan ser nos querelo. Case todos eses estímulos teñen un fin comercial, que en nada nos favorece cómo sociedade. Nós como forza de esquerdas, conscientes doda necesidade da cultura, como garante da liberdade e do desenrolo social, debemos facer unha aposta forte, por achegar a cultura, en todas as súas manifestacións ao meirande número de cidadáns posibles. Só así, a nosa sociedade evoluirá. Os museos "catedrais da cultura", seguen tendo un nivel de visitas ridículo.

[05-04-2011 11:02] Nolo Suárez comentou:

Está ben sacar a arte a rúa, para que os cidadáns interesados teñan mais oportunidade e cercanía ca mesma arte. Mais tamén é importante o que dí esa arte, pois por sacala a rúa pode serguir sendo totalmente incomprensible. Mentras outras mostras colectivas , como en Defensa do Medio Ambiente, Contra dos incendios, en Defensa do lobo, contra o Prestige, contra das guerras, en defensa da muller, etc., fixeronse en salas e penso que tamén son arte con compromiso.

[04-04-2011 19:00] VITOR comentou:

Difícil concretar esa interactividade cidadán-artista. Cómo a materializarías tí? Por qué cres que a cidadanía será receptiva a ese achegamento das artes?

anterior 1 2 3 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.









Aniversario Moncho Reboiras 2017


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña