18:29 Xoves, 14 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

09-03-2010

A obra dun patriota galego cun papel destacado na autoorganización da clase obreira galega

Os escritos de Moncho Reboiras

Valorar (34)

Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez


Poema caligrafado de Uxío Novoneyra sobre os asasinatos do 10 de marzo de 1972


Non é nova a preocupación do movemento do que Reboiras formou parte en divulgar a súa contribución doutrinal, en dar a coñecer a súa entrega a loita nacionalista e en dignificar e manter viva a súa memoria. Quixemos que o noso compañeiro non correse a mesma sorte que moitos dos que o precederon no martiriolóxico nacionalista, por iso acudimos todos os 12 de Agosto a Imo e a Ferrol desde o ano posterior a súa morte, a renderlle homenaxe e a lembrar o seu exemplo. Conscientes do intento de manipulación, instrumentalización ou asimilación da súa figura, pretendemos achegarlle ás galegas e aos galegos diversas pinceladas biográficas que impedisen o seu esquecemento ou unha visión deformada do noso compatriota. Limitados polas dificultades que impón o particular libro de estilo da clandestinidade para rescatar os seus textos políticos, non renunciamos a que a súa obra este presente no Terra e Tempo para que o seu pensamento chegue aos galegos e as galegas de hoxe sen intermediarios.

Inaguramos esta sección que a nosa publicación lle dedica a Reboiras, precisamente o 10 de Marzo, cun texto da súa autoría, no que informa sobre a represión que sofre Galiza en 1972 como consecuencia das mobilización obreiras ferroláns. Nel o noso camarada, presentásenos como un xornalista obreiro, que pretende dar testemuño dos fitos daquela loita e da posterior resposta do réxime, ao mesmo tempo que saca conclusións para seguir a traballar politicamente. Ne mellor tradición de todos os revolucionarios, centrase no que é nuclear, dándolle a súa escrita un carácter instrumental que a par que informa, fundamentalmente axita e organiza. En definitiva a obra dun patriota galego, nun momento no que todo estaba por facer, e que pretende dotar de ferramentas teóricas a un movemento que tiña que actuar nunha realidade hostil.



[11-03-2010 ] manueldominguez.es comentou:

XOAN MARI SOLERA 1 Delegado da Esoola de Nautica da Cruña)
o 27 -de Freb~iro deteñeno e Das tres días "aComisaria ande ile comunican
unha multa de 150.000 ptas Por non pagala cumple Mndea. ,En ningun -intre
foi decrarar xunta o Xuez.
Eu formaba parte do concello escolar de aquela epoca era o director da revista de nautica e amigo de Solera, memorias para recordar, ahora a loita non finalizou, as oligarquias siguen dominando, e hay que pelexar por unha democracia popular

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña