11:54 Luns, 27 de Xaneiro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-03-2011

O soñar galego, os universos fantásticos que constitúen a columna vertebral da Galiza son o alimento da súa obra

Álvaro Cunqueiro "O medo é libre; rasgo común da ignorancia"

Valorar (16)

ROSA BUGALLO VECIÑO


Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo)


O medo:

Cunqueiro nace en Mondoñedo no 1911 para cargar nas súas costas con máis de 30 obras entre poesía, teatro, narrativa, gastronomía e moitos artigos para comer. Converténdose nun dos escritores galegos máis importantes da literatura universal.

"Na aspereza da vida cotiá soñar é necesario" O soñar galego, os universos fantásticos que constitúen a columna vertebral da Galiza son o alimento da súa obra. O medo e a covardía o serán na súa vida. Máis ningún destes valores foxen da cotidianidade, do ser e do estar, dunha cultura que se constitúe na fantasía para vivir a realidade, e na loita e no medo para defendela.

Se Mondoñedo o fai consciente do " vivir na lenda" : na barbería, na rebotica, na taberna, na paisaxe natural... A lingua Galega o impulsará no vivir real dunha paisaxe política liberadora. Membro da xeración nós e activista en prol do estatuto de autonomía do 36 formará parte do escritorio de Alexandre Bóveda, Filgueira Valverde, Plácido R. Castro, Carballo Calero, Vicente Risco, Otero Pedraio, Castelao.

A guerra puxo encima da mesa o valor do medo, a resposta da covardía, o abandono da poesía (a palabra tamén ten capacidade de castigo) para adicarse á narrativa fantástica dos soños.

" Na aspereza da vida cotiá soñar é necesario" E a cotidianidade galega puxo ao seu dispor todo o imaxinario que a constitúe, aderezada cun dos maiores diferenciares culturais dos que dispomos: o humor. Alvaro Cunqueiro situouse, deste xeito, xunto os modernos fabuladores universais: Lord Dunsany, Borges, Italo Calvino, Cortazar, e outros mestres na arte do soñar realidades. Carretou para a literatura galega influencias do Creacionismo de Huidobro, do Cubismos, do Surrealismo, compartindo publicacións con Lorca ou Paul Eluard.

Mais coma sempre, a exclusiva autenticidade no valor da obra en Cunqueiro xorde do berce: O Realismo Máxico. A estrutura narrativa baseada no relato dentro do relato e a organización dos textos en pequenas unidades con autonomía propia (o pensamento-agrícola-minifundista, tan propio e criticado) representado por personaxes cotiáns mitificados. A mitoloxía da cotidianidade é outro dos rasgos da obra de Cunqueiro, trasladando no papel a verdade do ser galego: unha sociedade mitolóxicamente real : "puedo decir lo que he oído hablar del Mago Merlín, profecías suyas y prodigios que están vivos en la memoria, o en la imaginación de las gentes de mi pais".

O realismo de Cunqueiro é produto do sincretismos, da fantasía, do lirismo, humor e melancolía. O realismo soñado dende a mente que se constrúe a partir da imaxinación: o elemento que inspira toda a creación artística e constitúe a materia da Beleza. O fin último do coñecemento profundo da realidade.

A ignorancia.


Que este ano faga 100 anos do nacemento de Cunqueiro importa ou non, é tan importante como si fixese 101 ou 90. O tempo, neste caso, nos proporciona o motivo, a escusa social necesaria para poñer en valor os elementos literarios da obra do autor, que non son outros que os valores que constitúen a nosa idiosincrasia.

Mais este País é maxicamente e indiscutiblemente surrealista, ignorase a si mesmo, o ignoran as institucións, os cidadáns, a consellería de cultura, os intelectuais desintelectualizados. A ignorancia como estratexia é tan poderosa como o Medo, paraliza os procesos de liberdade, de creación, de reivindicación e conciencia do propio. Ignorar a Cunqueiro, é ignorar os nosos costumes, historia, gastronomía, arquitectura, natureza...é vender a súa casa de Mondoñedo a un expropiador, é homenaxear con catro charlas aburridas e obsoletas, estratexicamente planificadas para a tranquilidade do pensamento españolista do Consello da Cultura Galega, avantaxada en asuntos de marketing pois, iso si, podemos ver o careto do autor nos autobuses vigueses. É deixar sen ningún apoio ao concello de Mondoñedo para que poida velar e dignificarse dos seus. Mentres escribo este artigo non sae da miña cabeza o exemplo de Orihuela: o ano pasado foi un ano de homenaxes a Miguel Hernández, colocándose este pobo no mapa xunto a Rusia, Pekin, a feira do libro en México, exposicións por todo o mundo, visitas turísticas-literarias no pobo, cursos a escolares, cursos de verán en Europa e América, concertos de Serrat musicando os seus poemas nunha xira internacional. O Sochantre de Orihuela!!

Sochantre é raptado por un grupo de defuntos para que os entreteña con música...si en defuntos se convertise a equipa da consellería de cultura o seu Solchantre serian co seu bo-mal-facer de influencias neoiorquinas a nosa entrañable Cristina Pato ou Rosa Cedrón catándolle dende o seu pazo ao pobo pobre vestidiño de domingo.

Enamais..


1 2 seguinte

[09-03-2011 17:40] XOSE comentou:

Este artigo entronca co que hoxe colga o profesor Calo Lourido. Os dous artigos son unha mostra do moito que deixamos que desexar como pobo. Desesperanzadores os dous.

[09-03-2011 16:58] Mariñao comentou:

A verdadeira peneira para seleccionar a boa literatura e como esta resiste o paso do tempo. E creo que Cunqueiro, está xunto cos grandes entre os libros máis vendidos en galego. Ano tras ano. Se as autoridades non queren honrar ao seu grandísimo escritor, os lectores e lectoras si.

[03-03-2011 17:58] MARISCAL comentou:

ESTA TODO MONDOÑEDO AGARDANDO A TODO O QUEIRA VIR HONRAR A FIGURA DE ÁLVARO CUNQUEIRO. AGARDÁMOSVOOOOOOSSSS.......

[03-03-2011 10:16] Vitor comentou:

Coincido con Xavier Castro, cando no seu libro "A ROSA DO VIÑO" se sorprende de que en ningún restaurante de Mondoñedo, faga nas súas cartar un guiño ao amplo recetario, do seu paisano universal. Sabémonos vender pouco!!!

1 2 seguinte
Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña