00:06 Martes, 30 de Novembro de 2021
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

19-12-2010

Este ano o Apalpador de Barrigas ten máis traballo que nunca porque cada día que pasa os galegos vemos como pasa o tren e non nos deixan subir nel

Un ano escuro para Galiza

Valorar (9)

ROCÍO GARRIDO CARAMÉS


O Apalpador


Moitos somos os que intentamos reintroducir de novo no noso Nadal a personaxe galega do Apalpador. Este xigante carboeiro  vive nas montañas de Lugo e durante o outono adicase a recoller castañas e a gardalas. E na noite do 31 vai polas aldeas de Galiza visitando as casas onde hai nenos, e mentres estes dormen o Apalpador tócalles a barriga para comprobar si están ben alimentados ou si pola contra están esfameados. E déixalles como agasallos un puñado de castañas quentes para que se lembraran da súa visita e lles desexaba que tiveran un bo ano no que seguisen sen pasar fame.

Este ano atoparase máis barrigas baleiras que nunca pois el mellor que ninguén  coñece o que suporá o decreto do carbón en Galiza onde se estiman que máis de 2,000 persoas pasarán a formar parte da lista do paro xa que os efectos negativos deste decreto afectará a moitos sectores económicos fundamentais para Galiza.

Novos parados que se suman a unha ampla lista que mes a mes sube, mentres tanto a Xunta allea a realidade segue a primar aos amigos e a empresas foráneas en detrimento dos galegos e para exemplo nada mellor que  o premio que lle deron a Fenosa, a Iberdrola a portuguesa EDP no concurso eólico, empresa que tributa fora de Galiza pero que obtén o seu beneficio na nosa terra e inda por riba pagamos a factura galega como si a enerxía se producise na China e non en Galiza.  E para asegurarse que o pago por amizade non se dane nada mellor que nomear unha comisión de control dos proxectos presentados polas empresas a dedo. Vamos que o de crear emprego e investir en Galiza so vai quedar impreso nun papel e mentres os galegos no paro.

Verá como as barriguiñas dos gandeiros fóronse baleirando ao mesmo nivel que Galiza foi perdendo peso agrario e gandeiro, porque non creen nunha Galiza produtora e menos nunha Galiza competitiva,  "mangonean" o sector mariño e para frear a decadencia da actividade artesanal e patrimonial non se lles ocorre outra cousa que construír unha goleta duns 1,5 millóns de euros en plena crise e esquecen investir en formación e mellora dos servizos.

Cada día crecen os solicitantes de axudas para poder comer, e a eses nenos boa falta lle fai unha dobre ración de castañas quentes, pero en vez de recibir esa ración por parte da administración galega inda ven como se lles  quita o pouco que lles queda. Claro esta que mentres uns quedan sen nada outros engrosas os seus petos a conta de subvencións dadas de xeito irregular tan so polo simple mérito de ser "popular".

Somos a quinta comunidade máis endebedada pero mentres seguimos gastando a man cheas en non sabemos que mentres impiden crecer como país e como sociedade. E non todo se traducen en euros porque o Apalpador tamén se vai topar cunha chea de barriguiñas baleiras de contido cultural, de contido tradicional e todo porque non queren darse conta que a riqueza cultural, patrimonial e social  crea emprego, crea riqueza. Alardeaban dun gran Xacobeo que sacando 3 ou 4 grandes eventos nos que se gastaron cartos sen rumbo o resto pasou inadvertido, deixaron pasar a oportunidade de potenciar Galiza claro esta que preguntándose Onde? E Cando? Pouco se pode facer.

Pero seguro que cando o Apalpador deixe patente tanta necesidade e tanto mal facer iran correndo a ofrecerlle que vaia visitar O Gaias que alí lle adicaran un oco na sala das personaxes galegas e poderá  contemplar dito recoñecemento sentado nunha cadeira de máis de 500 euros, porque que mellor estar co cu ben sentado inda que sexa a conta de ter as tripas berrando esfameadas? Ou o que é peor encargaranse de que o Apalpador volva o esquecemento dicíndolle que se non o fai seguira "ensimesmado"e que sexan os 3 de sempre xunto o que vive en Laponia os encargados de por un tupido velo na sociedade galega durante uns días e así aproveitar para aprobar uns cantas medidas satisfatorias para os de sempre e que sumirán máis na pobreza aos mesmos de sempre, e para os máis incrédulos que se lembren a consellería de medio ambiente e territorio aprobaba os seus plans en plena época estival e incluso os prazos de alegacións eran en xullo e agosto.  Por iso non me estrañaría nada que o regalo que non manden a través dos 3 que pasean en camelo polas áreas do deserto de Oriente sexa a aprobación do canón da auga o que suporá dous novos impostos mais para pagar.

Eu quédome co puñado de castañas, que non me serviran para intentar sacar a fame senón tamén para seguir mirando cara a diante por unha Galiza competente, produtora e unha grande potencia cultural. Tivemos un ano escuro, quedan máis de dous anos  de escuridade pero tócanos seguir traballando e quizais con máis folgos ca nunca para que a escuridade dea paso de novo a luz.

Que o Apalpador vos visite e vos deixe o puñado de castañas que faga que volte medrar Galiza como ben nos merecemos.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña