TANTO INSULTO CO INDULTO

TANTO INSULTO CO INDULTO

No Estado Español a cultura política é extremadamente pobre, por non decir deplorable, a maioría non sabe distinguir a esquerda da dereita, o fascismo do comunismo ou o nacionalismo do independentismo, como explicas ti a relación dos indultos coa xustiza?

Con un chisco de memoria, sentido común e interés polo que pasa na política actual habería que lembrar que quenes tiveron maioría para cambiar a Lei de Indulto, prefireu empregala para indultar a quenes quixeron, exemplos: dos centos de indultos do Partido Popular no goberno de Aznar un 62% foron por casos de corrupción, eses son os indultos que lles gusta ao facherío patrio e aos seus altavoces mediáticos. O peor é que sempre conseguen calar unha mensaxe básica, infantil e absurda e gran parte da poboación non está disposta a esixir nin a escoitar argumentos solemnes, válelles con un eslogan valeiro, asistimos á consolidación da estupidez que xa chega a ser desesperanzador. E como non vai ser así? si hai políticos que afirman que os indultos son ilegales, e que o rei pode opinar e negarse a sancionar unha lei, e que a soberanía do Estado Español reside no Congreso e no Senado… pois así con todo, porque para ser tan constitucionalistas, esta xente non abreu unha páxina da súa sacra Constitución nin un só día das súas lamentables vidas.

Falan de acabar con un conflicto que sobrevive a moitas xeracións e que por agora non augura unha conclusión cortoplacista, os indultos poden ser a chave para a conciliación, aínda que neste caso non é doado trazar un discurso sobre situacións complexas como son estes, chirría moito conxugar criterio de utilidade e linguaxe do perdón, non hai outra que avanzar políticamente hacia a amnistía, cousa que o PSOE non plantexou facer nos últimos anos da súa existencia que é escorar hacia a esquerda dunha vez por todas, porque xa non lles queda outra, nin sequera máis oportunidades, porque a estratexia dos indultos non soluciona o problema de orixe. Indultan aos líderes que dan mala imaxe internacional e encerran igualmente aos activistas de base para seguir a condena e así poder frear ao resto, neste estado fascista nada cambia só aceptan a disidencia domesticada. Dentro da miopía política neste Estado non hai nada máis identitario que distraia o desastre económico e que nos alonxa do progreso que a enfermiza obsesión pola unidade de España, custe o que custe.

Eu non sei que quere ser Galiza de maior, pero vai sendo hora de avanzar en dereitos democráticos, que dunha vez se recoñeza o dereito de autodeterminación para as nacións sen Estado. Non é capricho, é dereito, é deber, e sobre todo é necesidade.

Helena Vilas