MADRID OU BARBARIE


O Estado Español convirteuse fai moito tempo nun lugar inhabitable de odio e a inacción recíproco polo deterioro que se gastan os principales partidos políticos. Odio e soberbia.

E que Madrid chulea ao resto do Estado non é algo de onte para aquí, o que pasa que eran un pouco máis discretos, levan toda a vida aproveitándose de ser a capital e de que todas as vías de comunicación pasen por alí, acaparar sedes sociales de empresas que operan en outros lugares do estado, incluso do dumping fiscal e aínda así é difícil ser máis traidora coas outras comunidades.

A saturación que Madrid xera na axenda mediática e política de todo o Estado, a ocupación de espazos informativos e creo que non é unha impresión miña, sobreponderan as noticias e os acontecementos que alí se producen en detrimento doutros territorios, sempre foi así máis agora agravouse pola axitación desta campaña que parece o centro do universo. A dinámica hipercentralista que por suposto non son alleos os medios de comunicación, está claro que acaba tendo efectos perniciosos de tipo social contaminando o mapa político. Xerouse un ecosistema da que a porcentaxe que tiña que ocupar debería ser mínimo, parece que estamos a falar dunhas eleccións xerais.

E con todo isto a onde quero chegar é, que até Feijoo estalle a quitar rédito a esta tempada, mentres só se fala de Madrid non se fala doutras cousas que nos afectan a nós. Tampouco e que o notemos demasiado porque el é moito de mirar en exceso para a capital, pero digamos que esto veulle de perlas, até hai ministras actuais que o vanaglorian e o fan bo presidente, do mellor que tivo o PP, disques… que isto vai ter consecuencias no calendario electoral? Por suposto. Fai pouco leín nun titular da prensa onde o Feijoo decía: “temo que no gane Ayuso” a ver, por un lado teme pero por outro igual o desexa un pouco, unha derrota de Ayuso deixa fora de xogo a Casado e el así pode aspirar ao trono den dificultades, é todo tan doado de pronosticar neste estado absorbido nun bucle de baixísima esixencia formado por políticos cutres e cunha prensa xerando unha inxente cantidade de ruido informativo. Dende que o sol sae, cada informativo que se emite, este país cada día que pasa parece un capítulo de South Park.

Moito Madrid, Madrid, Madrid máis así é todo á mínima escapan dese secarral en canto atopan unha oportunidade, mais dese tema falarei para outro artigo ou para libro, que titularei historias pandémicas…