Nin poética, nin estética, nin humana, nin onírica e moito menos cunha atmósfera Lynchiana, como lin polas redes.

Blonde

Baseada nun “fanfic” morboso con un fin bastante clarificador ao punto onde quería chegar o director e desmitificar a figura de Monroe, mais empregar mecanismos de ficción para unha crítica á sociedade opresiva, non é unha visión amábel senon achegarnos ao lado máis escuro da idealización neste caso dunha celebridade; porque non, en ningún momento se critica a sociedade, senón únicamente á víctima. Pode que este filme, “Blonde”, sexa a historia máis misóxena e escandalosa que vin do que vai do 2022, e tendo en conta que adoro os Biopics, prendín o Netflix coa ilusión dunha cativa que chegaba do colexio para ver as Bolas Máxicas, imaxinade… co que me atopei foi cun simulacro e unha mala copia de calquer desbarre de Lynch. Poderían ter sacado partido a unha historiaza en tempos do MeToo, dunha supervivinte dos anos 50 que tivo que soportar o machismo e os abusos da industria e do Todopoderoso Hollywood, e o único que vin foi unha burda historia construída dende unha mirada misóxena e con contidos pro-vida nas que nalgunhas esceas non podo describir o que me fixo sentir, repelús, vergoña allea ou simplemente graza con trazos cringe, que me fixeron lembrar algún que outro episodio de Rick e Morty. Son unha tipa que lle encanta o cine que me fixo até no máis mínimo detalle insignificante, mais isto é unha cousa fora do normal, nunca vin unha película que trate peor a figura dunha muller en todos os aspectos; sexualizada, fráxil, transtornada, dependente, infantilizada, incapaz… non sigo.

E non viña eu aquí a facer crítica dun filme, viñen para mostrar que para xustificar os desequilibrios dunha muller culpan as de sempre; a sociedade patriarcal? Non! Non! Erro! Erro! Como vai ser iso a culpa de todos os males do planeta? A culpa sempre é nosa, chicas… (e neste exemplo do que estou a falar é da nai tamén, o pai non, porque el está ausente, a este idealízano, e aínda enriba temos que escoitar a súa voz en off narrando en algunhas secuencias que como pode ser tan puta a súa filla) non viña a eso, porque eu non son unha experta cinéfila, nin teño unha idea construída de como pode pensar un cineasta, mais esto non hai por onde collelo, calquer persoa que lle guste un mínimo o cine ten que estar igual de indignada ca min… é repulsivo e bochornoso narrar así a historia de calquer muller deste xeito. Moléstame e é inevitábel, repito, neste caso dunha señora que sobreviveu todo o que pudo a unha industria terrorista de mulleres, xa que dela non se destaca nada bo; ao pouco que se leera dela, sabíase que era unha lectora empedernida, que fundou a súa propia produtora, era unha activista antinuclear, mais non hai nada que dignifique a súa persoa nin as súas causas políticas, valeiro de contido interesante, nin rastro. No canto diso, dedicose 2horas e 47 minutos a describirnos unha criatura insignificante que a súa vida era pura siniestrez e que andaba todo o tempo asustada esperando unha figura paternal que viñera ao seu resgate. É desolador.

Eu estiven procesando durante dous días o que acababa de ver e só me levou a unha única conclusión a cal reafirma máis si cabe o meu desexo dun audiovisual con máis mulleres, e sobre todo con máis mulleres narrando a vida de outras mulleres, porque ao principio estaba perdida e non sabía moi ben a mensaxe que quería lanzar o señor que cree que fixo unha obra de arte con esa mirada paternalista, sesgada e pretenciosa, mais agora si o sei.